Madame Adelaïde de France.1787
Como pintora, Labille-Guiard tivo moito
recoñecemento aínda que non estivo exenta de problemas, o mecenado da tía de
Luis XVI de Francia, a princesa María Adelaida, reportoulle unha pensión
gobernamental de 1.000 libras, e encargos para pintar a Adélaïde, á súa irmá
Victoire-Louise, e Isabel, a irmá do rei. O retrato de Adélaïde, exposto en
1787, foi a obra máis grande e ambiciosa de Labille-Guiard ata a data.
En 1788 recibiu un encargo do irmán do rei, o
Conde de Provenza (máis tarde, Luis XVIII de Francia), para pintalo no centro
dunha grande obra de historia, Réception
d'un chevalier de Saint-Lazare par Monsieur, Grand maître de l'ordre. Estas
conexións reais fixeron de Labille-Guiard unha persoa politicamente sospeitosa
despois da Revolución francesa de 1789. En 1793 ordenóuselle destruír algunhas
das súas obras realistas, incluíndo o encargo inacabado para o Conde de
Provenza, aínda que Adélaïde estaba lonxe de ser conservadora, pois no ano 1790
fixo campaña para que a Academia abrirase á admisión xeral das mulleres, mentre
que no Salón de 1791 expuxo retratos de membros da Asemblea Nacional, incluíndo
a Maximilien Robespierre e Armand, duque de Aiguillon.
Robespierre, 1786
En 1795 obtivo unha nova pensión de 2.000
libras e continuou expoñendo retratos no Salón ata o ano 1800. Casou co seu
mestre, François-André Vincent, no ano
1799 polo que asinou algúns dos seus cadros como «Madame Vincent». Faleceu o 24
de abril de 1803 e as súas obras están entre outros no Museo Getty, Museos de
Arte da Universidade de Harvard, a Academia de Artes de Honolulu, Museo de Arte
Kimbell (Fort Worth, Texas), o Museo de Arte do Condado de Los Ángeles, o
Louvre, o Museo Metropolitano de Arte, a Galería Nacional de Arte (Washington
d.C), o Museo Nacional de Varsovia, o Museo Nacional de Mulleres Artistas
(Washington d.C), o Museo de Arte Speed (Kentucky) e Versalles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario