O pasado venres 7 de novembro, inaugurouse na
Escola de Artes e Oficios, no ESPAZO EMAO a mostra “Proxectos 2014”, cunha ampla
representación de alumnas da aula de Pintura. En total oito alumnas presentaron
pezas nas que realizan distintas
reflexións sobre a praxis pictórica que van dende a conceptualización do “xeito
de mirar” nas pinturas de Elena Rodríguez
desde un punto de vista tradicional en canto ao emprego do óleo e a figuración
na busca dun “locus” que pasa desapercibido para quen camiña, ata a proposta
máis clásica en canto a relación figura-fondo nas obras de María Ponce pero que entende o modo de enxergar a imaxe no fondo a
partir da negación da forma e no que tamén cobra unha importancia fundamental o
formato, que varía según as pezas.
Elena Rodríguez, ante as súas pezas, da serie POR ONDE PISO
Peza de María Ponce
Tamén Herminda
Riveiro bebe da figuración, maís nas súas obras a importancia da
subxectividade no emprego da cor nos remiten as primeiras vangardas da arte
galega, nun traballo exhaustivo de investigación en canto ao emprego da cor e a
pincelada. O óleo será, xunto coa técnica mixta a técnica que aparece na
proposta de Silvia Pérez, quen
reinterpreta a paisaxe a partir dunha mirada ao Romanticismo nesas pezas das
que xurden espazos infindos e nos que afonda nunha estética do despoxamento
cercana ao minimalismo.
Herminda Riveiro e as súas tres pezas
Panorámica das dúas pezas de Silvia Pérez
María Pérez emprega tamén o óleo,
xunto co collage e o gravado, nun
traballo que parte dunha liña de investigación en canto as imaxes anterior, e
que afonda asimesmo en aspectos como o
emprego de distintos soportes e o ensamblaxe, algo que tamén aparece no
carácter experimental e moi poético das
pequenas pezas de Loli Villar, quen
realiza tamén moitos bocetos previos as pezas que nacen dunha reflexión sobre a
arte, a ciencia e a tecnoloxía, no que a emoción está moi presente.
Obras en óleo de María Pérez
Lola Villar ante as súas exquisitas e pequenas pezas
. Nas pinturas de Marián Rodriguez a experimentación cos
materiais a achegan ao mundo surrealista desde a obxectividade do punto de
partida –fotos- e o emprego de texturas
que dan paso a obras autorreferenciais a partir de figuras desubicadas en
espazos reducidos. Finalmente, tamén a experimentación esté enxergada na
poética das pezas de Boché Pérez,
nun traballo que desenvolve ideais moi persoais sobre o mundo que a rodea, pois
os seus “feixes e peixes” conforman unha sorte de imaxes nas que a paisaxe galega
está presente, aínda que descontextualizada nesas herbas, cortizas e feixes
a partir da abstracción e a técnica mixta.
Detalle dunha peza de Marían Rodríguez
Boché Pérez, ante a súa proposta en técnica mixta
Estes traballos e pezas responden a idea de proxecto como
conxunto de actividades –tanto intelectuais como procesuais- que fanse para
acadar un determinado obxectivo, que neste caso teñen o nexo común da pintura e
que poden considerarse como proxectos sociais ou públicos que xurden como resposta a unha necesidade: o de facer
visible o invisible.
OUTRAS FOTOS DA MOSTRA
Lorena, alumna na actualidade da aula de Pintura ante a súa proposta da aula de Debuxo
Olimpia, alumna na actualidade da aula de Pintura ante a súa proposta da aula de Debuxo
Peza da aula de Escultura e Talla en Madeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario