En canto tivemos claro que peza escolleriamos,
de feito unha que nos lembra en certo modo ao entroido, pois aínda que é
abstracta ten certo contido figurativo, escomezamos
co traballo, que ten tamén diversas fases:
-Primeiro,
tivemos que entear o bastidor de gran
formato. Nesta actividade, participaron exclusivamente os grupos de Perfeccionamento I, pois a
montaxe dunha peza (tea e bastidor de madeira) entra dentro da formación que se
imparte na asignatura de pintura no segundo ano.
Logo, colocamos o lenzo xa debuxado na parede para traballar en vertical.
-Logo
comezouse o traballo de pasar o deseño
da peza ao formato grande, tendo en conta que queríamos respetar ao máximo
o deseño inicial. Mentres, algunhas alumnas ían preparando as cores que traspasaríamos ao lenzo.
A realización da peza durou varios días, e os grupos de perfeccionamento traballaron na peza, dándolle varias capas, pois non fixemos imprimación no lenzo e
fixeron falta varias capas para que o cadro respondera a idea dunha obra na que a “pintura-pintura” como
elemento de reflexión estivera moi presente.
PRIMEIRA FASE. Cada grupo foi pintando en grupos de dous ou tres seguindo o deseño do boceto.
Así quedou a peza na primeira fase.
SEGUNDA FASE: Tras unha primeira fase de prepintado outro grupo seguiu, coas seguintes capas.
TERCEIRA FASE: Últimas capas e o cadro case rematado entre os dous grupos de Perfeccionamento I.
No hay comentarios:
Publicar un comentario