Nacida en España no ano 1908, na súa obra
aparecen inclinacións ata a maxia e a
busca da armonía coa natureza.
Dende moi nova amosa interese pola pintura,
polo que ingresa a idade de 15 anos na Academia de San Fernando en Madrid, tras
recibir ensinanza de debuxo técnico de mans do seu pai, quen tamén a levaba a
visitar museos. De ahí a importancia da autobiografía na súa obra, polo que é
moi importante explorar a relación entre a súa vida e a súa proposta estética,
como amosa o paso polo colexio onde estudou en Madrid, de estrictas normas, que
será o xermen de varios cadros que pinta con posterioridade en México, como Hacia la torre (1961) ou A fuxida
(1962).
A mensaxe. Collage sobre cartón. 1935
As almas dos montes. Óleo sobre triplay. 1938
A gruta máxica. Gouache e tinta sobre papel.1942
Angustia. Gouache sobre cartulina. 1947
Tras rematar os seus estudos casa con Gerardo
Lizárraga, con quen viaxa a París, Francia, onde residirá un ano, para votar a Barcelona en 1932, onde traballa como debuxante publicitario xunto ao
seu home, de quen se separa en 1935. Será Esteban Francés, quen a introduce no
círculo surrealista de André Breton, o
que a leva a realizar diversos cadáveres exquisitos a base de collages en colaboración con Óscar
Domínguez, Esteban Francés e Marcel Jean. Aínda que en relación co movemiento
surrealista, intégrase no grupo Logicofobista,
que pretendía representar os estados mentais internos da alma, empregando
formas suxerentes de tales estados. Durante a súa colaboración con este grupo,
Remedios Varo pinta L’Agent Double, obra que anticipa o seu estilo posterior. E aínda
que non forma parte oficilamente do grupo surrealista, Remedios asistiu as súas
reunións e expón en varias exposicións internacionais co grupo e participa nas
súas publicacións como “Minotauro”, “La Bréche” ou “Surrealismo”.
Insomnio. Gouache sobre cartulina. 1947
Alegoría do inverno. 1948
Valle da lúa. 1950
Xardín do amor. 1951
Ciencia inútil ou O alquimista. 1955
Durante
a guerra civil española, Remedios Varo milita no bando republicano, onde debido
a o seu traballo antifascista, coñece ao poeta Benjamin Péret, do que namorase
e con quen viaxa de novo a París, onde reside ata a invasión nazi, ata que
exíliase a México xunto co poeta onde grazas á política do presidente Lázaro
Cárdenas de acollida de refuxiados políticos, son rápidamente autorizados a
desenvolver a súa actividade laboral.
En 1947 Remedios sepárase de Benjamin Péret, e
viaxa ata Venezuela, como integrante dunha expedición científica do Instituto
Francés de América Latina. Estando en Venezuela, ademais do seu traballo como
ilustradora entomológica, a pintora puido continuar enviando cartaces
publicitarios para Bayer mentres traballa para o instituto de malariología
venezolano.
O flautista.1955
As follas mortas. 1956
Caza nocturna. 1958
A despedida. Óleso sobre tea. 1958
Visita inesperada. Óleo sobre masonite. 1958
O visitante. Óleo sobre cartulina. 1959
Exploración das fontes do Orinoco. Óleo sobre tea. 1959
No ano 1949 retorna a México, onde contina coa
súa laboura de ilustradora publicitaria, ata que casa co político austríaco
Walter Gruen, quen a convence para que se consagre totalmente á pintura. Será
en México, na Galería Diana onde presente por primeira vez os seus traballos no
ano 1955, cidade no que o ano seguinte presenta a súa primeira individual.
Nesta cidade establece lazos de amizade con
moitas artistas e pintores, sobre todo Leonora Carrington, a quen unía a súa
estética surrealista, e que comparte con Remedios a investigación en temas como
a alquimia, a maxia, o poder creador da muller e a súa relación coa natureza, o
que leva a ambas a participar do mesmo universo tanto desde o punto de vista
formal como iconográfico.
Ata a torre. 1960
Ascensión al monte. Óleo. 1960
Mimetismo. Óleo sobre masonite. 1960
Tras a súa segunda exposición, en 1956,
declárase independente do movemento surrealista e das súas teorías, abondando
nun universo pictórico habitado por mulleres, triangulares e con grandes ollos
almendrados e misteriosos, de nariz afilada e cunha grande melena. Son obras
nas que crea un mundo propio, con personaxes algo andróxinos, baseados na
estilización das súas propias facciones, que sírvenlle para expresar a
realidade da experiencia feminina, a
partir de lugares case máxicos onde se desenvolven tarefas asignadas as
mulleres: bordando, cocinando ou criando, pero como lugar onde pódense levar a
cabo descubrimentos superiores e creaciones máxicas. Ao mesmo tempo transforma
tipoloxías eminentemente masculinas como o Minotauro, e dalles forma feminina,
pinta Ulises femininas e un Pan en forma de ninfa dos bosques, o que da lugar á
feminización do mito, en pinturas onde o rigor da aprendizaxe académico europeo
combínase cunha imaxinación chea de fantasía e cun eixe temático que explorará
durante toda a súa traxectoria artística.
Bordando o manto terreste. 1961
A chamada. Óleo sobre masonite. 1961
Banqueros en acción. Óleo sobre masonite. 1962
Fenómeno . Óleo sobre masonite. 1962
Natureza morta resucitando. Óleo sobre tea. 1963
Tamén é moi importante salientar as variadas técnicas que Varo emprega durante toda a súa traxectoria: óleo, collage ou gouache traballadas en distintos soportes. De feito, Varo, como outras artistas surrealistas ou que estiveron nalgún momento identificadas con esta tendencia, achegouse a identificación da muller coa natureza creativa, a través dunha mente analítica e actitude irónica, adquiriu coñecementos teóricos e prácticos, e traballou meticulosamente, construindo superficies tensas mediante pinceladas cuidadosamente moduladas.
Remedios Varo, faleceu dun paro cardíaco o 8
de octubre de 1963 na Cidade de México.
BIBLIOGRAFÍA
Marián
L.F.Cao: Creación artística y mujeres.
Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick,
Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas,
Karin: Estilos de las artes plásticas en
el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo
Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta
Grosenick, Colonia) 2001
Remedios Varo na rede:
REMEDIOS VARO on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario