Adelaide Labille-Guiard tivo diversas alumnas,
e de feito nun dos seus autorretratos, aparece retratada con dúas: Marie Capet
e Carreaux de Rosemond. Quizais pola súa ascendencia pois non estaba destinada
á pintura deixovos aquí as obras de: MARIE GABRIELLE CAPET
Autorretrato.1783
Marie- Gabrielle Capet era
filla dun servo. En 1781, a idade de vinte anos, foi a París para estudar
pintura baixo a dirección de Adelaida Labille-Guiard. A moza aínda é
descoñecida cando as súas primeiras pinturas e debuxos son expostos no Salón da
Xuventude no ano 1781. Dous anos despois, o seu dominio da pintura ao óleo
permítelle presentar os seus primeiros autorretratos dos anos 1783 e 1784. No
ano 1785, envía dous retratos de oficiais ao “Salón de la Correspondance”, con
tal éxito que en 1786 unha das súas carpetas é aceptada, debido quizaís a que
era alumna de Labille-Guiard.
Retrato de Chenier.
Retrato de Mme. Germain
Tivo entre outros clientes a varios membros da
familia real e fixo tamén un retrato de Adelaide Labille-Guiard. Traballou na técnica
do óleo e tamén do pastel. Pintou a súa última obra en óleo, o Retrato de
Madame Demetz en 1815, logo abandonou a pintura e morreu en 1818 en París. Foi
enterrada no cemiterio Père-Lachaise, en París.
Obradoiro de Mme. Vincent. 1808
No hay comentarios:
Publicar un comentario