BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 9 de noviembre de 2014

PROXECTOS 2014



 O pasado venres 7 de novembro, inaugurouse na Escola de Artes e Oficios, no ESPAZO EMAO a mostra “Proxectos 2014”, cunha ampla representación de alumnas da aula de Pintura. En total oito alumnas presentaron pezas nas  que realizan distintas reflexións sobre a praxis pictórica que van dende a conceptualización do “xeito de mirar” nas pinturas de Elena Rodríguez desde un punto de vista tradicional en canto ao emprego do óleo e a figuración na busca dun “locus” que pasa desapercibido para quen camiña, ata a proposta máis clásica en canto a relación figura-fondo nas obras de María Ponce pero que entende o modo de enxergar a imaxe no fondo a partir da negación da forma e no que tamén cobra unha importancia fundamental o formato, que varía según as pezas.


Elena Rodríguez, ante as súas pezas, da serie POR ONDE PISO


Peza de María Ponce

 Tamén Herminda Riveiro bebe da figuración, maís nas súas obras a importancia da subxectividade no emprego da cor nos remiten as primeiras vangardas da arte galega, nun traballo exhaustivo de investigación en canto ao emprego da cor e a pincelada. O óleo será, xunto coa técnica mixta a técnica que aparece na proposta de Silvia Pérez, quen reinterpreta a paisaxe a partir dunha mirada ao Romanticismo nesas pezas das que xurden espazos infindos e nos que afonda nunha estética do despoxamento cercana ao minimalismo.


 Herminda Riveiro e as súas tres pezas


Panorámica das dúas pezas de Silvia Pérez

María Pérez emprega tamén o óleo, xunto co collage e o gravado, nun traballo que parte dunha liña de investigación en canto as imaxes anterior, e que afonda asimesmo en aspectos como o emprego de distintos soportes e o ensamblaxe, algo que tamén aparece no carácter experimental e moi poético  das pequenas pezas de Loli Villar, quen realiza tamén moitos bocetos previos as pezas que nacen dunha reflexión sobre a arte, a ciencia e a tecnoloxía, no que a emoción está moi presente.


Obras en óleo de María Pérez


Lola Villar ante as súas exquisitas e pequenas pezas 

. Nas pinturas de Marián Rodriguez a experimentación cos materiais a achegan ao mundo surrealista desde a obxectividade do punto de partida –fotos-  e o emprego de texturas que dan paso a obras autorreferenciais a partir de figuras desubicadas en espazos reducidos. Finalmente, tamén a experimentación esté enxergada na poética das pezas de Boché Pérez, nun traballo que desenvolve ideais moi persoais sobre o mundo que a rodea, pois os seus “feixes e peixes” conforman unha sorte de imaxes nas que a paisaxe galega está presente, aínda que  descontextualizada nesas herbas, cortizas e feixes a partir da abstracción e a técnica mixta.


Detalle dunha peza de Marían Rodríguez


Boché Pérez, ante a súa proposta en técnica mixta

 Estes traballos e pezas responden a idea de proxecto como conxunto de actividades –tanto intelectuais como procesuais- que fanse para acadar un determinado obxectivo, que neste caso teñen o nexo común da pintura e que poden considerarse como proxectos sociais ou públicos que  xurden como resposta a unha necesidade: o de facer visible o invisible.

OUTRAS FOTOS DA MOSTRA


Lorena, alumna na actualidade da aula de Pintura ante a súa proposta da aula de Debuxo


Olimpia, alumna na actualidade da aula de Pintura ante a súa proposta da aula de Debuxo


Peza da aula de Escultura e Talla en Madeira



PROXECTOS 2014. PINTURA on PhotoPeach

sábado, 1 de noviembre de 2014

MARÍA BLANCHARD (Parte I)


