Os traballos do alumnado foron moi variados, presentados xeralmente en POWER POINT, e cun traballo exhaustivo non somentes sobre a súa biografía senon tamén co respecto a práxis pictórica de cada quen, que era en particular o que se lles pedira: ser capaces de captar a técnica empregada por cada artista.
Antonio, falounos de Rafols Casamada (1923-2099). Este pintor, conceptualista barcelonés
asemade de lírico, realizou unhas pinturas que son (según algúns críticos)
imaxes caleidoscópicas nas que as formas armoniosas e as cores superpóñense e
se sobreponen complementándose entre elas, únicas, solitarias e plenas, pois
ante a súa aparente simplicidade é quen de evocar pensamentos e amosar con moi
poucos elementos a esencia oculta do mundo. deste artista, destacou a Sala de
Información Turística da Casa da cidade de Barcelona, que ten decoradas as súas
bovédas con pinturas abstractas sobre o tema de "As Catro Estacións".
Bóveda da Casa da Cidade de Barcelona. 1982
Juan, escolleu a Fernando Zóbel,(1924-1984) pero
centrouse en pezas da serie "Saetas",nos anos 50, integrada por un centenar de cadros que
supón o nacemento dunha das técnicas características de Zóbel: o traballo con
jeringuillas de cristal que inxectan ao lenzo os pigmentos e permiten trazar
finas e longas liñas. A súa pintura caracterízase pola ausencia de
improvisación e a procura permanente da expresión do movemento, o na que se advirte a influencia da
poética de Mark Rothko e a sensibilidade oriental da pintura china, da
que o artista atesorou unha importante colección.
Saeta 42. Anos 50. Óleo sobre lenzo
María, fixo un percorrido, pola estética de
Barnett Newman, (1905-1970) quen malia o seu aparente simplicidade pictórica está
considerado como un dos mais desafiantes pintores do século XX, pertencente ao
expresionismo abstracto americano. Considerado un minimalista, influíu en
moitos dos seus colegas da época xunto con Jackson Pollock, Mark Rothko, and
Clyfford Still. Caracterizouse pola expresión de emocións e sentimentos
mediante a técnica abstracta e a forza das cores. A simplicidade das súas obras
conéctalle coas ideas da arte minimalista e o interese pola cor plana e
vibrante, relacionándoo co que máis adiante, sería a arte pop. A cor é, para o
artista, unha boa base desde a que abordar a reflexión persoal porque, a final
de contas, quen teme a lume, amarelo e azul?
Newman posúe un estilo
propio, moi persoal no que resulta característico o emprego dos denominados
"campos de cor", é dicir a yuxtaposición de cores que ocupan espazos
máis ou menos diferenciados. O seu estilo baseado na presenza dunha cor
predominante, co que conviven pequenas franxas doutras cores e sempre mostrando
unha maior preferencia pola disposición vertical dos campos de cor, ao
contrario do que adoita ser habitual na obra de Mark Rothko.
Foi filósofo, escritor,
profesor e sobre todo inconformista. Os seus cadros e esculturas son
consideradas afirmacións filosóficas creadas sen habilidade artística, pois era
un teórico. O mesmo artista comenta: “e sigo crendo, que o meu traballo en
terminos de impacto social denota a posibilidade dunha sociedade aberta”.
White fire II. 1958. Óleo
Ana estudou a obra de Robert Motherwell ( 1915-1991).
Uns dos pintores pioneiros
do expresionismo abstracto; ademais de teórico e exponente do movemento. Foi o
máis novo da chamada “New York School”, grupo que renunciou ao estilo americano
prevalente da década, polo expresionismo abstracto. Estudou filosofía en
Stanford, algo que influiría de xeito notable na súa posterior obra. Esta
formación retórica seríalle moi útil tamén aos seus compañeiros expresionistas,
xa que percorreu Estados Unidos impartiendo conferencias achega do que estaban
creando en Nova York. Sen estas grandes capacidades comunicativas, outros
expresionistas quizais non visen a luz. O maior obxectivo deste pintor era
mostrar ao espectador o compromiso mental e físico do artista co lenzo e
explicar o porqué da pintura non figurativa.
A alumna centrouse na súa
extensa serie de pinturas coñecida como "Elixías á República
Española", que é xeralmente considerada o seu proxecto máis significativo. Unha
serie a través da cal o artista analiza a mesma composición de formas, unha e
outra vez, cambiándoas de cor e peso, aínda que predominando sempre o branco e
o negro. Son formas abstractas, non perfectas, que con todo repártense a tea
creando unha estabilidade neutra dentro do angustio. A través delas pretende
enraizar coa cultura e a tradición do Barroco Español e co drama da Guerra
Civil e os anos do Franquismo.
