Dorothea Tanning e Max Ernst viviron en
Estados Unidos ata 1949, ano no que se marcharon a Francia. En Francia pasábana
tempadas en París, ou na Provenza. Nos 50 o seu traballo cambiou. Afastouse
do surrealismo e as súas pinturas comezaron a ser fragmentadas e prismáticas,
de feito a mediados da década de 1950 as súas pinturas trasladáronse a un
estilo semi-abstracto, nas que podemos ver misteriosa imaxes eróticas ou
violentas envoltas en néboa. A mediados dos 50 deixa ao carón a liña
narrativa e a meticulosidad surrealista para dedicarse ás súas pinturas
“Prismas” como ela chamábaas. Máis adiante esas novas pinturas pasarían a ser
coñecidas como “Insomnios”. Neses lenzos corpos e partes do corpo e caras
pouco reconocibles flotan no cadro xunto con formas biomórficas, creando
lugares de ensoño.
The guest room. 1950
Sillas musicais. 1951
Era un momento de cambio
na súa traxectoria profesional. Tanning cortou co que fixera antes, aínda que
os seus traballos seguirían gardando un parecido co surrealismo do que foi
protagonista. Trataba de afastarse do surrealismo e achegarse a outros estilos
de pintura. Pero, ademais, buscaba novas formas de expresión artística que
atopou no gravado, a escultura e a poesía. En 1957 múdanse definitivamente
a Francia, fuxindo das leis de McCarthy que negaban a cidadanía estadounidense
a Max Ersnt, que era alemán.
Sábado pola tarde. 1953
Espida durmida.1954
Na década de 1969 creou as coñecidas como as súas
esculturas brandas, realizadas cunha máquina de coser. Na década dos 60 os
traballos de Dorothea Tanning eran abstractos, suxerindo formas femininas.
Tamén traballou como grabadora nos talleres de Georges Visat e Pierre
Chave. Ademais, axudou facendo os gravados dos libros ilustrados dalgúns amigos
poetas, como Lena Leclerq e André Pieyre de Mandiargues. Nos 60 e 70 expón
principalmente na galería Alexandre Iolas en Nova York e tamén por toda Europa. Tamén
realizou xoias en ouro, que son como pequenas esculturas.
Estudo para Curmáns. 1970
Curmáns. Acero, la, e pel sintética. 1970
Enma. Tea, la e corda.1970
Canapé en días de choiva. 1970
Groucho.1966
Coeur.1966
Katchina. 1966
Como comentamos antes de 1969 a 1973 adicouse
á escultura feita con materiais brandos. Cinco das súas esculturas alcanzan
a consideración de de instalación e
conforman "Hôtel du Pavot, Chambre 202” (1970-1973), que se atopa
dentro de colección permanente do Musée National d´Art Moderne no Centro de
Arte Georges Pompidou. Na instalación dous corpos saen, literalmente, polas
paredes da habitación e os mobles se metamorfosean en seres indefinidos, como as distintas formas empregadas polas
artistas para construír a súa identidade e a súa propia biografía.
Instalacción no "Hôtel du Pavot, Chambre 202”.
Mesa tráxica. 1970-1073. Parte da instalación.
Max Ernst morreu o 1 de abril de 1976. Entón
Dorothea Tanning retorna a Estados Unidos.
Noite en Sedona.1976
Tango lives.1977
No hay comentarios:
Publicar un comentario