No primeiro trimestre deste curso 2014-2015, o
grupo de iniciación I da aula de Pintura, traballa e desenvolve a técnica do acrílico.
Adoita chamarse acrílico a calquera pintura onde o pigmento estea
combinado cunha resina sintética, de todas as maneiras os artistas empregan
o término independientemente de si a resina é realmente acrílica ou non. O
desenvolvemento da pintura con acrílico como un medio artístico tivo lugar nos anos 20, para ese entón un grupo
de pintores mexicanos, en especial José Clemente Orozco, Diego Rivera e David
Alfaro Sequeiros desexaban pintar grandes murales para edificios públicos,
moitos destes muros estaban ao aire libre.
A sustancia e corpo das cores son
máis semellantes aos da acuarela, gouache ou temple e teñen unha luminosidad e
unha delicadeza que invita a diluílos, ben con auga, ben cun medio acrílico.
Os acrílicos préstanse á combinación de cores,
aplicados por separado un sobre o outro, e isto permite aproveitar a base sobre a que se aplica a pintura. Un lenzo branco
pode brillar a través dunha capa de vermello de Venecia, por exemplo, dándolle
unhas calidades que nunca poderían obterse pintando encima con branco. Neste
aspecto, os acrílicos son moi similares ás acuarelas. Un dos seus principais
méritos é a capacidade de facerse transparentes
cando se mesturan con auga ou con medio acrílico.
Con acrílico poden ser igualados, e aínda
superados, os resultados das técnicas clásicas, posto que se obteñen as mesmas
transparencias que en acuarela, as opacidades do gouache e o temple, así como as calidades de consistencia densa e
extra-densa do óleo para as técnicas con pincel e espátula.
Secan
rápidamente polo que permiten superposiciones nun tempo mínimo e non se
cuartean, nin se volven amarelos ou obscuros como aqueles en que interveñen
aceites.
Con
eles pódese pintar sobre soportes de
cartón, papel, madeira, lenzo, metal, cristal. Con ou sen preparación
previa, e non é necesario vernizar aínda que si así se desexa, poderase levar a
cabo este terminado co médium acrílico, mate ou brillante.
Entre as súas características destaca
especialmente a rapidez do secado e o seu acabado mate (menos medio acrílico)
ou brillante (máis medio). Ofrece outras vantaxes como engadir máis pintura a
unha superficie xa pintada (ata con outra técnica), é moi estable e resistente
á oxidación, sendo a técnica que menos problemas ten de face á súa
conservación. Pódese traballar sobre calquera soporte absorbente, directamente
ou como imprimación nun medio acrílico con branco de titanio. Permite empastes
de maior resistencia que o óleo.
No primeiro trimestre, tras abondar nas
distintos procedementos e materiais na práctica e teóricamente, escomenzamos a
traballar coas cores planas no estudo de obras en ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA. Esta posúe
entre as características máis importantes a particularidade de ser:
-Obxectiva
e universal.
-Planificación
da obra sobre principios racionais, previa á creación.
-Prohibe
a expresividade dos elementos visuales, defendendo o uso dos elementos
neutrales, normalmente geométricos.
-Elimina a capacidade sensitiva e expresiva
dos materiais, defende unha factura impersonal.
-Composición
sistemática e lógicamente estructural.
-Claridade,
precisión e obxectividade.
Para acadar esta precisión, é moi importante o emprego de cinta de carrocero para que as cores non se mixturen no lenzo, e as cores sexan planas como pódese apreciar nesta peza de Marisa.
Para acadar esta precisión, é moi importante o emprego de cinta de carrocero para que as cores non se mixturen no lenzo, e as cores sexan planas como pódese apreciar nesta peza de Marisa.
Neste ano, coma sempre, o alumnado realizou
diferentes bocetos en pequeño formato para logo, escoller entre todos eles o
máis axeitado para levar ao lenzo. Asemade neste ano, escollemos armonías de cores na elaboración dos
bocetos, co emprego dunha Gama armónica simple: formada por unha cor
dominante, o cal está acompañado por outros tres cores de matiz oposto que
forman un conxunto a partir do cal obteremos unha nova coloración. Así que a fórmula é sempre así: elíxese unha
cor dominante dentro da roda de cores, e a partir del elíxense as cores
situadas en 4º, 5º e 6º lugar, o que dentro dunha roda de 12 cores equivale a
dicir: elíxese unha cor, a súa complementario e as dúas cores anteriores a este
último.
Neste exemplo, a cor domiñante sería o azul primario que unido ao seu complementario o laranxa, e ao amarelo e o bermello, formaría unha gama coma a que vemos nesta peza de María Rivilla.
O
proceso de traballo a seguir enténdese moi ben a partir da proposta de
Claudio, os primeiros bocetos en branco e negro dan paso a bocetos no mesmo
formato en papel para pasar logo ao lenzo, no que se respeta a gama cromática
elexida e da que poden apreciarse as distintas fases da creación da peza.
Estes son algúns dos resultados.
Cuánto trabajiño, pero que buenos resultados.
ResponderEliminar¡Enhorabuena a todos los compañeros!