Este ano no CULTURGAL, e logo durante o mes de decembro e ata o 10 de xaneiro, na sala de exposicións do Pazo de Cultura de Pontevedra, permanecerá aberta a mostra SOMOS ESPAZO. SIMBIOSES CREATIVAS ENTRE ARTE E ARQUITECTURA.
Paula Cabaleiro e Antón Sobral, comisari@s da mostra, presentan a intervención artística como medio para mudar a percepción do espazo, facendose unha pregunta: Artista e/ou Arquitecto?
A partir desta premisa, presenta obras de artistas (cun proceso creativo que achégase á arquitectura) e arquitectos (cun traballo que se amosa moi influenciado polas correntes artísticas), e recolle obras e instalacións que se centran na análise da existencia humana e as relacións sociais, e que tentan o encontro con quen mira estas pezas a través da experiencia, a percepción do espazo e a emoción.
Son 22 artistas e arquitectos que empregan a casa como espazo simbólico e cotiá, e que falan do tempo, do baleiro, da historia ou da memoria, nun espazo como lugar para a interacción ou para o encontro.
Pezas presentes na mostra.
MARÍA PRADA
MÓNICA ALONSO
JORGE PERIANES
INGE ÁLVAREZ
YOLANDA RÍOS
CARMEN HERMO E JAVIER F. PÉREZ DE LIS
CARMEN HERMO, VÍCTOR HERMO E JESÚS CALVO
Peza titulada: Desnudo bajando una escalera, Duchamp versus Muybridge, na que @s espectador@s podían interactuar nela.
LAUREANO VIDAL
ROSA NEUTRO
PEDRO BUENO
XULIO GIL
ROSA GARCÍA
As miñas pezas
STPD WORKS I. Fotografía manipulada sobre plotter.
STPD WORKS. Instalación realizada para a mostra. Fotografía manipulada sobre papel, fío e tellas.
PHOTOPEACH da montaxe con Rosa García e Uxío Noceda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario