Escaleira. 1982. Óleo sobre lenzo
Dende os
seus primeiros anos como artista, no que destaca un autorretrato do ano 1970
ata as súas últimas obras deste ano 2014, a mostra presenta unha axeitadísima
representación das obras máis significativas do artista, pasando polas súas
obras dos anos oitenta e noventa, moi religadas a un expresionismo europeo cen por cen atlántico e polas súas primeiras
“Kermesses” de carácter certamente figurativo, aínda que botamos de menos, (eu
polo menos) algún dos seus grabados dos anos 70, en augaforte e carborundum.
Kermesse. 2010. Acrílico sobre lenzo
A
partir das fotografías realizadas na mostra e doutras que fun rescatando do meu
arquivo e que están expostas, falaremos da proposta estética de Pulido.
O Berbés. 1978. Óleo sobre lenzo
Nas
obras dos anos oitenta e noventa a súa obra mantén unha forte relación coa
estética romántica na creación de paisaxes onde as figuras ailladas e
solitarias están en contacto coa natureza desolada ou nos seus interiores,
mundos pechados onde habita o silenzo. As figuras ailladas, en cadros
violentamente valeiros, están explorando a súa
propia relación cos grandes enigmas e respirando ese aire silandeiro e
meditativo que permiten a quen os mira -a partir dunha forte carga emocional-
un máximo de empatía.
Explicando a peza "Camiño vermello" do ano 1988
Ceo amarelo. 1980. Óleo sobre lenzo
Salmantiga. 1988
Abismo. 1991.Óleo sobre lenzo
O numeroso alumnado ante a peza Abismo.
Músico II. 1992. Técnica mixta sobre lenzo
Aínda
así, eses espazos onde habitan as figuras de Pulido, participan da esperanza,
neses camiños que obrigan a unha participación nunca pasiva na mirada e
que nos ofrece unha imaxe da pintura, expresiva e xestual, que aparece tamén
nas súas obras máis actuais, nesas “Kermesses” onde achégase a unha
abstractización da forma, que en ocasións faise irrecoñecible en signos que
están perto dunha linguaxe infantil ou dos grafitti,
en trazos simples que mixtúranse con pinceladas
dunha cor potente e cun maremagnum
de liñas e trazos, que participan da
reflexión sobre a arte e o proceso creativo.
Camiñante VII. 2005. Técnica mixta sobre lenzo
Un grupo do alumnado co artista Pulido
O alumnado diante da obra "Kermesse"
No hay comentarios:
Publicar un comentario