Presentando a Juan Luis
O pasado venres 8 de maio, dentro do Ciclo de
Conferencias organizado pola aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de
Vigo, tivemos a sorte de contar coa presencia de Juan Luis de Laiglesia, quen
coa súa conferencia “Entender a Arte Contemporánea”, tentou facer chegar ao
numeroso público asistente os novos paradigmas da arte actual, falándonos de
artistas participantes en ARCO 2015 e máis de Ernesto Neto, Beuys ou
Piero Manzonni entre outros.
O artista explicando unha das pezas
Ademaís do numeroso alumnado tanto actual como
de anos anteriores da aula de Pintura, acudiron tamén como invitados e
invitadas: artistas como Ana Soler, o profesor de Publicidade e Relacións
Públicas Pedro Pablo Gutiérrez e a representante da Xunta Reitora Teruca
Cendón, así como moit@s amig@s que interesad@s na arte contemporánea non
quixeron perderse a conferencia de Juan Luis.
Público asistente
O artista e conferenciante
Juan Luis de Laiglesia, é licenciado en Belas
Artes pola Universidade Complutense de Madrid e posúe 1º de Grado Profesional
de Piano polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo . Obtivo unha beca Erasmus UCM en el Colchester Institute of Art & Design
en Essex, Inglaterra e ten realizado diversos cursos: Seminario de Tecnología
de las Artes Gráficas, impartido por Manuel Martínez Chicharro en la UCM de
Madrid; Curso de Fotografía impartido por Ramón Chomón en el CMU Chaminade en
Madrid e o Curso de Diseño Web, Multimedia e Accesibilidade no MSL Formación, en
Madrid.
Dentro da súa actividade profesional: realiza actividades
didáctico-musicais para nen@s e adultos con Raquel Galavís, incluidas dentro do
programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia nas Bibliotecas Públicas;
traballou como Web Content Manager na
web oficial ol Festival de Cine de San Sebastián no ano 2008; participa no Taller
“Ecología y Arte” para nen@s de 5 a 15 anos no Gaiás Cidade da Cultura en
Santiago de Compostela con Paloma Cordón; realiza composicións de bandas
sonoras para os curtametraxes "Cortocircuito
de Tiempo" de Sebastián Lizardi e "Todo
lo que dices de mí" de Guillermo Florence; foi Director de Fotografía
da Revista "Caminos y Viajeros” e profesor
de Debuxo Técnico e Sistemas de Representación para alumnos de Belas Artes e Xefe
de Departamento de Informática na Academia Églode en Madrid (Escuela Global para el Desarrollo),
dando clases de ofimática e deseño gráfico a nen@s, adultos e personas en risco
de exclusión social.
Dentro da súa actividade como artista plástico
ten realizado diversas exposicións e
pertence tamén ao grupo Los llamados
perdidos, como compositor, guitarrista, bajista e batería.
OBRAS
DO ARTISTA, en técnica mixta
Coche vello
Escaiola
Bubba
Paisaxe Iberia arde
Paisaxe Iberia 32
Paisaxe Iberia 42
Siroco
Déixovos
tamén un dos vídeos como compositor e músico do seu grupo LOS LLAMADOS PERDIDOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario