A pasada semana un moi numeroso grupo do
alumnado de Pintura, realizou unha visita á mostra de Xosé Luis Otero “EXPLORANDO
NO CAOS”, onde o artista tivo a amabilidade de facernos unha visita guiada e
explicarnos abondantemente a súa proposta artística para esta exposición.
Falounos de onde partía a idea da mostra, do emprego dos distintos materiais, de
composición, dos centos de bocetos que o levaban desde a idea inicial a peza
final, de como realizaba o cadro, en fin toda un clase maxistral.
Cun curriculo que abrangue desde o ano 2010 un
percorrido por medio mundo en salas expositivas e museos que van desde Tallin,
Helsinki e Estocolmo pasando por Málaga, San Francisco, Madrid, Belo Horizonte
e Bruselas, entre outros moitos lugares do mundo, Xosé Luis Otero falounos no
Museo do Mar de vigo, da súa proposta “Explorando o Caos”.
Nesta mostra, cunhas pezas convertidas en
instrumento de creación poética, aínda que cun tratamento moi visceral, estructurada ao redor
da idea da viaxe, do camiño, dialogan cadros con instalacións, a partir de
materiais sinxelos: cordas, liños, plásticos, cartóns e diversos materiais
atopados ou buscados, que xunto coa cor
redúcense a un denominador común, conformando un discurso plástico que transforma
o proceso creativo nun tiempo non lineal, un tempo vertical.
As obras presentes nas dúas salas do museo,
sorprenden pola insistencia reiterativa de elementos e cromatismos, pero que na
súa rotundidade transmiten emocións e sentimentos, facendo que quen as mira
participe no “lanzamento de dados”, pois establecen un diálogo aberto, que fai
que “miremos” estas obras en certo xeito “mortuorias” pero dunha fonda
fermosura grazas ás imaxes evocadoras e a unha elegante composición. Pezas moi
cuidadas, onde o xesto o movemento do corpo do artista está moi presente, neses
elementos necesarios estampados no soporte, cun cromatismo restrinxido, pero
expresivo, e onde o “oficio”, se deixa ver en cada un dos seus recunchos,
incluso nesas obras onde o lenzo sae do soporte.
Un proceso creativo, según o artista doloroso,
que parte da observación compulsiva da realidade, na realización de pezas que ao fin, non deixan a ninguén
indiferente.
Xosé Luis asiñando o díptico da mostra.
Moitas grazas a ti Paula e a todos o alumnado da EMAO. Foi un parecer e un honor contar convosco
ResponderEliminarMoitas grazas a ti Paula e a todos o alumnado da EMAO. Foi un parecer e un honor contar convosco
ResponderEliminar