Nacida en
Ciudad del Cabo o 3 de agosto de 1953, Dumas é unha artista sudafricana que
traballa en Ámsterdam. A súa proposta artística consiste en enfatizar a
realidade física do corpo humano tanto como o seu valor psicolóxico, pois
Dumas pon aos seus suxeitos nos límites
extremos do ciclo vital, desde o seu nacemento ata a norte, no emprego do
figurativo coma un medio para criticar as ideas contemporáneas sobre a
identidade racial, social e sexual.
De 1972 a 1975 asistiu á Universidade de Ciudad del Cabo, onde obtivo a
licenciatura en Artes Visuais. Desde o ano 1978 realiza exposicións e é unha
das artistas máis admiradas de Holanda, representando no ano 1995 a este país
na Bienal de Venecia e no ano 1996 a Tate Gallery exhibiu unha selección das
súas obras sobre papel.
Die baba. 1985
Julie. The woman. 1985
The theacher.1987. Óleo
Traballando case
exclusivamente a partir de fontes fotográficas, Dumas extrae o seu material a partir dun arquivo en continuo
desenvolvemento de fotografías persoais e imaxes arrincadas de revistas e
xornais, aínda que tamén ten realizado interpretacións de obras de artistas
expresionistas como Kirchner. As súas pinturas non son unha interpretación
literal das súas fontes fotográficas. O tamaño pequeno das obras e a
presentación delicada, convérteas nun retrato da intimidade.
The turkish.1987. Óleo
Mechanic. 1991
Moeder y Baba. 1989
Ao desposuír o suxeito da súa
imaxe pública e a súa importancia histórica, Dumas déixanos cunha crítica cara
á política e a identidade.
Young boys. 1993
Cover Up. 1994
Chlorosis.1994
Thinking about Africa. Tinta, làpis e collage sobre papel..1991
No hay comentarios:
Publicar un comentario