Instalación. 2014
A mostra de Antón
Patiño, Océano, é moito máis cunha exposición, pois o artista, prántéxanos
unha achega a temática vinculada no mar
na súa pintura, a partir dunha
instalación no espazo do Museo do Mar,
con obras de décadas anteriores, recentes e pezas feitas en exclusiva para este
espazo. Esta mostra é asemade, un achegamento conceptual a ese sentimento
oceánico que aparece desde os anos oitenta na obra de Patiño, a partir de recursos
abstractos que tentan suxerir emocións propias dunha paisaxe mítica e os
seus procesos sensoriais.
Fragmento de MEMORIA BRANCA
Existe unha
vocación táctil no emprego do verniz, relevos a partir de distintas
capas de cor, verquidos, dripping ou
impastos, en varios soportes que configura un relato pictórico, que é, en
moitas ocasións doloroso, como nas obras que
lembran ao desastre do Prestige,
pero que busca afondar na memoria emocional do espectador.
MAREA NEGRA. Técnica mixta sobre lenzo
A partir das fotografías falaremos das pezas
que aparecen como: Redes, Marea negra,
Inventario de escumas, Memoria subacuática, Ollos de boi e Arquivo da desfeita.
Ante a peza ARQUIVO DA DESFEITA
Presenta un rexistro das diferentes contornas das pegadas do chapapote sobre unha chea de ´taboas nas queforon colocadas as manas negras doalcatrán, e que está acompañada do "Caderno do Prestiga" nunha pantalla.
Coa peza INVENTARIO DE ESCUMAS
OLLOS DE BOI
Unha ringleira de ocos (tondos), que aluden a xanelas abertas ao infindo mariño en pezas que aluden a estética do valeiro en pinceladas leves con técnica mixta.
MEMORIA SUBACUÁTICA
Presenta un extenso panorama das profundidades mariñas de case seis metros de longo, que pretende rodear a quen o mire cun rexistro de masas orgánicas e fosforescencias verdes e azuis.
Nestas pezas, as pegadas e signos soterrados coma unha escrita no lenzo, son como o
lugar da batalla do artista na soidade do seu propio territorio mental,
atacando o soporte a partir deses movementos acuáticos para proxectar as súas
emocións nese espazo pictórico no que a
pintura aparece en distintos soportes onde
fusiona xestos amplos e
desinhibidos con evocacións simbólicas.
INVENTARIO DE ESCUMAS
MEMORIA BRANCA
Abarca unha superficie de 10 metros de longo que fusiona nunha secuencia onírica a realidade e o xesto sobre un fondo de branco mineralizado no que atópanse graffitis e relampos de verniz, e que acompáñase con catrodados brancos pousados no chan e pintados con símbolos.
REDES
O feito pictórico aparece na obra de Patiño,
como físico e poético simultáneamente,
nunha obra que se caracteriza pola intensidade da cor en todas as súas etapas,
a excepción do ciclo adicado ás “Mareas negras” (finais años 80) suxerido polas
catástrofes no litoral galego, onde predomina unha gama sombría por necesidades
de expresividade dramática, dramatismo e escuridade que aparece tamén nas pezas
“Noite de treboada” e “Furna do Fingal” , presentes nesta exposición, onde
habitan o acougo e ao mesmo tempo o misterio.
NOITE DE TREBOADA
FURNA DE FINGAL
O alumnado ante a peza MEMORIA SUBACUÁTICA
Ante unha das pezas da mostra
No hay comentarios:
Publicar un comentario