«Todo
o que se fai é autobiográfico. Con todo, un dos obxectivos de pintar era, para
min, escapar á miña biografía».
Dorothea
Tanning
Nacida en Illinois, Estados Unidos,
o 25 de agosto de 1910, Dorothea foi pintora, escritora, ilustradora, escultora,
diseñadora de decorados e vestuario teatral e de ballet e ademais ilustradora
de libros, así como unha das representantes
máis importantes do surrealismo na segunda metade do século XX. Lectora
voraz, visitou museos e comezou a pintar sen formación, pois era autodidacta.
Mais como estaba tan interesada na arte, e aínda que aos seus pais
preocupáballes que se convertese nunha bohemia, en 1928 empezou a estudar no Knox College, ata que no 1930 marcha e instálase
en Chicago durante varios anos. Alí completou os seus estudos de arte
asistindo ao Instituto de Arte de Chicago. Inicialmente traballou como
bibliotecaria, estudou na universidade de Knox e máis tarde para axudarse nos
estudos en Nova York, empregouse como
artista comercial e outros traballos relacionados coas artes. Traballa as
súas pinturas, cunha factura minuciosa e
pinta as ilusións de nenas agraciadas e vanidosas, mentres se mantiña económicamente como artista comercial. Co tempo a súa
pintura se fixo máis alusiva, describindo de xeito confuso as cambiantes formas
da sensualidade. As súas primeiras obras están dentro da figuración onírica,
enigmáticos e ao parecer inspiradas principalmente polas fantasías e pesadelos
infantís.
No ano 1936 asistiu a unha exhibición de “Arte Fantástica, Dadá e surrealismo” no MOMA de Nova York que lle causou un forte impacto, tanto, que decidiu trasladarse a París logo de acadar cartas de presentación para destacados membros das vanguardias artísticas, como Max Ernst, Yves Tanguy e Chaïm Soutine, entre outros. Con todo, ironías do destino, atoparía París baleiro. Era o ano 1939 e moitos intelectuais europeos fuxiran dun continente a piques de estalar cara a Estados Unidos. Tras chamar a varias portas sen éxito, trasladouse a casa da súa familia paterna en Suecia, onde permanecería facendo retratos da familia ata o estalido da Segunda Guerra Mundial. Ao seu retorno a Nova York, empezou a traballar co marchante e amigo dos surrealistas Julian Levy, en cuxa coñecida galería expuxo algunhas das súas obras que, xa por aqueles primeiros corenta, empezaban a adoptar esas formas surrealizantes que caracterizarían a súa carreira posterior.
Tango.1939
Deirdre.1940
Voltage. 1942

Aniversario. 1942
De feito, en 1942 pintou un dos seus
cadros máis coñecidos, “Aniversario”, un curioso autorretrato no cal, vestida
cun atuendo teatral que deixa parte do seu corpo ao descuberto, aparece nun
espazo de ensueño, portas que se abren ao infinito. Aniñado aos seus pés, un
animal con significacións teosóficas recórdanos o interese da artista polo
inasible: "Os meus soños", escribía anos despois, "xorden de obxectos que non teñen
equivalentes no dicionario". Tratábase do seu segundo ou terceiro
cadro baixo a influencia do surrealismo, e expoñeríase na mostra de mulleres na
galería da marchante e coleccionista de arte Peggy Guggenheim, Art of this
Century. A súa primeira individual será xustamente na Galería Julien Levy en
1944.
Curiosamente, Max Ernst, ao que buscara en
balde en París, visita a Tanning no seu estudo e quedase fascinado fronte a “Aniversario”.
Xogaron unha partida de ajedrez -segundo conta no relato que máis circula- e
decidiron pasar xuntos o resto das súas vidas; decisión que cumpriron, porque o
seu matrimonio durou ata 1976, data na que morreu Ernst.
A través deste, Tanning empezou a frecuentar o círculo dos exilados parisinos na cidade americana, na que coñecería a Duchamp, Tanguy e Sage, entre outros, facendo realidade ese soño que perseguira en balde en París. Breton formaba parte do círculo, pero o seu escaso coñecemento do francés impedíalle participar activamente nas reunións que este presidía; cousa doutra banda corrente entre as mulleres ligadas ao grupo, que se dedicaban a escoitar e falaban máis ben pouco, intimidadas pola formas autoritarias do "pope".

Soño de luxo. 1944
Final de partida. 1944.Óleo sobre lenzo
A influencia da civilización. 1944
Este periodo é o máis surrealista en
toda a súa traxectoria artística, a súa obra máis coñecida, “Pequena serenata
nocturna” (unha escura pintura chea de simbolismo, ironicamente chamada
igual que a alegre serenata de Mozart), mostra os seus vínculos co grupo, aínda
que máis tarde o seu estilo artístico mudou
para converterse nun estilo propio.
Durante os 40 e principios dos 50 as
súas pinturas representaban escenas inquietantes que saían do seu inconsciente.
Traballaba en Sedona, Nova York e París. Deste periodo saen pinturas como “Eine Kleine Nachtmusik?” unha das súas
obras máis coñecidas. Tamén pintou “Maternity”
(1946) na que unha nai sostén en brazos ao seu bebé. No chan hai un caniche con
rostro de neno. Chea de tormento esta é unha obra representativa da inquietude
dos seus traballos.
Pequena serenata nocturna. 1944
Maternidade. 1946
Avatar. 1947
De feito según Chadwick, no seu
libro “Mujer, arte y sociedad”: “Cuando tuvieron (las mujeres surrealistas) que
adoptar una postura respecto al inflamado lenguaje erótico del surrealismo, abordaron
el erotismo de manera oblicua, centrando la atención en aspectos de los deseos eróticos, más que en los demás deseos sexuales
de la mujer. Leonora Carrintong reachazó a Freud, y se orientó hacia los temas
de alquimia y de magia. Dorothea Tanning transfirió la sexualidad desde el
mundo de los adultos al de los niños. Cuadros como Palaestra (1947) y Juego de
niños (1942) nos muestra a jovencitas núbiles plasmadas en momentos de
estática transformación. Sus cuerpos
responden a invisibles fuerzas que soplan en el recinto, animando los ropajes y
haciendo revolotear los cabellos y las prendas de los niños”.
Palaestra. 1947
Unha pintura feliz.1947
Max nun bote azul. 1947
On time of time. 1948
Citadel. 1949
Lauberge. 1949.
Durante esa mesma década deseñou o
vestuario e os decorados para ballets de Balanchine e para o ballet de John Crank nos anos 50.
A Guest, costume design for The Night Shadow. 1945
The Sleepwalker, costume design for The Night Shadow.1945
Castle Midnight, costume design for The Witch. 1950
Deseño para Bayou, o ballet de George Balanchine. 1951
No hay comentarios:
Publicar un comentario