Retrato de María Blanchard por Tora Vega Holmström. 1912
TERCEIRA
ETAPA: PARÍS E O CUBISMO
En 1916 María Blanchard abandonou
definitivamente España, cambiando a seguridade dunha cátedra de debuxo na
Escola Normal de Salamanca e a protección da familia por estudo no barrio de
Montparnasse. Ela volvera a París tamén para combater, e o seu combate estaba
nas trincheras da vanguardia artística. Ese mesmo ano comeza a súa colaboración
con Léonce Rosenberg, director da galería L´Effort
Moderne, que acolle o máis destacado do movemento cubista. A súa obra tamén
se verá colgada no Salon d´Antin, no ano 1919 xunto a artistas consagrados como
Matisse e Derain e outros por consagrar como Modigliani ou Léger.
De feito María pinta meses anos moitas obras
cubistas e expón no ano 1920 no Salón dos Independentes de París tres obras: Nature morte, Nature morte e L´Enfant au
berceau, obras que xa figura como propiedade de Léonce Rosenberg, marchante
da artista, aínda que será neste ano, 1920, cando rompen relacións. Expón na
colectiva Cubismo e Neocubismo organizada pola revista Seléction en Bruxelas
onde contacta co grupo de marchantes denominado Ceux de Demain formado por Jean Delgouffre, Frank Flausch e Jean
Grimar, quen se ocuparán da súa obra anos máis tarde e serán non só os seus
marchantes senón amigos en cuxo contorna familiar sentirase segura. Tamén no
1920, participa nunhadas poucas exposicións que realizou en España, la Exposició dárt francés d´avantguarda,
nas Galerías Dalmau de Barcelona.
Composición cubista. Óleo e collage. 1919.
Natureza verde con lámpada. 1916-17
Muller con abano.1913-16
Nesta obra, o motivo se descompón en múltiples
planos que fan referencia a outros tantos puntos de vista, ao tempo que a gama
cromática inclúe os máis vivos tons. Blanchard realizou outra versión da obra, porén tamen existen outros casos como este,
nos que a pintora repite dúas veces o mesmo tema con diversas variacións, que
emparellan Femme à la guitare (Musée
du Petit Palais, Ginebra, 1917) coa Mujer
con guitarra (1917) do Museo Reina
Sofía ou Composicion con personaxe
(Colección Masaveu, 1917) con L'enfant au
cerceau, tamén datado en 1917.
Muller con mandolina. 1916
Natureza morta. 1918
Blanchard produce obras dun cubismo (según algún
expertos e críticas de arte) moi persoal, e máis libre na interpretación dos temas que
artistas como Picasso, Braque ou Gris, máis a inxustiza dun mundo da arte
dominada por homes chegou ata tal punto que algunhas obras de Blanchard
atribuísense durante moitos anos a Juan Gris. De feito, María traballa en
igualdade de condicións que os seus compañeiros de andaina masculinos. Será
quizais a súa deformidade a que a afastou de convertela nun obxecto? (podemos
falar de artistas como Leonora Carrintong ou Dora Maar, fagocitadas polos seus
compañeiros) De feito a súa enfermidade converten a súa experiencia estética en
algo paradóxico, pois posúe unha independencia e liberdade no seu traballo que
a convirten en suxeito activo da arte, pois se ben é certo que o seu aspecto
condicionou a súa vida, non o é menos que a súa forte personalidade e a súa
dura existencia forxaron o respecto dos seus compañeiros, quen chegaron a
aceptala como un máis, nun medio culturalmente dominado polos homes. De feito,
María chegou a compartir estudo e
vivenda con artistas como Juan Gris ou Diego de Rivera, cos que fixo diversas
viaxes por Europa e cos que compartía tamén faladoiros artísticos nos círculos
parisinos.
Será tamén nestes anos cando escomece a súa
amizade con André Lhoté, quen practicaba también o cubismo e exercía como
crítico. Debido as duras condicións de vida nese anos de guerra, María instálase na casa de campo que Lhote tiña en
Étréchy, ata que co armisticio se reanudará a actividade artística parisiense,
polo que un ano despois, no 1919, a pintora inaugurará a súa primeira
exposición individual en L’Effort Moderne, con escasa sorte pois Rosenberg
decide rescindir o seu contrato. Será
entón cando Blancard comeza a elaborar unha sorte de persoaxes tráxicos,
ensimismados e rodeados de soidade e valeiro. Lhote, conmovido pola forza
destas obras, a pon en contacto co marchante Girardin. Será grazas a Lhote,
quen convence a marchante para que envíe a obra da artista ao Salon des Indépendants, quen ofrece o
seu primer gran éxito a Blanchard no ano 1921. No salón, o rostro atormentado
de “A comulgante” (parece ser unha obra realizada anos antes en Madrid) xorde
como unha revelación, conmocionando tanto á crítica como aos seus colegas.
Segue mantendo neses anos a súa amizade
con Gris e entabla relación con Metzinger, o crítico Maurice Raynal e o poeta
chileno Vicente Huidobro.
MARIA BLANCHARD E O CUBISMO on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario