Neste
segundo trimestre o alumnado de segundo curso da aula de pintura, está a
participar nun traballo teórico sobre a Abstracción Expresiva e Lírica, presentado as súas investigacións na aula e
que deu lugar a moitas consideracións sobre estes estilos pictóricos que nacen nas décadas vinte e corenta do século XX, que con posterioridade foi interpretado
por moit@s artistas e que segue en vixencia na actualidade.
Na aula explicáronse as distintas correntes:
-Abstracción lírica, é unha tendencia dentro da pintura abstracta que se desenvolveu a partir de 1910 e que se toma como referencia para marcar os inicios da pintura abstracta. O tema que desenvólvese é a expresión da emoción do artista, individual e inmediata, rexeitando representar a realidade de forma obxectiva e onde predomina a cor sobre a forma.
-O Expresionismo abstracto americano, xurde nos anos 1940 en Estados Unidos para difundirse despois por todo o mundo. Se considera o primeiro movemeento xenuinamente estadounidense dentro da arte abstracta, e exemplo do liderazgo que, en materia de artes plásticas, asumiu Estados Unidos tras a Segunda Guerra Mundial. Coñecido tamén como Escuela de Nueva York. Non se trata dunha escuela cun estilo común, senon dun feixe de artistas de conviccións semellantes que compartían unha serie de técnicas pictóricas. Dentro deste movemento atópase a ACTION PAINTING («Pintura de Acción» o «Pintura en acción», tamén traducido como «Pintura xestual»), termo acuñado polo crítico Harold Rosenberg no ano 1952 para referirse á obra de artistas como Pollock, Franz Kline ou Willem de Kooning.
-O informalismo, movemento artístico que abarca as tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Europa e Francia tras a segunda guerra mundial, en paralelo ao expresionismo abstracto USA, e no que atopamos diversas correntes: a pintura matérica, a Nova Escola de París, o Tachismo, o Espacialismo e o Art Brut, atopándonos en España con dous grupos informalistas moi importantes: "Dau-al-Set" e "El Paso".
Tras o estudo e
reflexión sobre a práxis de distint@s artistas, cada alumno e alumna, decidiu
escoller a un creador ou creadora dentro destas tendencias e presentar o seu
traballo na clase, estes foron @s escollid@s:
Tucho, falounos de Kandinsky (1866-1944) que foi
precisamente o impulsor da abstracción lírica a partir do ano 1911, en obras
que expresan as emocións do artista sin necesidade de recurrir as formas reais
dos obxectos, e nas qu o sublime, se simboliza con trazos onde a cor predomina sobre
as formas. No ano 1912, Kandinsky publica “De lo espiritual en el arte”, onde critica
ás institucións académicas tradicionalistas e no que nos presenta a fundación teórica do movemento
abstracto.
Primeira acuarela abstracta. 1911
Amalia, nun extenso traballo desvelounos a
importancia de Jackson Pollock (1912-1956) na arte contemporánea, explicándonos os diversos
compoñentes do Expresionismo Abstracto:
-A súa proposta máis intuitiva e emocional.
-A
preferencia polas formas orgánicas e biomorfas, e polas liñas curvas ante as
rectas.
-O seu
carácter en certo modo decorativo.
-O seu
interese pola mística, o espontáneo e o irracional.
-E a
importancia que as teorías de Sigmund Freud e Gustav Jung, tivo nesta corrente
artística.
-O carácter
romántico desta abstracción expresiva.
Falounos tamén das distintas fases na obra de
Pollock, para centrarse nas pezas que o artista realizou para a Houston
Chapell, na que presentou obras case monocromas nas que os contornos negros
son moi nítidos, en pezas herméticas pero que transmiten a sensación de
meditación e de respecto.
A Houston Chapell. 1965
Esperanza Martínez, escolleu a un artista pouco coñecido: Jaume Genovart (1941-1994), pintor, gravador e ilustrador, centrado na movilidade do aire como expresión constante da vida, en paisaxes onde o texto conxúgase coa pintura e que equivalen a participación da razón nos fenómenos da natureza.
Genografía de mar. 1984
Ramón
presentounos a dous artistas que formaron parte do Tachismo, e que introduxeron
no ámbito europeo a Action Painting dun xeito singular, pois o traballo deste
dous artistas centrouse nunha linguaxe baseada tanto nos signos como na mancha. De Georges Mathieu (1921-2012), explicounos a súa praxis: cubría a
superficie do soporte dunha soa cor, cunha capa lisa e homoxénea para logo
manchar a tea con elementos sígnicos irregulares entons mía escuros que o
fondo, nas que as veces empregaba o dripping para obter puntos de impasto a
modo de caligrafías moi persoais. De Hans Hartung (1904-1989) , destacou a importancia que
Kandisnky tivo na súa obra en canto a súa simplicidade e a importancia que o
signo tivo en toda a súa traxectoria.