  Malia os esforzos realizados nos últimos anos, a biografía de María Blanchard segue estando chea de lagoas. A documentación inédita que se conserva de André Lhote, o seu amigo e protector, e que custodia unha sobrina do pintor en París, axuda a descubrir aspectos ata agora descoñecidos da vida desta artista, nacida en Santander en 1881. Naceu cunha xiba e ata agora, a maioría dos seus biógrafos atribuían esta desgraza a unha caída da súa nai estando embarazada, cousa incerta pois hoxe sabemos que a cifoescoliosis que sufría foi causada por unha alteración cromosómica. Será a súa enfermidade, a culpable de que apenas existan fotografías da artista. "Tan amante da beleza, sufría coa súa deformidade ata un grado impresionante", escribe a súa curmá Josefina da Serna, mentres que Ramón Gómez da Serna, déixanos a súa mellor descrición: "Miuda, co seu pelo castaño despeinado en flotantes Avós, coa súa mirada de nena, mirada susurrante de paxaro con triste alegría".  Aínda que arroupada baixo o espírito romántico e emprendedor do seu pai, quen a encarrilou polo camiño da pintura, padeceu unha infancia e adolescencia tristes de quen se sabe irremediablemente condenada pola natureza, algunhas das súas palabras reflicten a súa anguria: "non teño talento, o que fago fágoo só moitísimo traballo" ou "cambiaría toda a miña obra... por un pouco de beleza", reflicten a súa propia opinión sobre o seu físico e a súa obra. Aínda así, María abandonou o pouco estimulante panorama artístico santanderino e marchou a Madrid a formarse como pintora e serán as súas dotes para o debuxo e a súa extraordinaria sensibilidade, as que a levan dende moi nova a plasmar a través da plástica as súas propias obsesións: a enfermidade e a morte. Nese sentido, Blanchard achégase ao universo de Frida Khalo, quen debido tamén a problemas físicos enceta o seu traballo desde unha perspectiva moi persoal e subxectiva.

PRIMEIRA ETAPA: MADRID
Os seus primeiros pasos comezan no ano 1903 en Madrid, no estudo de Emilio Sala, cuxa precisión no debuxo e exuberancia na cor influirán nas súas primeiras composicións. En Madrid, María segue sufrindo o rexeitamento dunha sociedade pechada, polo que trala norte do  seu pai toda a familia decide trasladarse a Madrid, onde continúa os seus estudos no ano 1906 con Fernando Álvarez de Sotomayor e empeza a expoñer en Belas Artes. Dous anos máis tarde concorre de novo, conseguindo terceira medalla de pintura coa obra “Os primeiros pasos”. Ese ano entra no obradoiro de Manuel Benedito, máis serán A Deputación de Santander e o Concello da súa cidade natal os que lle concéden becas para proseguir os seus estudos en París.


Paisaxe. 1912



Muller con vestido vermello. 1910-12


A española. 1912-14

 Nas súas obras de mocidade aínda non posúe como esta obra de "A española"  dunha personalidade artística propia e son, como ocorre na maioría dos casos, permeables á influencia dos seus diferentes mestres, podéndose rastrexar a presenza nelas de Fernando Álvarez de Sotomayor, Emilio Sala, Manuel Benedito, Hermenegildo Anglada Camarasa e Kees Van Dongen. Centra a súa iconografía no retrato, a través do cal podemos rastrexar a súa evolución. Pasa das cores sobrios e o debuxo firme, suxeito ao tema, a unha maior riqueza colorista, un tanto expresionista, unha materia máis rica e densa, utilizando a espátula e unha factura máis solta, liberándose progresivamente do atavismo tradicional.


SEGUNDA ETAPA: PARÍS E OS ANOS DE FORMACIÓN

 Será pois grazas ao seu éxito na Exposición Nacional de Belas Artes en 1908, cando consegue a beca para marcharse a París. Será alí, na capital francesa, onde Blanchard comezou a romper corsés estilísticos e a penetrar no fauvismo cunha obra onde emprega un uso expresivo da cor. En primeiro lugar acode á academia Vitti a recibir os ensinos de Hermenegildo Anglada Camarasa e Van Dongen que orientan o seu traballo cara á liberdade da cor e a expresión, permitíndolle afastarse das restricciones da pintura académica na que iniciara a súa carreira. Na academia entabla amizade con Angelina Beloff, nova artista rusa, coa que no verán dese mesmo ano viaxa a Londres e Bélgica, onde coincide con Diego Rivera. No ano 1910, acode á academia de María Vassilief, pintora rusa, onde achégase ao o cubismo, grazas á directora da academia.
  Preséntase á exposición nacional de Belas Artes con “Ninfas encadenando a Sileno”, obtendo unha segunda medalla, o que significaba o recoñecemento ao seu talento, e onde pode apreciarse a influencia de Anglada Camarasa. Ao concluír a súa primeira estancia en París, e tras unha breve estadía  en Granada, decide regresar a cidade do Sena, polo que solicita outra beca á Diputación e ao Concello de Santander intercediendo por ela Enrique Menéndez Pelayo. Volve pois a París no ano 1912 e instálase en Montparnasse, compartindo casa e estudo con Diego Rivera e Angelina Beloff.


