“¿El
mundo que pinto? No sé si lo invento, yo creo que más bien es ese mundo el que
me inventó a mí“.
Leonora Carrington
A pintora, escultora, grabadora, escritora,
dramaturga e escenógrafa Leonora Carrington naceu en Chorley, Lancashire, (rexión
con ambente moi especial, onde a tradición sitúa ás meigas, os autos de fe e as
novelas neogóticas que inflúe na obra de Leonora e que tanto admirarán os
surrealistas) Inglaterra en 1917. Dende
moi nova foi dun colexio a outro, debido a súa rebeldía, non era mala
estudante, máis tiña unha aversión a autoridade e as institucións de todo tipo,
non só as relixiosas, o que a levou a fuxir de casa con somentes 19 anos.
Autorretrato. 1938
Verde. 1942
Os Faustos do subsuelo. 1947
A tentación de San Antonio. 1947
Samain. 1951
No ano 1936 ingresa na academia Ozenfant
de arte, en Londres, fuxindo un tanto do ambente opresivo familiar. No ano
seguinte coñece a Max Ernst, quen a vincula ao movimiento surrealista, e con
quen mantén unha relación tras unha viaxe a París, onde convive e coñece a
Bretón, Miró, Picasso e Dalí. Participa en 1938 na Exposición Internacional de
Surrealismo en París e Ámsterdam e escribe
un libro de relatos titulada La casa del miedo. Previamente á ocupación
nazi de Francia, Leonora participa e
colabora co Kunstler Bund (ao igual que
varios artistas do movimiento surrealista) movemento subterráneo de intelectuais
antifascistas.
O templo da palabra. 1954
As distracciones de Dagoberto. 1954
Shide. 1954
Durante o ano 1938 viven nunha casa en Saint-Martin-d'Ardèche,
ata que en septembro de 1939 Max Ernst foi declarado enimigo do rexime de
Vichy. Detido e levado á prisión no campo
de Les Milles, Leonora sufriu unha desestabilización psíquica, que unida á invasión nazi a levan a España, onde foi ingresada polo seu pai nun.
hospital psiquiátrico de Santander. Deste período a pintora describe na súa obra
autobiográfica “Memorias de abaixo”, os pormenores desta dramática historia e
máis a pegada tan tráxica que deixou nela, aínda que consegue, según Emerich
acadar:”un proceso de reapropiación da conciencia, unha purificación para
alcanzar o saber absoluto”.
O xuglar. 1954
Ab eo Quod. 1956
Froita prohibida. 1959
Figura na auga. 1960
En 1941 fuxíu do hospital chega a Lisboa, onde atopa refuxio na embaixada de México, onde coñece a Renato Leduc quen a axuda a emigrar, e con quen casa e viaxa a Nueva York. En 1942 emigra a México onde se divorcia de Renato Leduc ao ano seguinte. En México, a pintora volve a retomar a amizade dos amigos e das amigas surrealistas, tamén no exilio mexicano como André Breton, Benjamin Péret, Alice Rahon, Wolfgang Paalen e sobre todo coa pintora Remedios Varo, con quen mantivo unha gran amizade. Casa tamén en Mexico co fotógrafo Emerick Weisz, o compañeiro de Robert Capa, con quen terá dous fillos: Gaby e Pablo, para quenes escribe algúns dos seus relatos.
Gana no 2005 Premio Nacional de Ciencias y Artes en el área de Bellas Artes, otorgado polo gobierno de México e falece aos 94 años na Cidade de México no 2011.
Que sería do paxaro. 1960
A advertencia dunha nai. 1973
Sol Niger. 1975
A proposta estética de Carrington, cargada de
lastres masculinos míticos e reais, non ten unha lectura lóxica, pois abonda nun mundo irreal (ou surreal)
lírico e reflexivo, que proclama unha obra
aberta que deixa a quen a mira o camino aberto para reflexionar sobre a
existencia humana. Nos seus cadros, presenta atmósferas pasadas e
presentes, nas que expresa ideais imposibles a partir de iconografías míticas de relatos que a súa nai contáballe de
nena, e que están mergulladas de meigas, hadas, gnomos e outros seres
fantásticos de distintas mitoloxías, que sustentaan a súa fantasía e que se
entendía moi ben dentro da linguaxe surrealista. Aínda así, a súa pintura ten armonía e orde,
dentro dun círculo pechado, dun universo onde existen leis que implican un
significado dentro dese universo gótico e surreal, onde conviven distintas
influencias e temas según diversos autores e autoras como: o mito céltico, o simbolismo
alquímico, o gnosticismo, a cábala, a psicología junguiana e o budismo tibetano.
Leonora co seu sentido do humor,-según a súa biógrafa, Elena Poniatowska- esnaquizou
imposicións, incluso a obriga de ser surrealista, pois o seu mundo foi celta,
cunha obra que achégase ao mundo da súa nenez, un mundo que ilóxico, un mundo
inesperado de poesía que é o de os duendes Sidhes.
Touro bravo. 1977
Laberinto. 1991
Carrington, realiza tamén diversas esculturas que levan o selo
da súa iconografía á terceira dimensión.
Como escritora, Carrington deixou pegadas da
súa existencia en varias das súas obras:
- La Maison de la Peur (1938). En español: La casa
del miedo
- Une
chemise de nuit de flanelle (1951). En español: Una camisa de dormir
de franela
- El mundo mágico de los mayas (1964), con ilustracións da
autora
- La dame ovale (1939). En español: La Señora Oval: Historias
surrealistas
- The Hearing Trumpet (1976). En español: La
trompeta acústica
- La puerta de piedra
- El séptimo caballo y otros cuentos
- Conejos blancos
- En bas
(1940). Autobiografía
- La invención del mole (1960)
BIBLIOGRAFÍA
Marián
L.F.Cao: Creación artística y mujeres.
Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick,
Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas,
Karin: Estilos de las artes plásticas en
el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo
Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta
Grosenick, Colonia) 2001
Leonora na rede:
No hay comentarios:
Publicar un comentario