Mathieu. Les capatiens partout. 1954
Hans Hartung. T1963-R6, 1966, acrílico
Hans Hartung.T1980-R33, sen data, acrílico
Ángeles realizou a súa presentación sobre a obra de Soledad Sevila (1944), artista que explora a relación entre luz,
materia e espazo e que cun estilo que achégase ao minimalismo e a arte normativa; movemento baseado na forma seriada e a pureza cromática. O video como complemento da linguaxe pictórica, así como a fotografía están presentes nas súas últimas obras. Artista dunha calidade técnica asombrosa que realiza tamén múltiples instalacións, na actualidade traballa en formatos pequenos e en acrílico, pois como ela mesma explica nunha entrevista: “Llegó el momento en que era
incapaz de abarcar los grandes formatos debido a mis condiciones físicas. Fue
entonces cuando decidí abordar la tela de forma distinta, por etapas, con
pinceladas pequeñas que se repiten hasta que esa unidad desaparece. Sigo
utilizando este sistema porque me resulta cómodo. Todos los cambios en mi obra
coinciden curiosamente con los cambios en mi estado fisico.
Carmen, falounos de Rafael Baixeras (1947-1989) artista cunha proposta que é un indicador da psicoloxía do artista e das súas preocupacións estéticas. Nas súas pezas a continuidade dos gruesos trazos encadenados establece o seu propio fin tal como a cor remata nos propios límites do cadro a través de trazos informalistas, combinando o etéreo e o sólido. A paisaxe como tema e o expresionismo como modo de facer visible o súa linguaxe, son os pilares onde se asienta a obra de Rafael Baixeras, quen define así unha das súas pezas: “Una superficie convencional que contiene y recoge un acto convencional. Es la pintura. El cuadro de la mente (la visión plástica de la mente) es necesario instalarlo en la superficie elegida de la forma más pura posible, como si todavía estuviese en el cerebro. El soporte, inmaculado como papel fotográfico, hemos de considerarlo la nada, el lugar donde las materias han de tomar la forma más similar a la visión plástica. Visión que quizás por tradición tiene forma de cuadro. Por eso el objeto artístico (cuadro real) son dos cuadros inscritos”. Este artista, participa co grupo ATLÁNTICA en diversas exposicións nos anos oitenta.
María José, realizou unha moi interesante reflexión sobre a última etapa de Gerhard Richter (1932), pintor que non pertence a un so estilo. "No persigo ninguna intención, no tengo sistema ni estilo", asegurou o pintor en 1966.
Espe, fixo un interesante traballo sobre Fernando Zóbel, (1924- 1984)pintor filipino, que traballou sempre en España, intelectual que desenvolveu múltiples facetas: historiador, mecenas, profesor de Universidade e bibliógrafo.
Moi influenciado polas culturas orientais, o que vai estar presente constantemente na súa obra a través da liña, o espazo e o xesto,a súa obra parte do proceso clásico: apunte-debuxo-boceto-cadro. O apunte pretende recordar unha idea. O debuxo intenta fixala. O boceto é un ensaio de realización. É un proceso de eliminación de distracciones. O cadro pretende ser a realización máis clara da idea inicial.
Gran debuxante, de trazo solto, rápido e cunha capacidade de síntese levada ao límite, eliminando calquera abstracción que a paisaxe leva consigo. O resultado final é un cadro irreal e lírico, no que emprega unha suave mestura de pastel a modo de lápiz, sen apertar e óleo.
A súa técnica consiste en usar pintura moi diluída en aguarrás, o que lle permite conseguir efectos dinámicos e degradados de enorme sutileza, con obras están realizadas en varias capas. Esta técnica de engadir e superpoñer capas de pintura permítelle conseguir resultados máis densos e profundos. Utiliza a técnica do frotado, o difuminado e a transparencia, creando unha especie de nebulosa chea de forza.
Nunca en todas las formas me
lo planteo de forma racional; la naturaleza me impone su ritmo y yo siplemente
me adapto; abandone la geometría porque
no podía abarcarlo físicamente.”
Meninas. Acrílicco sobre tea. 1993
Paisaje entero. 1988. Técnica mixta sobre lenzo.
María José, realizou unha moi interesante reflexión sobre a última etapa de Gerhard Richter (1932), pintor que non pertence a un so estilo. "No persigo ninguna intención, no tengo sistema ni estilo", asegurou o pintor en 1966.
As súas numerosas obras
sobre retratos difuminados aos que chegou a través da fotografía que unidos aos
estudios coa cor, o levan na actualidade
a unhas obras de gran tamaño que son en definitiva resumen de todo lo
experimentado ata ahora.
Nas súas últimas pezas de
gran formato, traballa cuns arrastrados de capas de óleos superpostos que crea
cunha maravillosa destreza a súa avanzada idade.
Abstraktes Bild. 1994. Técnica mixta sobre lenzo.
Moi influenciado polas culturas orientais, o que vai estar presente constantemente na súa obra a través da liña, o espazo e o xesto,a súa obra parte do proceso clásico: apunte-debuxo-boceto-cadro. O apunte pretende recordar unha idea. O debuxo intenta fixala. O boceto é un ensaio de realización. É un proceso de eliminación de distracciones. O cadro pretende ser a realización máis clara da idea inicial.
