UNICA ZÜRN. A HACEDORA DE ANAGRAMAS
As surrealistas son mulleres fotógrafas, cineastas e autoras do
movemento que xurde na década de 1920, e que na meirande parte estiveron
relacionadas co movemento surrealista oficial, aínda que algunas inspíranse nel,
e tiveron unha relación máis distante.
Relegadas tradicionalmente a un papel
secundario e as veces pasivo na sociedade, estas artistas atoparon moi cedo na
praxis artística o xeito de rachar o pechado mundo no que viven. De feito, o
surrealismo foi o movemento de vangarda que máis muleres aglutino unas súas
filas, pois proclama a imaxen da muller como ser espontáneo e intuitivo e
apoiou a súa creatividade, dentro dun contexto social onde o rol da muller
estaba a mudar. Porén, aínda que aceptadas no grupo, as artistas quedaron
sempre afastadas do círculo de poetas e pintores que redactaban o manifestó e
formularon a teoría surrealista. André Bretón, o pai do grupo surrealista, era
quen de decidir quen pertencía ou non ao grupo, e conformaba un ciclo masculino
creador que realizaba violentos asaltos a imaxe feminina, pois aínda que as
mulleres eran totalmente aceptadas dentro deste círculo pechado, animadas a
traballar dentro del, e aparecen tamén nos manifestos divulgando o seu traballo
e participando nas súas exposicións, o que sí e certo e que no trato cotiá,
seguiron tratando á muller mais coma un obxecto de desexo que coma unha igual,
e atribuía ao varón todos os dereitos patriarcais, mentres convertía á muller
nunha mera impulsora da actividade masculina, otorgándolles o papel de MUSAS ou
modelos.
Por outra banda, aínda que entre homes e
mulleres surrealistas, existiron vínculos de amizade e en moitos casos
amorosos, tamén é certo, que moitas destas mulleres novas e cultas, viviron un
soño de emancipación que en ocasións foi de desenlace tráxico, mentres que
outras como Remedios Varo ou Maruja Mallo, ante unha arte que fomentaba a
realidade persoal, volcáronse nela e realizaron unha obra madura tras abandonar
ese círculo surrealista. Polo xeral, estas artistas amosaron a súa valía como
artistas e criticaron unha sociedade que pretendía colocar as mulleres nun
segundo lugar, máis algunhas como Sonia Delaunay, ou Dora Maar, se doblegaron
ante a suposta personalidade dos seus compañeiros artistas ou caeron en simas
profundas cando foron abandonadas por estes.
Unica Zürn. Hexenteste.1945
Porén, non todas as surrealistas anteponen o
persoal ao seu mundo artístico, pois moitas viviron con liberdade moitas
relacións e proseguiron coa súan andaina artística como Maruja Mallo ou Leonora
Carrintong, quen expresou con toda claridade o gran fraude que para el supuxo o
surrealismo e que foi quen de mostrar o seu rexeitamento contra as imposicións
sociais impostas as mulleres, tanto nos seus libros como na súa obra pictórica,
formando xunto con Remedos Varo, a quen admiraba , un dúo moi crítico contra a
sociedade patriarcal, pois estas mulleres, na meirande parte silenciadas polos
manuales, incluso nos literarios, comparten cos homes surrealistas unha
innegable calidade, aínda que este movemento, o surrealista concedeulles un
lugar secundario nas súas filas. Outras artistas, non vinculadas sexualmente ao
sexo masculino como Claude Cahun ou Alice Rahon, reivindicaron a busca
incesante de sí mesmas na arte e a súa máis grande denuncia está baseada nos
estereotipos de xénero, conscientes do reparto desigual de papeles para ambos
sexos.
