A pasada semana o artista e ilustrador Marc Taeger, estivo no obradoiro de
Serigrafía realizando as ilustracións para o conto “ELEFANTE
UN GUISANTE”, de Rafael Ordóñez, coa técnica de linóleo. Eu, que son unha entusiasta do gravado, estiven alí facendo fotos. Como esta é una
técnica pouco coñecida para o público en xeral, farei unha pequena introducción
dela para que entendades mellor o proceso.
Maqueta orixinal do libro
O Linograbado é unha variante do
gravado en madeira na que unha folla de linóleo (ás veces montados nun bloque
de madeira) utilízase para a superficie en relevo. O deseño córtase na
superficie de linóleo cun coitelo afiado, un cincel en forma de V, coa posición
elevada (sen tallar) en zonas que representan unha imaxe en espello, das partes
que imos amosar impresa. A folla de linóleo se entinta cun rodillo (chamado
Brayer), a continuación, se fai a impresión sobre papel ou tea. A impresión
real pode facerse a man ou cunha prensa. O inconveniente que ten esta técnica é
que a plancha vaise perdendo conforme se avanza na estampación.
Aínda que o linóleo como
revestimientos do chan remóntase ao 1860, a técnica de impresión linograbado
utilizouse por primeira vez polos artistas do grupo Die Brücke en Alemania a
principios do século XX. Outros artistas que empregaron esta técnica foron
Picasso, Matisse e Jean Arp.
Fotografías paso a paso do proceso: preparación das planchas de línoleo xa traballadas e das tintas, entintado, e impresión no tórculo empregando un papel de grabado de gramaxe groso. No proceso, Marc estivo axudado por Fredy e Alba, profesores de Debuxo e Serigrafía na EMAO.
Planchas sen entintar
Preparación da cor
Extendendo a cor co rodillo sobre o cristal
Entintando a plancha
Colocando o papel
Colocación da plancha no tórculo xunto co papel
Pasando a plancha xunto co papel no tórculo
A plancha xa impresa no papel
Logo seguiron facendo outros gravados, déixovos unhas fotos máis para que teñades unha idea clara de como é o proceso.
Muchas gracias - es magnifico!
ResponderEliminar