"Si pintaba gente dentro de un huevo no sé si
es cierto, pero es probable que me encontrara yo misma en un huevo que no podía
romper. Por fín lo rompí y entonces salieron caras de colores; era una salida y
gracias a mi vida en México y de su libertad salieron otras imágenes, otros
conceptos."
Bridget Bate Tichenor
BRIDGET BATE TICHENOR on PhotoPeach
Autorretrato
Bridget Bate Tichenor, era filla de Sarah Gertrude
Arkwright, de orixe británica e famosa colaboradora de Coco Chanel, e de
Frederick B. Bate, comentarista americano da NBC en Europa durante a guerra.
Viviu varios anos en Londres antes de ir
a Paris, onde estudou francés, tiña 16 anos e foi modelo de Coco Chanel e pousou para algúns fotógrafos, entre eles
Man Ray. Da súa etapa en Londres datan os
seus primeiros debuxos coñecidos, realizados co consello e o ensino
meticuloso do seu pai, que descubrira prontamente o seu talento artístico.
Posteriormente estudou na Slade School, de Londres. Instalada en Roma de 1930 a 1939, posteriormente trasládase a Nova
York. Alí ingresa na Art Students League
e estuda baixo a tutela de H. Marsh e de H. Stenberg. Tamén recibe clases de
Paul Cadmus, de George Tooker e de Yves Tanguy, de aí que se puxera en contacto cos surrealistas: Max Ernst,
André Masson, Dalí e Matta, entre outros. Traballa como editora de moda en Vogue do 1945 a 1952.
Os realistas. 1960
Pasa, pasa. 1964
Os encarcelados. 1965
Os encarcelados (fragmento). 1965
Espejismo. 1967. Óleo sobre masonite
Vendedor de miragres, 1967
Paseo en tartaruga. 1968
En 1940 casouse con Hugh Chisholm, fillo dunha
coñecida familia neoyorquina de orixe canadiense, co que tivo ao seu único
fillo. En 1945, tras divociarse, casouse
co fotógrafo Jonathan Tichenor. En 1953, soa, chegou a México e coñeceu a Luís
Barragán e Matías Goeritz, que lle convenceron para que se quedase alí a pintar,
algo ao quen tamén axudou o seu curmán Edward
James, quen creou o xardín surrealista de Xilitla, e foi quen a introduciu no
grupo da corrente surrealista en México, onde coincidiu con Leonora
Carrington e Remedios Varo. Durante uns anos residiu en Cidade de México ata o
seu traslado a Ario de Rosales -Michoacán- en 1960. A visión que tiña da fauna e a paisaxe mexicana foi tan importante
para ela, que moitas das facianas e criaturas máxicas das súas pinturas
baséanse nos seus cans terriers, chihuahuas e mastines italiáns, ovellas,
cabras, monos, loros, iguanas, serpes, caballos e vacas, mentres que a luz, cores e paisaxes das pinturas de
Tichenor foron inspirados pola topografía da terra volcánica que rodeaba a súa casa da cima da montaña.
Sesta dourada. 1972
Xeración Gap. 1972
Tauromaquia. 1975
Apunte de carnet. 1977
S/T. 1977
As pinturas de Tichenor están inspiradas no estilo renacentista italiano
do século XVI, combinado con métodos tradicionais e influencias da mitoloxía
mesoamericana, tradicións e simbolismos mexicanos e concentrouse
principalmente en varios temas: inicialmente
debuxaba e pintaba abstractamente, usando técnicas "automáticas"
(1954-1956); logo descubriu os seus fantásticos personaxes do mundo
surrealista. No seu traballo apréciase a súa gran vida interior, que reflicte o seu gran aprecio pola natureza e
moi particularmente polos animais. Na maxia radica, tamén, parte da súa
inspiración, en pezas moi coidadas e
depuradas, en xeral de pequeno e mediano
tamaño.
Dualidade Cartagena. 1978
Dualidade Sachi III. 1978
Realidade druídica.1978
Velador. 1979
S/T. 1981
No momento en que trasládase a México,
divorciada do seu segundo marido en
1953, esta nova vida converteuse para Tichenor, nunha viaxe a través do
misticismo e da arte para acadar a súa autorrealización a partir da súas
crenzas en espíritus ancestrais. Deste xeito pinta máscaras e identidades ocultas nos seus cadros, en relación
cun proceso de autodescubrimento e autorrealización a partir de personaxes mitolóxicos
de variadas culturas. En 1954 realiza a súa primeira exposición na Galería Arte
Mexicana, de Inés Amor. É o principio da súa traxectoria como artista
profesional; máis tarde expuxo regularmente con Antonio Souza, o seu promotor.
Expón en Nova York na Karning Gallery, dirixida por Robert Isaacson (1955). En
1972 e 1974 expuxo na Galería Pecannins. En 1978 deixou o seu rancho de
Michoacán para vivir en Cidade de México. De 1982 a 1984 instalouse de novo en
Roma, volvendo frecuentemente a México, e pinta as súas series de "Máscaras, Guías espirituais e Deidades
duales". Estes personaxes fantásticos enchen a súa mente e guíana nos
seus momentos difíciles. O seu fillo Jeremy falece en 1982. A súa última exposición, unha retrospectiva
moi completa, realizouse en febreiro de 1990 no Instituto de Belas Artes de San
Miguel de Allende, onde vive os últimos anos da súa vida. A obra de Bridget
Bate Tichenor atópase en diversas coleccións privadas de México, Estados Unidos
e Europa.
S/T. 1982
S/T. 1982
S/T. 1982
Criptograma. 1984
A chegada do capricornio. 1985
O 20 de outubro de 1990 faleceu en Cidade de
México, deixando unha obra duns 200 cadros ao óleo. Tichenor
foi obxecto dun documental no ano 1985 titulado “Rara Avis” fue dirixido por
Tufic Makhlouf, que fala de toda a súa traxectoria, desde os seus anos como
modelo, o tempo en que foi editora de Vogue ata os seus comenzos como artista
en México nos anos trinta.
A muller paxaro.1985
BIBLIOGRAFÍA
Marián L.F.Cao:
Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney: “Mujer,
arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin:
Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona.
1988
VVAA: “AMAZONAS del
Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist.
Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001
Tichenor na rede:
Tichenor, fotografada en 1978
No hay comentarios:
Publicar un comentario