Actualmente temos na nosa cidade unha mostra
que conmemora o 25 aniversario da creación do hospital do
Meixoeiro, “ARTE E SANIDADE”, que conta coa participación de traballadoras e
traballadores de diferentes categorías profesionais, sanitarios e non
sanitarios de atención primaria e
especializada, que reflicte asimesmo moita diversidade no estilo e técnicas
utilizadas por quenes participan na mostra.
O cartaz da mostra, deseñado polo artista Xosé
Luis Otero
Na exposición, que busca un espazo de encontro
que permita achegar á cidadanía as obras de profesionais da sanidade, atópanse
varias alumnas da ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, que amosan a importancia
da formación que a escola ofrece á cidade. Alí estivemos apoiando as nosas
artistas, parte do alumnado de Pintura e dúas profesoras, Rosa García, mestra
de escultura e eu mesma.
Estas son as fotos da mostra co alumnado da escola e doutr@s participantes .
Loli
Carballo e a peza Dualidad, realizada
en madeira, na actualidade alumna de Escultura e Talla en madeira e exalumna de
Pintura
Cheché
Álvarez, exalumna de Pintura, e as súas pezas Pintar sen papeis, en técnica mixta, que formaron parte da mostra
de Aula Aberta do ano 2013
Esperanza
Martínez Peniza, exalumna de Serigrafía que cursa na actualidade iniciación na
aula de Pintura, coa peza Anémona, un óleo sobre lenzo
Marila
Pequeño, coa peza Composición 55,
realizada en técnica mixta, exalumna de debuxo
Flora
Villar Ferreiro, cunha serigrafía, Shaka,
exalumna de Escultura e Talla en madeira e de Serigrafía
Ante a peza Lluvia en el campo, óleo sobre lenzo de
Sergio Ananín Fernández, co autor e Teruca Cendón
Diversos
amigos coa peza de Iria Blanco (a esquerda da foto),
Investigando, acrílico sobre tea
Alumnado de Pintura ante a peza de Loli
Carballo
Un détalle por tu parte Paula.
ResponderEliminarE que o profesorado ten que alentar e apoiar ao alumnado. Foi un pracer.
ResponderEliminar