O xeito en que estas mulleres
amosaron o seu rexeitamento pola sociedade patriarcal, foi case sempre a partir
da súa propia obra, na que amosaron os seus soños de cambio e renovación,
denunciando a posición secundaria que tiña neses momentos o sexo feminino, e
obxetando o seu papel de musas ou de simples compañeiras dos artistas
surrealistas. Querrán ocupar o seu propio lugar, sen renunciar a súa propia vida,
vivindo a voráxine da creación do mesmo xeito que os seus compañeiros,
incidindo na expresión de vistuosismo na pintura o una fotografía que se
presuponía como producto masculino, como consecuencia do exercicio da razón, e
afastándose das falsas categorías femininas impostas pola sociedade e polos
seus propios compañeiros do mundo surrealista, unha destas artistas foi Unica
Zürn.
Unica. Zürn. S/T. 1960
Nacida en Berlín, o 6 de xullo
de 1916, morre en París en 1970. Escritora e pintora alemá, comezou a súa carreira como guionista antes da
segunda guerra para a compañía cinematográfica alemá UFA. Trala guerra,
sobrevive vendendo os seus relatos e novelas por entregas a xornais alemáns e
suizos.
No ano 1942, cásase con Erich Laupenmuhlen,
con quen tivo dous fillos, comezando a traballar como xornalista e escritora, o
que a leva a frecuentar os círculos artísticos de Berlín. Finalizada a Segunda
Guerra Mundial, coñece en 1953 ao artista surrealista Hans Bellmer, debuxante e
escultor inclasificable, que se tornaría famoso como creador de
obxectos-fetiches surrealistas grazas á súa famosa serie de bonecas (Poupées),
corpos de anatomía imposible, moitas veces situados en escenarios
sinistros, con quen viaxa a París,
entrando no círculo surrealista, pois ponse en contacto con Henri Michaux, André Breton,
Man Ray, Hans Arp, Marcel Duchamp e Max Ernst. A partir de 1957, ingresa en diversas ocasión en centros psiquíatricos
para superar as súas crises de esquizofrenia, especialmente tras ser
fotografada espida e encadenada por Bellmer para a portada do número 4 de Surréalisme même, coa peza “Guárdese en lugar fresco”, nestas
fotografías que Bellmer fixo en 1958, utilizando a performance propia
dos rituais de bondage sadomasoquista, o corpo de Unica aparece, en diferentes
posicións, atado con cordo, coma se fose un pedazo de carne para asar.
Retratos de Bellmer a Unica.
De feito como parella de Bellmer, posou para
el en diversas oacasións. Mais esta relación de Unica e Bellmer tivo unha
estreita relación co mito surrealista do amour
fou e coa visión transgresora do erotismo de Bataille, é dicir, un forte
compoñente sadomasoquista, que ela recoñeceu explícitamente (falando en
terceira persoa, que era o xeito en que esta escritora expresábase, e que correspóndese coa vivencia psicótica que o
psiquiatra alemán Klaus Conrad describiu, no seu libro clásico “A esquizofrenia
incipiente” (1958), como unha das experiencias nucleares da esquizofrenia, a anastrofé, é dicir, a vivencia de
autorreferencialidad extrema do paciente esquizofrénico, a través da cal ten a sensación de que «todo vira en torno ao
propio eu” ): «A ela gústalle experimentar dor co pracer», confesou nuns
dos seus textos. Bellmer era un gran erotómano que
sublimou, como outros artistas, as súas pulsións sádicas a través da arte, pero
tamén soubo ser o seu compañeiro, o seu principal apoio artístico e emocional e
o fiel defensor dos seus dereitos, cando Unica, xa moi deteriorada, demostraba
non ter capacidade para tratar cos marchantes, quizaís por este motivo Unica
tiña por el sentimentos que oscilaban entre a admiración e a submisión.
Ilustracións de Unica para Oracles et
spectacles. 1967
A obra plástica de Unica expúxose, con prefacio de Max Ernst,
na galería Lle Point Cardinale de París en 1962 e 1964, pero fíxose máis
coñecida trala gran exposición retrospectiva organizada en Alemania en 1998.
