Outros proxectos (1509-20)
Un dos máis
importantes foi A Galatea, unha das súas principais obras mitolóxicas,
aínda que os proxectos no Vaticano ocuparon a maior parte do seu tempo, tivo
tamén tempo de pintas algúns retratos, incluíndo os dos seus mecenas, os pápas Xullo
II (1512) e León X, o primeiro dos cales é considerado como un dos seus mellores
retratos. Outros retratos foron os dos seus amigos, como Castiglione. Algúns
gobernantes presionárono con facer os seus respectivos encargos, como a
Francisco I de Francia que lle foron enviados dúas pinturas como presente
diplomático do papado.
Para Agostino
Chigi, o inmensamente rico tesorero do papa, Rafael pintou A Galatea ou O triunfo de Galatea, un fresco
pintado entre 1510 e 1511 na Villa Farnesina, no barrio de Trastévere de Roma e pintou tamén dúas capelas nas igrexas de Santa
Maria della Pace e Santa Maria do Popolo. Deseñou parte da decoración da
Vila Madama.
O triunfo de Galatea. 1510-11
Un dos encargos papais máis importantes foi a serie
dos Cartones de Rafael (actualmente no Vitoria and Albert Museum), unha
serie de 10 cartones para tapices, dos cales sobreviviron 7, e que representan
escenas das vidas de San Pablo e San Pedro, feitas para a Capela Sixtina. Tamén
deseñou e pintou a Loggia do Vaticano, unha galería longa e estreita. Pintou
tamén certos retablos importantes, por exemplo o Éxtase de Santa Cecilia e
a Madonna Sixtina. A súa última obra, na que estivo traballando ata a
morte, foi A Transfiguración, que en compañía do Pasmo de Sicilia amosa a dirección que tomara a súa arte
nas postrimerías da súa vida: un estilo máis proto-barroco que manierista.
Éxtase de Santa Cecilia.1515-16
Madonna Sixtina.1512-13
O pasmo de Sicilia.1515-16
A transfiguración.1516-20
En canto aos RETRATOS, ao longo da súa vida realizou diversos retratos onde
mostrou unha gran medida de graza e harmonía, exemplo disto foi o de
Baltasar de Castiglione. As Madonne e os bambinicheos de beleza e elegancia
foron un tema recurrente tanto nos seus retratos como nas súas pinturas. Na
"Última Cea" deu un gran protagonismo á figura dos apóstolos.
De igual
xeito realizou retratos de grandes personaxes como: o Cardenal Bibbiena (c.
1516), o Retrato de Andrea Navagero e Agostino Beazzano (c. 1516), Retrato de
Bindo Altovitti (c. 1514), Retrato de Tommaso Inghirami (1515-1516), Retrato de
cardenal (1510-1511), Retrato de Xullo II (1511-1512) e Retrato do cardeal Alessandro
Farnese (1509-1511).
Alessandro Farnese.1509-11
Francisco María della Rovere.1514
Cardenal Bibbiena (1515-16)
Doble retrato. 1516
Bindo Altovitti. 1516-18
No hay comentarios:
Publicar un comentario