Meret Oppenheim
Pintora
e escultora, adicada nos seus últimos anos tamén a escrita, foi a máis
importante creadora de obxectos surrealistas. A súa peza “Cubierto de pel”, ten
figurado en moitas exposicións e realizado obras que testemuñan a súa
importancia como artista. Dirixiu el FESTÍN DE CANIBALES, na exposición “EROS”,
celebrada na Galería Cordier de París (1959).
Cunca de te en pel.1936
Nacida o 6 de octubre de 1913 e morre o
15 de noviembre de 1985, artista e fotógrafa suiza, no barrio berlinés de
Charlottenburg, pois o seu padre era alemán e a súa nai suiza; con 16 años
comezou a estudiar pintura e con 19 anos continúa os sus estudios na Académie de la
Grande Chaumière en París para ser artista. Non é estraña esta decisión de acudir á París tendo en conta a súa
herdanza cultural e a súa propia formación. Meret, filla dun ciruxán xudeu
alemán, era neta de pintora e sobrina de Hermann Hesse, o que a condicionaba xa
a unha formación culta e artística, que ademais se viu favorecida polo ambente
liberal da súa familia. Neses anos xa comeza a escribir poesía a realizar
pequenos collages con obxectos
atopados. E París, a súa amizade con Hans Arp e Alberto Giacometti
permitiulle entrar en contacto co círculo surrealista de Bretón, quen invitouna
a formar parte das súas mostras colectivas.
Mais será debido tamén a súa relación amorosa
con Max Ernst, o que a leva a integrarse neste grupo de poetas e creadores
plásticos, ata o ano 1936 (curiosamente cando realiza a súa peza que a vincula
directamente con esta tendencia) ano no
que as súas relacións comezaron a ser menos estreitas. De feito ata ese ano a súa pertenza ao grupo levouna a posar para diversos espidos de Man Ray, o que afianzaría a súa estreita relación cos surrealistas.
Man Ray. Meret Oppenheim. 1932
Man Ray. Erotique voilée, modelo Meret. 1933
Fotografía de Man Ray, modelo Meret Oppenheim. 1933
A obra “Taza, platillo y cuchara forrados de
piel”, que foi así como denominou Meret a súa peza, está presente na mostra
“Exposición surrealista de obxectos” no ano 1936, que atopou xunto con outras
pezas súas o beneplácito do grupo e sobre todo de Bretón, quen rebautizou a
peza como “Déjeneur en fourrure”, parodiando o cadro de Manet, “Almorzo na
herba” e a a la Venus en pel de Sacher-Masoch. A importancia desta peza, reside
en que con estes obxectos acadou traducir plásticamente as concepcións teóricas
surrealistas, pois retrata moi ben a idea dun extrañamento dos obxectos e o seu
distanciamento da realidade, a partir da
provocación ata un efecto absurdo e de sorpresa que o surrealismo busca desde o
primeiro momento.
Quizais
non era tal a intención de Meret, pois pretendía máis ben a banalización da
obra, e por tanto desacralizala e debilitarla respecto aos seus efectos
misteriosos. A artista situaba as raigames da súa peza, a unha conversa
con Picasso, a quen coñeceu nun café, lugar que para os surrealistas
significaba a idea de “conxurarse” e de trabajar colectivamente, máis que un
lugar de reunión e convivencia social. De feito, eles dous bromeaban sobre as pulseras de pel que ela portaba e sobre as
texturas diferentes dos obxectos e sobre o curioso que sería que os obxectos
tivesen texturas contrarias ás que os caracterizaban. Ao que ela terminou sinalando
unha cunca e unha culler que poderían tamén forrarse de pel, como as súas
pulseras, por que non? Parece ser que contestou Picasso. Máis a idea, que
xeralmente atribúen a Picasso foi de Meret.
A peza exposta no museo de Arte de nova Yorke,
“Arte fantático, Dadá e Surrealismo”, foi mercada polo museo a instancias de
Alfred H. Barr, que organizou a mostra en colaboración cos surrealistas, e que
describiu a obra como “ unha obra de arte que estimulou a fantasía da xente” e
“Como a famosa metáfora de Lautréamont, o encontró entre unha máquina de coser
e un paraugas nun mesa de disección e os reloxos brandos de Dalí, a taza
envolta en pel fai real dunha maneira concreta a invesosimilitude máis
extravagante”.