Ademais de contos e folletines publicados en xornais berlineses, durante a vida
de Zürn só viron a luz o pequeno libro de anagramas Textos de bruxas (1954) e o
conto Primavera sombría (1969).
Será en París, onde Unica comeza
a debuxar e a escribir anagramas, xogos de palabras que resultan da combinación
das letras dunha palabra ou frase para producir novas palabras. O anagrama foi
unha das técnicas usadas polos surrealistas como a «escritura automática» ou os
«cadáveres exquisitos» para intentar reducir ao mínimo o efecto das instancias
de control e represión do subconsciente. A súa obra plástica, paralela aos seus
escritos, está chea de
debuxos onde narra os seus soños, e os seus medos e fai tamén anagramas, sendo
a precursora de Oulipo, (que é a sigla de “operador de literatura potencial”,
xorde a partir dos encontros realizados por escritores franceses de vanguardia,
entre outros George Perec e Raymond Quenau, para fornecer as formas do bo uso
que pode facerse da literatura, investigando as súas formas e de estruturas
novas. Propoñen a escritura a partir de certas limitacións, controlando ás
palabras por medio da razón, dotándoas dun límite.) En 1954 expón nunha
galería de Berlín o seu primer libro “Hexentexte”
composto por 10 debuxos automáticos 5 e 10 anagramas aos que ela califica como
“escrituras brujas”, os anagramas
están formados a partir das palabras “Je
sème le néantblanc”. Máis tarde publica “Oracles et spectacles” con poemas, anagramas e augafortes.
Unica. Debuxo. 1960
Unica Zürn. S/T. 1967
Os debuxos de Zürn, inquietantes
e de liña fina, están poboados de animais fantásticos, grifos e dragóns, peixes
dun extraño universo marino e insectos salidos tanto dos seus delirios como da
súa imaxinación, entre os que as veces aparecen rostros humanos. Son debuxos
AUTOMÁTICOS, do mesmo xeito que os traballados por Henri Michaux, con quen ao
parecer tivo unha forte relación, nos
que a man liberada da súa parte consciente fai xurdir mundos misteriosos e
parecen ser visto a través dun microscopio, mundos que poden lembrar ás
narraciones de Lovecraft, mundos saidos de pesadelos.
Unica. Debuxo. 1965
Nos seus últimos debuxos, existe unha
asociación de imaxes, nos que aparece a multiplicación e superposición de
facianas, que desdóblanse ou que debuxa simultáneamente de frente e de perfil,
coma os facetados cubistas, debuxos moi gráficos, nos que existe unha acentuación
dalgunhas partes, con negros en certas zonas, ou garras. Esta fusión de persoas
ou animais que practica Unica ten un claro referente nos xogos da arte romana
así como da persa e iraní, pero en Unica aparece tamén con un claro componente
surreal, que parece ser obedece a súa enfermidade mental, así como ao uso de
sustancias sicotrópicas. Os seus problemas mentais foron aumentando durante os anos seguintes, ata
que, en 1970, terminou por suicidarse arroxándose ao baleiro desde a súa casa
en París.
BIBLIOGRAFÍA
Marián
L.F.Cao: Creación artística y mujeres.
Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick,
Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas,
Karin: Estilos de las artes plásticas en
el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo
Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta
Grosenick, Colonia) 2001
NA rede:
https://debedehaber.wordpress.com/2015/03/30/las-mujeres-surrealistas-no-aceptaron-el-papel-secundario-que-les-atribuia-el-movimiento-de-andre-breton/
http://adriangramary.com/agramary/Articulos/Entradas/2013/8/4_UNICA_ZURN._LA_ALUCINADA_SUTIL.html
https://revistas.ucm.es/index.php/ARTE/article/viewFile/ARTE0707110203A/8974
https://palidofuego.wordpress.com/2011/03/02/mujeres-en-tiempos-de-oscuridad-iii-unica-zurn-o-el-trazado-infinit
No hay comentarios:
Publicar un comentario