Hamlet e Horacio.1838
Tras
unha visita ao Museo de Historia Natural, o artista merca unha nova axenda e
retoma a pluma para reemprender a redacción do JOURNAL que abandoara no ano 1827. Coincidindo coa súa etapa de madurez, este novo journal, serve non para explicar os seus
desexos máis íntimos e expresar a necesidade de superar angurias e
contradiccións, senon para aportar moita información artística que será a base
do Diccionario das Belas Artes que tentaba escribir. Durante anos Delacroix
fixo diferentes pezas de temática variada, algunhas en referencia a súa viaxe
ao norte de África, e diversos encargos para o goberno francés como O salón do
Rei do Palacio Bourbón (1838), a restauración da Galería Apolo (1849) ou o
Salón da Paz do Concello de París (1851).
A Xustiza.Salón do Trono do Palacio dos Borbón.1833-1837
O Sultán de Marrocos e o seu entorno.1845
Marroquí ensillando o seu cabalo. 1855
A noiva de Abydos. 1857
A morte de Desdémona.1858
No ano 1859 presentase por
última vez no Salón coa obra «Ovidio no exilio cos escitas».
Ovidio no exilio cos escitas. 1859
Morre no ano 1863, tras graves problemas de
saude, rematando no 1861 o seu último encargo: a decoración da Capela dos
Santos Anxos da Igrexa do Saint-Sulpice de París.
Decoración na igrexa de Saint-Sulpice.1861
No hay comentarios:
Publicar un comentario