Ninfas encadeando a Sileno. 1910

 De novo en Madrid no ano 1915, onde lle sorprendeu a Primeira Guerra Mundial, frecuenta o café Pombo e a súa tertulia promovida por Gómez de la Serna, e participou na exposición Os pintores íntegros, na que a artista amosa por primeira vez obras dun incipiente cubismo, mostra que foi vapuleada por crítica e público e na que participan tamén Diego Rivera, Agustín Choco e Luís Bagaría. 


A comulgante. 1914

Esta obra a presentará con posterioridade no Salon des Indépendants, quen ofrece o seu primer gran éxito a Blanchard no ano 1921.








miércoles, 22 de octubre de 2014

ANTÓN PATIÑO. OCÉANO



Instalación. 2014

 A mostra de  Antón Patiño, Océano, é moito máis cunha exposición, pois o artista, prántéxanos unha achega  a temática vinculada no mar na súa pintura, a partir dunha instalación no espazo do  Museo do Mar, con obras de décadas anteriores, recentes e pezas feitas en exclusiva para este espazo. Esta mostra é asemade, un achegamento conceptual a ese sentimento oceánico que aparece desde os anos oitenta na obra de Patiño, a partir de  recursos abstractos que tentan suxerir emocións propias dunha paisaxe mítica e os seus procesos sensoriais.


Fragmento de MEMORIA BRANCA

 Existe unha  vocación táctil no emprego do verniz, relevos a partir de distintas capas de cor, verquidos, dripping ou impastos, en varios soportes que configura un relato pictórico, que é, en moitas ocasións doloroso, como nas obras que  lembran ao desastre do Prestige, pero que busca afondar na memoria emocional do espectador.


MAREA NEGRA. Técnica mixta sobre lenzo

 A partir das fotografías falaremos das pezas que aparecen como: Redes, Marea negra, Inventario de escumas, Memoria subacuática, Ollos de boi e Arquivo da desfeita.


Ante a peza ARQUIVO DA DESFEITA

Presenta un rexistro das diferentes contornas das pegadas do chapapote sobre unha chea de ´taboas nas queforon  colocadas as manas negras doalcatrán, e que está acompañada do "Caderno do Prestiga" nunha pantalla.


Coa peza INVENTARIO DE ESCUMAS


OLLOS DE BOI

Unha ringleira de ocos (tondos), que aluden a xanelas abertas ao infindo mariño en pezas que aluden a estética do valeiro en pinceladas leves con técnica mixta.


MEMORIA SUBACUÁTICA

Presenta un extenso panorama das profundidades mariñas de case seis metros de longo, que pretende rodear a quen o mire cun rexistro de masas orgánicas e fosforescencias verdes e azuis.

 Nestas pezas, as pegadas e signos soterrados coma unha escrita no lenzo, son como o lugar da batalla do artista na soidade do seu propio territorio mental, atacando o soporte a partir deses movementos acuáticos para proxectar as súas emocións nese espazo pictórico no  que a pintura aparece en distintos soportes onde  fusiona xestos amplos e desinhibidos con evocacións simbólicas.


INVENTARIO DE ESCUMAS


MEMORIA BRANCA

Abarca unha superficie de 10 metros de longo que fusiona nunha secuencia onírica a realidade e o xesto sobre un fondo de branco mineralizado no que atópanse graffitis e relampos de verniz, e que acompáñase con catrodados brancos pousados no chan e pintados con símbolos.


REDES

 O feito pictórico aparece na obra de Patiño, como físico e poético simultáneamente, nunha obra que se caracteriza pola intensidade da cor en todas as súas etapas, a excepción do ciclo adicado ás “Mareas negras” (finais años 80) suxerido polas catástrofes no litoral galego, onde predomina unha gama sombría por necesidades de expresividade dramática, dramatismo e escuridade que aparece tamén nas pezas “Noite de treboada” e “Furna do Fingal” , presentes nesta exposición, onde habitan o acougo e ao mesmo tempo o misterio. 


NOITE DE TREBOADA


FURNA DE FINGAL


O alumnado ante a peza MEMORIA SUBACUÁTICA


Ante unha das pezas da mostra 

ANTÓN PATIÑO: Selección de obras on PhotoPeach

domingo, 19 de octubre de 2014

ANTÓN PULIDO. ANTOLÓXICA



Escaleira. 1982. Óleo sobre lenzo

 Dende os seus primeiros anos como artista, no que destaca un autorretrato do ano 1970 ata as súas últimas obras deste ano 2014, a mostra presenta unha axeitadísima representación das obras máis significativas do artista, pasando polas súas obras dos anos oitenta e noventa, moi religadas a un expresionismo europeo cen por cen atlántico e polas súas primeiras “Kermesses” de carácter certamente figurativo, aínda que botamos de menos, (eu polo menos) algún dos seus grabados dos anos 70, en augaforte e carborundum.


Kermesse. 2010. Acrílico sobre lenzo

  A partir das fotografías realizadas na mostra e doutras que fun rescatando do meu arquivo e que están expostas, falaremos da proposta estética de Pulido.


O Berbés.  1978. Óleo sobre lenzo

  Nas obras dos anos oitenta e noventa a súa obra mantén unha forte relación coa estética romántica na creación de paisaxes onde as figuras ailladas e solitarias están en contacto coa natureza desolada ou nos seus interiores, mundos pechados onde habita o silenzo. As figuras ailladas, en cadros violentamente valeiros, están explorando a súa propia relación cos grandes enigmas e respirando ese aire silandeiro e meditativo que permiten a quen os mira -a partir dunha forte carga emocional- un máximo de empatía.


Explicando a peza "Camiño vermello" do ano 1988


Ceo amarelo. 1980. Óleo sobre lenzo


Salmantiga. 1988


Abismo. 1991.Óleo sobre lenzo


O numeroso alumnado ante a peza Abismo.


Músico II. 1992. Técnica mixta sobre lenzo

  Aínda así, eses espazos onde habitan as figuras de Pulido, participan da esperanza, neses camiños que  obrigan a unha participación nunca pasiva na mirada e que nos ofrece unha imaxe da pintura, expresiva e xestual, que aparece tamén nas súas obras máis actuais, nesas “Kermesses” onde achégase a unha abstractización da forma, que en ocasións faise irrecoñecible en signos que están perto dunha linguaxe infantil ou dos grafitti, en trazos simples que mixtúranse con pinceladas dunha cor potente e cun maremagnum de liñas e trazos, que participan da reflexión sobre a arte e o proceso creativo.


Camiñante VII. 2005. Técnica mixta sobre lenzo


Un grupo do  alumnado co artista Pulido


O alumnado diante da obra "Kermesse"




ANTÓN PULIDO: Escolma de obras on PhotoPeach

sábado, 20 de septiembre de 2014

ROMANTICISMO: EUGÈNE DELACROIX (Parte IV)


Hamlet e Horacio.1838

Tras unha visita ao Museo de Historia Natural, o artista merca unha nova axenda e retoma a pluma para reemprender a redacción do JOURNAL que abandoara no ano 1827. Coincidindo coa  súa etapa de madurez, este novo journal, serve non para explicar os seus desexos máis íntimos e expresar a necesidade de superar angurias e contradiccións, senon para aportar moita información artística que será a base do Diccionario das Belas Artes que tentaba escribir. Durante anos Delacroix fixo diferentes pezas de temática variada, algunhas en referencia a súa viaxe ao norte de África, e diversos encargos para o goberno francés como O salón do Rei do Palacio Bourbón (1838), a restauración da Galería Apolo (1849) ou o Salón da Paz do Concello de París (1851).


A Xustiza.Salón do Trono do Palacio dos Borbón.1833-1837


O Sultán de Marrocos e o seu entorno.1845


Marroquí ensillando o seu cabalo. 1855


A noiva de Abydos. 1857


A morte de Desdémona.1858

No ano 1859 presentase por última vez no Salón coa obra «Ovidio no exilio cos escitas».

Ovidio no exilio cos escitas. 1859

 Morre no ano 1863, tras graves problemas de saude, rematando no 1861 o seu último encargo: a decoración da Capela dos Santos Anxos da Igrexa do Saint-Sulpice de París.

Decoración na igrexa de Saint-Sulpice.1861