Gran debuxante, de trazo solto, rápido e cunha capacidade de síntese levada ao límite, eliminando calquera abstracción que a paisaxe leva consigo. O resultado final é un cadro irreal e lírico, no que emprega unha suave mestura de pastel a modo de lápiz, sen apertar e óleo.
A súa técnica consiste en usar pintura moi diluída en aguarrás, o que lle permite conseguir efectos dinámicos e degradados de enorme sutileza, con obras están realizadas en varias capas. Esta técnica de engadir e superpoñer capas de pintura permítelle conseguir resultados máis densos e profundos. Utiliza a técnica do frotado, o difuminado e a transparencia, creando unha especie de nebulosa chea de forza.
Xardín seco. 1969. Óleo sobre lenzo.
S/T. 2009. Tintas pigmentadas sobre papel
SOPORTE: Emprego do gran formato, que rexeita o All over, a frontalidade e a disposición libre do cadro. As súas formas evocan impresións de paisaxe.
TÉCNICA: Renuncia á figuración. E traballa a partir de trazos violentos: liñas, brochazos, manchas, salpicados e dripping, cunha cor de intenso cromatismo. Emprego de cores primarias.
COMPOSICIÓN: Estrutura organizada e improvisación.
TEMÁTICA: Paisaxes abstractos.
Paisaxe de cidade. 1955. Óleo sobre lenzo.
Paco escolleu a Franz Kline (1910-1962), quen como Jackson
Pollock e outros pintores abstractos, foi un pintor de acción polo seu simple,
espontáneo e intenso estilo, mediante o uso de trazos fortes e figuras
abstractas. A maior parte do traballo de Kline, con todo foi "practicada
espontáneamente". Preparou moitos sketchs sobre debuxo, aínda que nunca os
publicou, antes do seu traballo plástico, e ademais foi un musico da arte
abstracto. Os mellores e máis coñecidos traballos expresionistas de Kline foron
feitos coas cores branco e negro puros, aínda que ás veces introduciu diversas
tonalidades de ambas cores. Só volveu utilizar cor nas súas pinturas a partir
de 1955, aínda que as súas pinturas máis importantes en cor foron feitas
recentemente a partir de 1959. As pinturas de Kline son moi complexas e
subjetivas. Cando as pinturas deste artista sempre tiveron un impacto dinámico,
dramático e espontáneo, é importante saber que el sempre as describiu moi simples
en canto a devanditos elementos. Cabe dicir que fixo moitas das súas pinturas a
raíz dos coñecementos aportados polos seus estudos previos.
Pilar escolleu a Antonio Saura
(1930-1998), que ten a maior parte da súa obra figurativa e caracterízase polo
conflito coa forma. Os seus cadros son expresivos e dan a impresión de ser
obsesivos no seu franqueza pictórica. É un conflito cun mundo cheo de
contradicións e falto de seguridade, no que impera o pesimismo. Saura
iniciouse no Surrealismo para realizar logo unha abstracción expresiva e de
xeito especial a súa vertente tachista. Os brochazos negros e grises sobre branco
aparecen nos seus espidos, autorretratos, crucifixións, curas, multitudes ouas súas reinterpretaciones de obras maestras de Goya
ou Velázquez, sendo un dos máis influeíntes pintores españois do século XX.
Orange Outline. 1955
Tito escolleu a Rafols Casamada (1923-2009)
interesante artista catalán que posúe unha obra artística moi difícil de
catalogar. Iniciouse na arte pictórico dentro da corrente artística
postexpresionista e figurativista; posteriormente a súa obra moveuse dentro da
corrente abstracta. Sen poder encasillarse, a súa evolución tamén se reflectiu
no mundo do teatro coa creación de escenografías e decorados.
Na obra escolleita, que parece feita ao azar,
atópase un cunha gran orde e simbolismo, empezando polo azul do fondo, liso e
tenue, con algúns manchados, que ao mesmo tempo que enmarca a obra, dálle forza
ao branco central, onde se resalta os elementos principais, que, ao seu
entender, son os elementos. Auga: Unhas simples ondulacións, en tinta escura,
semellando as ondas. Terra: Unhas liñas feras, rectas, feitas a pulso, en tons
ocres e avermellados. Aire: Un zig-zag ondulante, realizado en verde (cor do
campo, esperanza) que podería simbolizar unhas nubes e a comunión da obra coa
natureza.
Gravado de Casamada
Páxinas na Web:
http://georges-mathieu.fr/oeuvres/quelques-oeuvres-essentielles/
http://artearquitecturaydiseno.blogspot.com.es/2011/03/rafael-baixeras-paisaje-entero.html
http://artearquitecturaydiseno.blogspot.com.es/2011/03/rafael-baixeras-paisaje-entero.html
http://www.iac.org.es/juan-manuel-broto-expone-en-la-galeria-moises-perez-de-albeniz
https://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Manuel_Broto_Gimeno
https://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Manuel_Broto_Gimeno
No hay comentarios:
Publicar un comentario