Elegía a la República Española. 1965.Óleo sobre lenzo
Rosa, centrouse noutra
etapa do artista José Manuel Broto (1949), na que nas súas pezas dos anos noventa consideraba que as dúas dimensións do
lenzo constituían o ámbito idóneo para a representación artística, creando nas
súas obras un espazo capaz de provocar infinitas evocaciones e suxestións por
medio de composicións deliberadamente abstractas. Broto prescinde do maior
número de elementos creando unhas composicións extraordinariamente sintéticas
nas que superpone unha serie de signos abstractos moi gestuales de gran
capacidade metafórica e suxestiva que flotan sobre a superficie de cada lenzo.
A importancia concedida ao baleiro, o uso de gamas cromáticas intensas que
crean multitude de contrastes e harmonías que aparecen suspendidas en
atmosferas cristalinas e silenciosas son características presentes en toda a
súa obra.
Do cristal IV. 1995. Acrílico sobre lenzo
Malena centrouse na obra
de Franz Kline (1910-1962) un dos máis grandes exponentes do expresionismo
abstracto, xurdido en EEUU na década dos anos 40 e marcado pola tensa situación
social tras o crack do 29e a segunda guerra mundial, de aí a violencia dos
trazaos e a frustración reflectida nas súas obras.O brochazo de Kline é
furioso, como unha grosa e tosca tachadura das que se facían para tapas ar
pintadas políticas das rúas e impdir a súa lectura, polo que foi denominada por
Argan como a “iconografía do non”.
As obras de Kline representan unha forma de
expresión individual e espontánea, pasión e creatividade están presentes nas
pinturas deste artista que tivo menos impacto social fóra dos círculos da arte,
aínda que tivo unha grande influencia n@s escultor@s constructivistas dos anos
sesenta, debido ao sabio equilibrio acadado entre o emprego do branco e negro.
"La naturaleza de la angustia
se
convierte en diferentes formas" , dixo Kline.
Pintura nº 2. 1954
Julia, estudou a obra de Rafael Baixeras (1947-1989), un
informalista conceptual, razonante e ao mesmo tempo, de intención moi lírica. A
xeometría está sempre implícita, e ás veces explícita, nas súas composicións,
de gamas neutras e asordadas durante un tempo, e case quentes na última etapa.
É a súa unha sabia pintura, de resultados moi atractivos, aínda que en
aparencia torpe, como desmañada. Ampla a mancha, firmes os negros, insinuadas
as vagas figuraciones de raíz onírica, porque vagamente cabo emparentarlo coas
mellores esencias do surrealismo. De modos que se identifican co feísmo,
Baixeras arrinca inefabilidades dunha extrema delicadeza.
S/T. 1982.Técnica mixta sobre tea
Peceira laranxa. Técnica mixta sobre tea. 1986
Yolanda, fixo un interesante
power point sobre Mark Rotko (1903-1970) quen salientou en 1934: “El expresionismo se parece mucho al arte de
los muchachos. Quizá su obra es más expresionista que la de los propios
artistas, ya que es un intento de revivir la frescura y la ingenuidad de la
visión infantil”.
Rothko moveuse a través de moitos estilos
artísticos ata alcanzar a súa firma 1950 con motivos de formas suaves e
rectangulares que flotan nun campo tinguido de cor. Fuertemente influenciado
pola mitología e a filosofía, que insistiu en que a súa arte encheuse de
contido, e cheo de ideas. Un feroz campión do pensamento revolucionario social
e o dereito á libre expresión, Rothko tamén expuxeron os seus puntos de vista
en numerosos ensaios e apuntas críticas. Altamente influenciado por Nietzsche,
a mitoloxía grega, e o seu patrimonio ruso-xudía, a arte de Rothko estaba
profundamente imbuído de contido emocional que articula a través dunha gama de
estilos que evolucionó a partir do figurativo ao abstracto. A temprana obra
figurativa de Rothko que inclúe paisaxes, naturezas mortas, estudos de figuras
e retratos, demostrou unha capacidade de combinar o expresionismo e o
surrealismo. A súa procura de novas formas de expresión levou ás súas pinturas
de cor de campo, que empregaban a cor brillante para transmitir un sentido de
espiritualidad, no que atopamos os adxectivos de: “no-relacional”, “forma
aberta”, “all-over” e “subjet
matter”.
Azul e gris. 1962
Jorge falounos dun artista novo, Gerard Fernández
Rico (Barcelona,1977) un artista curtido na rúa. As súas orixes creativas están
vinculados ao grafito, ata que fai unha década decidiu abrir nova etapa facendo
obra de estudo. Non foi unha ruptura drástica co seu pasado, senón "unha
evolución". Deixou de saír á rúa para facer entrar a rúa no estudo. Non
rifar coa radicalidad pero si optou por tratala cun remanente de serenidade e
harmonía.
Fernández Rico entende o seu traballo como un
proceso no que cada obra que crea contén as preocupacións e as pistas dun
futuro proxecto. Non hai nada terminado, porque nada é definitivo. Sempre hai
un chanzo máis para subir na escala da experimentación. Os seus primeiros intentos evocan o imaxinario
da rúa nuns cadros elaborados con resina de epoxi que fantasean cunhas paisaxes
introspectivos. A elección deste
material líquido que se solidifica por reacción química -tanto serve para
fabricar o chan dun parking como unha táboa de surf- deixoulle satisfeito a
medias. Lle decepcionaba que, unha vez manipulado, o seu carácter de material
industrial quedase do todo camuflado. E decidiu cambiar de chip: optou por
traballar con materiais da mesma familia, os polímeros, e mostralos na súa
forma orixinal. Mantas térmicas, material de desecho e derruba comezaron a
desfilar polo seu universo creativo, poñendo de relevo as súas enerxías, nun
interesantísimo traballo, que continúa na actualidade.
Xeometrías. 2007. Técnica mixta
Fernando, estudou a De Kooning, (1904-1997)
este artista concibía a arte de como "acción unida á enerxía e ao
movemento corporal", traballando cunha intensa concentración dirixida en
exclusiva ao acto creativo sen predeterminarse o seu resultado. Kooning
empregaba pinceladas mordaces e violentas, con espesas capas de óleo. Esta action painting produce unha pintura
abstracta e vigorosa, de gran densidad e moi intensos desde o punto de vista
cromático. Facía unha pintura representativa e gestual á vez, que remata cun
certo lirismo coas súas últimas obras, tales como Whose Name Was Writ in Water e Untitled III; nelas brillas as luces
e os reflexos no auga. A partir de 1970, inducido por Henry Moore, comeza a
realizar grandes esculturas. Durante os seus últimos anos inclinouse cada vez
máis pola realización de esculturas de barro.
Woman. 1950. Óleo sobre lenzo
Alicia fixo un interesante percorrido pola
obra de Jackson Pollock (1912-1956), investigando sobre o seu proceso pictórico e a súa relación coa importante Peggy Gugenheim, e as influencias
que o pintor tivo durante a súa traxectoria:
-Arte primitiva e dos
indios navajos.
-Picasso.
-O psicoanálise e Jung.
-Krisnamurti.
-Siqueiros.
-Surrealismo.
-Miró e a abstracción.
Tamén falounos da súa estética na que destaca
un artista innovador, transgresor, genial, cunha linguaxe pictórico persoal
e universal, que desde a intuición,
representa os procesos da naturaleza, na busca da expresión da súa propia
época.
“En
el suelo me siento más cerca de la pintura, más parte de ella, ya que de esta
forma puedo moverme alrededor del cuadro, trabajar desde los cuatro costados y
literalmente estar en la obra”.
Mural. 1943.
Rolando presentounos un
vídeo e un power point do artista contemporáneo Gerardo Delgado (1942), artista
multidisciplinar que traballa non só co obxecto senón tamén coa instalación e a pintura-pintura. Pintor e arquitecto, forma parte da
vangarda artística española desde que participara na emblemática exposición Nueva Generación, que tivo lugar na galería
Edurne de Madrid en 1967, sendo na actualidade o artista da súa xeración
con máis trascendencia. A súa pintura
ten un percorrido no que vai queimando sucesivas etapas e nas que sempre é
fundamental a xusta medida, o rigor compositivo
ol equilibrio mental, que terá a súa correlación na obra mediante o
emprego medido dos materiais plásticos. A súa abstracción conxuga os
desenvolvementos meramente pictóricos, a reflexión absoluta a través do medio
cromático e os desenlaces semánticos aos que chega desde un sutil xogo
metafórico.
Vaivén violeta. 1982. Óleo e carboncillo sobre lenzo
Mary, escolleu para a súa presentación a José
María Sicilia (1954), artista contemporáneo de importante traxectoria internacional, que
traballa sobre todo a partir dos anos oitenta en grandes formatos en series
pictóricas onde atópanse reunidas naturas mortas e representacións de
ferramentas e utensilios domésticos así como paisaxes. A alumna centrouse nas
pezas do ano 2013 “Fukusima. Flores de invierno” en que o artista pinta o
tsunami, e nas que reflexiona sobre a brevidade da vida e o ataque do inesperado: “ El instante no espera a nadie, es irreparable, no lo puedes prolongar…Lo
efímero es aceptar lo fluyente y lo flotante, es espíritu de la obra”.
Fukusima. Flores de inverno. 2013. Técnica mixta.
https://es.wikipedia.org/wiki/Albert_R%C3%A0fols-Casamada
http://fernandozobel.es/pintura.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Barnett_Newman
http://www.christies.com/lotfinder/paintings/barnett-newman-black-fire-i-5792532-details.aspx
http://www.wikiart.org/en/barnett-newman/fourth-station-1960
http://www.epdlp.com/pintor.php?id=2758
https://es.wikipedia.org/wiki/Franz_Kline
http://artearquitecturaydiseno.blogspot.com.es/2011/03/rafael-baixeras-paisaje-entero.html
http://desdeelotroladodelcuadro.blogspot.com.es/2013/04/woman-i-willem-de-kooning.html
http://www.galeriafernandez-braso.com/html/pdf/notaprensadelgado.pdf
http://www.museoreinasofia.es/exposiciones/jose-maria-sicilia-pinturas-1987
No hay comentarios:
Publicar un comentario