Henriette Teodora Markovitch naceu en Tours o
22 de decembro de 1907. Filla dun arquitecto croata e unha francesa católica,
trasladouse coa súa familia a Bos Aires en 1910, lugar no que o seu pai dirixiu
un estudo. Na familia falabase francés e español. Foron moi cosmopolitas e as
fotografías da súa mocidade amosan a Dora desde paisaxes dos Alpes ata zonas
tropicais. Cumpridos os doce anos regresou a Francia e en 1926, seguindo os consellos de Marcel Zahar continuou os seus estudos de fotografía matriculándose
na “L’École de Photographie de la Ville
de París”, unha das máis liberais da época, onde as rapazas permitíaselles estudar
o corpo espido dos modelos, e na “Unión Central das Artes Decorativas”. Aos vinte
anos frecuentaba a Academia Jullian e o taller
de André Lhote.
Retrato de muller. 1930
Aínda que as súas primeiras probas realizounas
no estudo de Harry Meerson, onde comezou a traballar como axudante no ano 1931,
para poder revelar as súas fotografías daba clases a Pierre Kéfer, mentres el
deixáballe utilizar o seu obradoiro.
Algunhas fotografías levan o tampón Kéfer-Dora a pesares de que as últimas
están feitas únicamente por ela. Nestes anos Maar e Keffer colaboran con revistas de moda
como Madame Figaro e realizan campañas
para firmas de cosméticos retratando a Assia, a modelo do grupo surrealista. De
feito será Dora que mellor fotografie a Assia conseguindo fotos eróticas e moi
provocativas. Neses anos Dora traballa tamén
para as revistas Arts e Métiers Graphiques, Formes Nues e le Phare de Neuilly. Alugou un local a un fotógrafo
de moda, quen axudaba a Dora a retocar os seus traballos e será alí onde coñece
a un mozo de orixe húngaro apellidado Brassaï, quen a puso en contacto con artistas, escritores e intelectuais que
estaban estreitamente vinculados á vida política do momento, polo que Dora
participa de forma activa no colectivo OUTUBRO, como activista de esquerdas e
coñece así en 1934 a Georges Bataille, co que vive unha tórrida relación que
concluíu meses despois. A través do seu pai, acada un obradoiro propio, no que
realizou os seus famosos fotocollages.
Dobre imaxe.1930
S/T. 1932
Retrato da man. 1932
Pegadas de pes sobre a area.1931-34
Neno. Ca 1931. Xelatina de prata
Nenos. París, 1932
Neno con boina. París, 1932
Bañista. 1931-36. Xelatina de prata
Assia. 1934
Assia. 1934
Tras
unha viaxe a Cataluña en 1934, percorreu a Costa Brava e coñece Barcelona,
cidade da que quedou prendada pola súa beleza e encanto. Previamente, atraída
por Tossa de Mar, elabora unha serie de fotografías de carácter documental en
devandita localidade. Sempre fiel a ese espírito viaxeiro Dora experimenta unha
evolución artística, achegándose a fotografías de marcado carácter social.
Exemplo diso o son as fotografías nas que reflicte a pobreza, a infancia ou o
día a día dos barrios traballadores, ratificando así as súas ideas
revolucionarias non só en manifestos senón tamén amosando a realidade social do
momento. Séntese atraída polas rúas e xentes da zona vella de Barcelona, polo
que a artista vai fotografar o rostro da desesperación e a pobreza, unha
realidade ben distinta a das revistas de moda e publicidade nas que traballara
antes. Dora Maar preséntanos a súa mirada máis persoal nas fotos de cegos,
vendedores ambulantes, músicos tullidos, vellas vagabundas, nenos en barracas
rindo e xogando, instantáneas nas que nos transmite ese sentimento de
marxinalidade que transforma aos seus personaxes dándolles unha forte
dignidade.
Durante varios anos, Dora realiza estas fotografías moi persoais ao mesmo tempo que fotomontaxes e fotografía publicitaria, pois ela non distinguía entre o traballo de encargo e o estético, en ambos puña o mesmo interese e nivel de investigación.
Durante varios anos, Dora realiza estas fotografías moi persoais ao mesmo tempo que fotomontaxes e fotografía publicitaria, pois ela non distinguía entre o traballo de encargo e o estético, en ambos puña o mesmo interese e nivel de investigación.
A boquería.1934
Neno con gato. 1934
Cuarteto de cegos. Londres. 1934
Mendigo cego. Londres. 1934
Money and morals. 1934
Canguro. Londres. 1934
Neno. Xelatina de prata. 1935
Homme sur un trottoir. Xelatina de prata. 1935
Rue d´Astorg. ca 1936. Fotomontaxe. Xelatina ao bromuro de prata
Nusch Eluard. 1935
No hay comentarios:
Publicar un comentario