Grupo ante a peza de Antón Pulido en CAMIÑOS Ó BO TRATO
No
Entroido, o grupo de Pintura realizou diversas visitas a centros diversos de
arte, para apreciar in situ diversas técnicas e propostas artísticas, unha actividade
que desde a aula de pintura fomenta o coñecemento non só de técnicas senon das
diversas manifestacións artísticas que van desde o debuxo, a pintura ou a
ilustración, como a exposición “HEROES ANIMADOS”, que amosa oproceso de deseño
e creación dos personaxes en producións de animación baseada no traballo
realizado por Grangel Studio, queleva 25 anos creando personaxes para películas
como “Spirit”, “Madagascar” ou “A noiva cadáver”. Tamén tivemos a gran sorte de
ver na galería MONTENEGRO, diversos debuxos e acuarelas de CASTELAO, entre os que
sobresaen unha peza sobre Valle-Inclán e outra sobre a emigración.
Ante un debuxo de Heroes animados
Na mostra Heroes animados
En Alcaldía no Concello de Vigo, fumos á
mostra "MESTRES DA ARTE VIGUESA", onde expoñen creadores vencellados a Vigo entre
eles: Antón Pulido, Laxeiro, Lodeiro, Barreiro e Mingos Teixeira, entre outros.
Foto de grupo ante a peza de Mingos
Ante unha das pezas de Barreiro
Ante a peza de Lodeiro
Na Pinacoteca Fernández del Riego, visitamos a
mostra "ASÍ OS VEN. ASÍ SOMOS?" Nun proxecto expositivo que tenta salientas os
fondos da colección de arte galega do Museo de Castrelo recuperando a artistas
como Elsa Pérez Vicente, Ana legido, María Victoria de la Fuente ou María Antonia
Dans, en diálogo con fondos foráneos e novas artistas, para tentar construir a
imaxe da muller no ámbito artístico, nun proxecto poliédrico que permite
reflexionar sobre determinados arquetipos vinculados a arte das mulleres.
Foto de grupo na Pinacoteca
Ante unha obra de Laxeiro
O alumnado preguntando sobre un óleo
Finalmente visitamos a mostra “CAMIÑOS Ó BO TRATO”,
onde participamos moit@s artistas, donando obras a favor da "Asociación
rede de mulleres vecinais contra os malos tratos de Vigo", entre as que
atopan a profesora de escultura Rosa García, a de serigrafía Alba Parda, e quen
esto vos conta.
O numeroso grupo atendendo as explicacións do comisario da mostra
Ante as pezas de Sara Bello e María xosé Pulido
O comisario Gonzalo Sellés, explicando a súa peza
Ante unha peza en técnica mixta
Explicando a peza de Rosa García
Crebas. Técnica mixta sobre lenzo. Paula Mariño
Políptico de Rosa Úbeda
Peza de Antón Sobral, en técnica mixta
Foto de grupo, escoitando ao comisario da mostra
No hay comentarios:
Publicar un comentario