A miña enfermeira.1936
Mans de pel con unllas bermellas. 1936 Fotografía
A fama
a partir destas pezas foi unha pesada carga para Oppenheim, quen non quería
verse reducida a un único estilo, aínda que durante un tempo ela segue
realizando obxectos, afianzando o su
estilo que en moitos casos tiñan contido sexual e simbolismo fetichista, como
en My nurse (1936), e nestes anos realiza tamén deseños de xoias como “Snake
ear cuff” ou “Sugar ring”, instalándose no ano 1937 en Basilea, para seguir
cursos na Escola de Artes e Oificios, aínda que contínua traballando en pezas
que ás veces destrúe ou deixa sen acabar. No ano 1939, expón na galería René
Droulin e na de Leo Castelli os seus
mobles fantásticos.
Snake ear cuff. anos 30
Sugar ring. 1931
Brazalete en oro e pel. Anos 30
Muller pedra. 1938
Das leiden der Genoveva. 1939
En
1945 conoce a Wolfgang La Roche co que casa catro anos máis tarde e con
instálase en Berna. En 1954 regresa á actividade artística co deseño do vestuario da obra teatral de
Picasso «Le Désir attrapé par la queue" (El deseo cogido por la cola) que realizou Daniel Spoerri, estrenada en Berna.
S/T. 1952
Algúns críticos declaran que a súa ruptura cos surrealistas e a súa última colaboración con eles, foi en 1959, na
mostra "Exposition inteRnatiOnale du Surréalisme (EROS)", pois Breton
invitou a Oppenheim para repetir o Spring Banquet que consistía nun banquete
servido sobre o corpo dunha muller espida no que os comensais debían comer sen
cubertos. Con todo, a versión parisina transformouse, segundo a propia artista,
en algo completamente oposto ao que ela considerara orixinalmente como un
festín tanto para homes como para mulleres.
Le festín. 1959
Agora o corpo converteuse nun
obxecto pasivo dun espectáculo voyeurístico para un público masculino, aspecto
noxento do grupo surrealista que Oppenheim non compartía. Será na década
dos 60 cando a obra de Oppenheim foi redescubierta e cando recibe o galardón
Kunstpreis der Stadt Basel en 1975, no seu discurso, fai un chamamento ás
mulleres "a demostrar coa súa forma de vida que non van aceptar máis os
tabús que as mantiveron subxugadas durante séculos. A liberdade non é algo que
che dan senón que tes que conseguir". Aínda así, e a pesares desta suposta
ruptura, Oppenheim participa en 1960 na “Surrealist
Intrusion in the Enchanter´s Domanie”, dirixida por Breton e duchamp, e
outra no mesmo ano en Milán a “Mostra
internazionale dell surrealismo”, e finalmente nos anos oitenta “Permanence du regard surréaliste”.
Mesa con patas de ave. 1939
A parella. 1956
Ardilla.1960
Miss Gardenia. 1962
Arco subterráneo. 1977
Par de guantes. 1985
A partir dos años oitenta, asemade de
participar en diversas exòsición individuais e colectivas, e curiosamente como
moitas outras artistas surrealistas, comeza a publicar escritos, en 1981 editou
o poemario Sansibar, para colaborar anos máis trade, en 1984 coa revista
de arte Trou publicando un artigo sobre a fonte de Symbol des
Wachsens und des Lebens de Berna, para logo publicar outra serie de poemas
co título Husch, husch, der schönste Vokal entleert sich.
Tras
a súa morte, dun ataque ao corazón realizaronse varias exposicións colectivas e
retrospectivas do seu traballo. O seu país natal, concede anualmente a través
da «Oficina suiza de cultura» o Premio Meret
Oppenheim a artistas de máis de corenta años.
Meret no seu estudo
BIBLIOGRAFÍA
Marián
L.F.Cao: Creación artística y mujeres.
Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick,
Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas,
Karin: Estilos de las artes plásticas en
el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo
Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta
Grosenick, Colonia) 2001
No hay comentarios:
Publicar un comentario