A mostra “PINTUREIROS”, que atópase na
actualidade na sala BBVA de Vigo, parte dunha experiencia común, a pertenza á
Escola de Artes e Oficios dest@s artistas que coinciden durante varios anos na
aula de Pintura, onde desenvolveron a súa formación e onde aparecen motivados
pola súa inquedanza de expresar as súas emocións.
Foi para min un pracer experimentar con elas e
eles as técnicas que descoñecían, en presentarlles retos que ás veces
parecíanlles insalvables, pero que logo foron quen, de resolver dun xeito moi
salientable. Na aula discutíase con paixón de arte, política, relixión, en fin,
da vida mesma, pois o seu compromiso coa Pìntura parte tamén, da necesidade de
cambiar o mundo a partir da súa mirada.
PRESENTANDO Á MOSTRA
Miradas contemplativas en uns e unhas, máis
salvaxes noutr@s, cunha expresión da súa individualidade que é o que fai que as súas propostas artísticas
sexan tan diferentes. Por unha banda aparecen obras en técnica mixta sobre
papel ou lenzo, algunhas con clara referencia figurativa e outras claramente
abstractas, ademáis de pezas figurativas que desenvolvense a partir dunha
mirada moi persoal sobre o que nos arrodea: páxaros, flores e paisaxes moi
distintos en cada un deles e delas, que conforman a súa individualidade a pesar
de ter unha formación común.
LOLI CARBALLO
LUZ CORTÉS
SUSO CARRERA
MARÍA LUISA COBIÁN
HILARIO GÓMEZ
JOSÉ ALONSO
Moitas son as razón polas que entraron a
formar parte do meu alumnado e moitos os distintos traballos e actividades as
que adicáronse ao entrar na escola, na que se lle deron as ferramentas tanto na
praxis como na teoría para que a partir das técnicas explicadas na aula, foran
quen de entregarse á técnica coa que se sintan máis comod@s, ao rematar o seu
paso pola escola e seguir o seu camiño en solitario, pero hai dúas que si teñen
en común: a paixón, o amor, a entrega e o pracer de pintar, expresando os seus
sentimentos e a súa particular visión do mundo.
PANORÁMICAS DA SALA DO BBVA
Grazas
a Juan Manuel Avendaño, que axudoume coas fotografías, aquí ante unha peza da mostra, de Loli Carballo.
Artigo
de Fernando Franco no Faro de Vigo do sábado 7 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario