No
primeiro trimestre o alumnado de segundo curso do aula de pintura, participou
nun traballo teórico sobre a Abstracción Xeométrica, que logo presentouse na
aula e que deu lugar a moitas consideracións sobre este estilo pictórico que
nace nas vangardas do século XX e que con posterioridade foi interpretado por
moit@s artistas e que segue en vixencia na actualidade. Tras o estudo e
reflexión sobre a práxis de distint@s artistas, cada alumno e alumna, decidiu
escoller un deseño a color de entre os moitos que se fixeron durante o
trimestre e realizalos sobre lenzo, en formatos de 30 x 30 ou 40 x 40 cm,
seguindo a miña proposta de elexir unha gama armónica simple para cada peza.
A gama armónica simple consiste na elección de
dous complementarios, e decidir cal deles será o DOMINANTE, para logo engadir
as cores adxacentes a outro complementario. Algunhas das pezas foron logo vernizadas.
No PHOTOPEACH, os resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario