ADÉLAÏDE LABILLE-GUIARD
Adélaïde Labille-Guiard nacida en París no ano
1749 é tamén unha pintora francesa que vive na Francia revolucionaria, adicada
a temas de historia e retratos, pero que non pertence a alta sociedade nin a familia
de artistas pois era filla dun merceiro. Aprendeu a pintar
miniaturas con François-Elie Vincent e óleo co seu fillo François-André e foi
tamén alumna de La Tour. As súas primeiras obras expuxéronse na Académie de
Saint-Luc, e tralo seu peche en 1776, no Salon de la Correspondance. Casou con
Louis-Nicolas Guiard en 1769, pero separouse del en 1777, o que indica o seu
nivel de independencia persoal.
Retrato de Vincent de mozo.
O 31 de maio de 1783,
Labille-Guiard foi aceptada como membro da Académie
Royale de Peinture et de Sculpture. Outras tres mulleres, entre as que
estaba Vigée-Le Brun, foron admitidas como membros ese mesmo día, con certa
consternación por parte dalgúns membros masculinos. A aceptación das dúas
mulleres creou unha comparación entre a súa obra máis que coa obra dos membros
precedentes, aliviando así as preocupacións dos membros antigos como xa
comentara cando falei do tema con respecto a Vigée-Lebrun, aínda que parece ser
que foi mellor aceptada a obra da Vigée-Lebrun. A obra mestra temperá de Labille-Guiard,
“Autorretrato con dúas alumnas”, expúsose no Salón de París en 1785, e parece
estar influída polo estilo de Vigée-Lebrun.
Autorretrato con dúas alumnas.1785
A obra de Labille-Guiard, máis clásica en
canto a execución prantexa tamén a necesidade da artista de dignificar o seu
oficio, pois represéntase pintando no seu estudio vestida de corte, é dicir,
elegantemente, o que insistía na teoría de Leonardo de que un pintor poder
pintar ben vestido, non como os escultores (que o italiano consideraba
artesáns-obreiros) aludindo a superioridade da Pintura coma arte liberal. Ao
mesmo tempo non retrátase soa, senon acompañada por dúas modelos -Marie Capet e
Carreaux de Rosemond-, o que implica a importancia do coñecemento na formación
das mulleres, algo implícito nas ideas da Ilustración das que a artista é unha
firme defensora. Cando a artista se representa como mestra, fala da dignidade
da ensinanza e da independencia
económica da muller, que non necesita do home para subsistir, pois a artista
daba clases de pintura e tiña alumnas as que denominaba ”as nove musas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario