MARIE-GUILLEMINE BENOIST
Vigée-Lebrun tivo una aventaxada discípula en Marie-Guillemine
Benoist. Marie naceu en París, filla dun funcionario público. A súa formación
como artista comezou en 1781 baixo Élisabeth Vigée Le Brun, para proseguir no
atelier de Jacques-Louis David en 1786, xunto coa súa irmá Marie-Élisabeth
Laville-Leroux. En 1791 expuxo por primeira vez no Salón de París, mostrando a
súa mitoloxía de inspiración coa imaxe “Psyché faisant ses adieux á sa famille”.
Outra das súas pinturas dese período, “L'Innocence
Entre la Vertu et le vicio”, é igualmente mitológica e revela a súa
vertente feminista, neste cadro, pois o vicio é representado por un home, a
pesar de ser tradicionalmente representado por unha muller. En 1793, ela casou
co avogado Pierre-Benoist Vincent.
A inocencia entre a virtude e o vicio. 1790
Retrato de muller. 1799
No seu traballo nun principio de carácter
neoclasicista pode verse a influencia de Jacques-Louis David, sobre todo nos
retratos das irmás do emperador Napoleón, a quen retratou tamén no ano 1803. No
ano 1800, exhibiu “Portrait d'une
Négresse” no Salón, obra dunha grande modernidade polo tema e sobre todo
por como está tratado. Seis anos antes, a escravitude fora abolida, e esta
imaxe converteuse nun símbolo para a emancipación das mulleres e dos dereitos
das persoas negras e insiste tamén nas súas reividincacións feministas ao
representar non só a unha persoa negra senon ao símbolo dual da liberdade (como
muller e como negra). A imaxe foi adquirida por Luís XVIII de Francia en 1818.
Retrato
dunha negra.1800
Jeanne Eglé e o seu fillo. 1802
Elisa Bonaparte.1805
Paulina Bonaparte.1806
Foi premiada cunha medalla de ouro no Salón de
1804, e recibiu un subsidio gobernamental. Durante este tempo, ela abriu un
taller para a formación artística exclusivamente de mulleres. Porén, a súa
carreira foi perxudicada por acontecementos políticos, pois coa restauración
borbónica, o seu home foi nomeado para o Consello de Estado polo que tivo que
abandonar, a pesar de estar en auxe da súa popularidade, a súa carreira.
Paulina Bonaparte. 1808
Napoleona Elisa Baccioci.1810
No hay comentarios:
Publicar un comentario