Como
actividade do entroido, o alumnado de Pintura (incluídos os tres cursos) prantexouse
a tarefa de realizar un cadro de gran formato, (200 x 100 cm) na que
participara todo o alumnado.
Por iste motivo, cos grupos de Iniciación
realizouse un proxecto que posúe varios pasos ben definidos:
-Realización
dunha pintura automática. Que consiste na realización dun debuxo sen que a consciencia traballe dun xeito preciso.
-Rescate
dunha parte dese debuxo, que posteriormente será traballado con cor en pequeno formato. Estes son alghúns dos bocetos.
-Como
terceiro paso, realización nun soporte específico de papel de lixa para pastel,
pasando o boceto en pequeno formato a un fomato de 70 x 50 cm. A elección do soporte é tamén unha parte moi importante do proceso de aprendizaxe na práxis pictórica.
Será a partir destas pezas, e tras moitos
debates grupais sobre as posibilidades de cada obra para realizalo en gran formato,
cando se escolla unha que será feita coa técnica de acrílico sobre lenzo, o que
cambia moito a estrutura da obra en canto a súa realización ao ser o pastel
unha técnica seca e o acrílico húmida.
Esta
foi a peza elexida, en pequeno formato.
Ao
mesmo tempo que se traballaba na peza de gran formato, o alumnado de iniciación
traballaba nas pezas grandes en pastel. É interesante salientar que o alumnado
escolleu papeis de distintas cores e tivo total libertade para elexir a gama
cromática.
Los trabajos de clase siempre son una oportunidad para aprender técnicas y materiales nuevos pero también se aprende un montón de los propios compañeros. Los trabajos son fantásticos pero lo curioso es que no hay uno parecido a otro, cada uno tiene su propia impronta.
ResponderEliminar