BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 4 de octubre de 2019

HISTORIA DA ARTE.CULTURA MEGALÍTICA

 A cultura megalítica nace no III milenio a.C., no marco do NEOLÍTICO e perdura ata a Idade de Bronce. Caracterízase polos seus monumentos megalíticos (grandes pedras),o emprego do cobre e a expansión da cerámica. Da lugar aos primeiros vestixios da arquitectura occidentalMENHIR ou monolito, pedra erecta, ás veces de gran tamaño; ao círculo de pedra formado por grandes monolitos ou CRÓMLECH; o alienamento de monolitos e o DOLMEN.
 
1. CRÓMLECH DE STONEHENGE
 
 
Círculo das "pedras penduradas", que refírese os dinteis das pedras (Stonehenge en saxón) presenta a evolución dun espazo sagrado durante milenios, como resultado de varias fases constructivas.
Stonehenge é un monumento megalítico tipo crómlech, ademais doutros elementos como foxos, fosos e  montículos, construído entre o final do Neolítico e principios da Idade do Bronce, situado preto de Amesbury, no condado de Wiltshire, Inglaterra, a uns quince quilómetros ao norte de Salisbury. @s arqueólog@s consideran como probables as datas de construción das distintas fases e utilización entre o 3100 a. C. e o 2000 a. C. O foso e montículos circulares, os que constitúen a primeira fase do monumento, datáronse nuns 5100 anos atrás. A datación por radiocarbono suxire que a primeira pedra azul foi erixida entre o 2400 e o 2200 a. C.,​ aínda que non se descarta que houbese asentamentos ou uso da zona anteriores ao 3100 a. C.
A maior parte dos menhires alcanzan 4,2 m de altura e pesan entre 40 e 50 t. Descoñécese o seu significado, aínda que se lle relaciona co CULTO AO SOL, xa que o seu eixe principal está orientado de xeito que coincide co punto no que sale o sol o primeira día do solsticio de verán, polo que podería ser un centro de reunión tribal; un centro de observación astronómica, ou una mostra da fe relixiosa vinculada ás crenzas da vida de ultratumba.
 Está formado por dous círculos de menhires, (o primeiro adintelado) e por una ferradura de datación posterior (Idade de Bronce). No centro temos una Pedra de altar.
 
2. ALINEAMENTO DE CARNAC
 
 
Localizada en Francia, é una avenida en liña recta de 1100 MENHIRES, cunha lonxitude de 1030 m, en once filas paralelas.
 
3.DOLMEN DE DOMBATE, NA CORUÑA
 
 
 O dolmen de Dombate é o monumento de época neolítica situado na parroquia de Borneiro, no municipio galego de Cabana de Bergantiños. Este dolmen catalógase como una tumba colectiva de corredor e é considerado como a "catedral do megalitismo" en Galicia.​ Preto dese emprazamento, áchanse outros monumentos coñecidos como arte parietal ou rupestre. Este túmulo estableceuse na primeira metade do IV milenio a. C., e a cámara a finais desa mesma época. Foi usado en diferentes épocas, entre o 3800 a. C. e o 2700 a. C., momento no que foi abandonado.
 Esta cámara funeraria, é o monumento máis frecuente en Europa, con máis de 50000 construcións deste tipo. Consiste nun armazón de grandes bloques de pedra que forman unha cámara funeraria, e no  seu orixen estaba completamente cuberto de terra, coma un túmulo ou montículo.
O dolmen consiste nunha cámara poligonal ancha formada por sete ortóstatos (bloque ou laxa vertical, adornada ou non, que forma a fiada inferior dun muro. Nun dolmen neolítico, os ortostatos forman parcial ou totalmente as paredes do monumento funerario megalítico e soportan as laxas da cobertera), un dos cales mide 4,64 x 3 m, e un corredor de tres tramos, ben diferenciado en planta e en sección. A entrada estaba pechada cunha laxa vertical cuberta de pedras. Entre algúns ortóstatos (ou ortostatos) colocábanse laxas alongadas polo exterior, para así contribuír a pechar o oco. As fosas nas que se sustentaban esas grandes pedras, alcanzaban profundidades de 140 centímetros na cámara e 70 cm no corredor.
Interesa sinalar que no segmento inicial do corredor do túmulo máis recente, atopáronse 20 pequenos ídolos, e que os ortóstatos da correspondente cámara conteñen petróglifos.
 Ademais, todas as laxas, tanto na cámara como no corredor, contan con pinturas. Estas distribúense en dous rexistros horizontais separados por unha franxa avermellada de puntos vermellos e negros, sendo o conxunto unha composición na que prima a  xeometricidade ( zigzagues, franxas verticais e oblicuas, ondulados, retículas). A cor vermella era obtida a partir de óxido de ferro e o negro a partir de carbón vexetal, posiblemente, aplicados sobre unha imprimación branca a partir dalgún tipo de graxa mesturada con caolín. Tamén se atopou unha fileira de ídolos, vinte en total,​ colocados de fronte ao corredor e no límite do túmulo, así como moi interesantes artefactos líticos e cerámicos.
En 2009 descubriuse que a cámara dispoñía dunha drenaxe que fai sospeitar que desde o comezo sufría de inundacións de auga.

Os estudos sobre o dolmen de Dombate, fan pensar que foi utilizado en catro diferentes momentos:
-Período 1: corresponde co da súa creación, a que se produciu entre o 3800 a. C. e o 3600 a. C. Durante a segunda metade do cuarto milenio e os dous primeiros terzos do terceiro só se construíron dolmens/dólmenes de corredor. -Período 2: c. 3000 a. C., oportunidade durante a cal se preparou e utilizou por primeira vez a área de acceso.
-Período 3: c. 2700 a. C., cando finalmente pechouse o corredor, comezando alí o uso ritual.
-Período 4: último período de utilización, posiblemente coincidente coa cultura do vaso campaniforme.
Posteriormente construíuse un poboado, xa na Idade do Bronce, xunto ao dolmen en desuso.
 
4.NAVETA DES TUDONS
 
 
  Pertence a cultura TALAYÓTICA en plena Idade de Bronce. O seu nome vén dado porque o seu deseño lembra a unha nave investida. Na súa construción non se empregou ningún tipo de cemento e son tan só pedras encaixadas.
  A Naveta Deas Tudons foi atopada e desenterrada a mediados do século pasado. Mide 13,6 metros de longa por 6,4 de ancha.
Durante as escavacións atopáronse corpos acompañados dos obxectos persoais con que foron enterrados, co que sabemos que nela realizaron enterros colectivos. .
A día de hoxe, o acceso ao interior da Naveta Deas Tudons está prohibido por motivos de seguridade.

 Referencias na rede:
https://es.wikipedia.org/wiki/Dolmen_de_Dombate
https://es.wikipedia.org/wiki/Megalitismo
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario