Traballando en acrílico con rodillo
Olimpia,
alumna de segundo curso de pintura, realiza un traballo en acrílico sobre lenzo
sen imprimación, pois o acrílico emprégase como imprimación ao estar formado
por pigmento e un aglutinante que é unha resina sintética, aínda que de tódolos xeitos se emprega o termo de acrílico para estas pinturas
indepedentemente de si a resina é realmente acrílica o no. Por iso se pode traballar con esta técnica sobre
calquer soporte absorbente, directamente ou como imprimación cun medio
acrílico.
Nun primeiro lugar realiza un lavado con
branco sobre a tea, que da como resultado unha imprimación no lenzo para
posteriormente realizar o debuxo cun rodillo e pintura vermella directamente do
tubo.
Resultado final da peza
Esta peza serviu como ensaio para a
realización dunha obra de 50 x 50 cm realizada en acrílico sobre lenzo para a
exposición DA XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á XEOMETRÍA, mostra colectiva do
traballo da aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario