The woman of algiers, 2001
Inmaculate. 2003
A súa obra mantén en moitas
ocasións unha aparencia inacabada, con trazos lixeiros e pouco certeiros que
impiden un completo discernimiento, a medio camiño entre o esquematismo do
debuxo e a composición depurada, a medio camiño entre o perceptible e o
oculto.
Marlene Dumas alardea da súa falta de rubor, do seu descaro para someter as imaxes que toma prestadas e trasladalas a un territorio que mestura o sórdido e o confuso.
Marlene Dumas alardea da súa falta de rubor, do seu descaro para someter as imaxes que toma prestadas e trasladalas a un territorio que mestura o sórdido e o confuso.
Anonymus. 2005
Moshekwa.2006.Óleo
The blindfolded man.2007. Óleo
Hai unha sensación dramática que
empeza por atisbarse pero que permanece por un tempo nun estado nebuloso que se
disipa a medida que tomamos noción do tema en cuestión. A comprensión final do
suxeito vén dado pola nosa asimilación dos títulos que dá ás súas obras pois,
desde principios das súas carreira, a artista é moi afeccionada á linguaxe,
ao grafismo e á mensaxe explícita. Dumas admite non distinguir entre un
tema tabú e un convencional pois di non atopar esa fronteira. A este respecto
convén dicir que a exposición titúlase “Suspect” e que unha parte importante
da obra de Dumas trata o xénero do retrato. Ao contemplar esas figuras que
nos escrutan vémosnos/vémonos obrigados a preguntarnos Quen é o sospeitoso? Non
sabemos si debemos mirar á figura en ton acusador ou ruborizarnos ao pensar que
podemos pecar.
Contemplar algunhas das
pinturas de Marlene Dumas supón vivir nun clima de intranquilidade. De
Elizabeth Peyton dixo: “Ela pinta xente agradable....Eu non”.
Helena´s dream.2008.óleo
Selfportrait noon. 2008
The sleep of reason. 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario