Aproveitando a saída á mostra de Tino
Canicoba, o alumnado de Pintura fixo unha visita guiada a mostra de Mario
Granell e a diversas salas da
Pinacoteca, para estudiar “in situ” as obras de abstracción xeométrica de
diversos pintores galegos.
Obra de Granell dos anos 70
Na pranta baixa da pinacoteca fixemos un
percorrido pola obra de Mario Granell, desde os seus primeiros anos, onde
apréciase unha pincelada expresiva de formas alongadas en diversas técnicas
–óleo, ceras e lápiz- ata as súas obras dos anos 70, de cores planas, gamas
reducidas e influencia dos planos cubistas nun mundo de marcado carácter surrealista,
para rematar nas pezas dos anos 80 de tendencia claramente abstracta, onde
a reducción formal está moi presente. As
obras se distribuen por cinco salas e percorren desde a nenez e xuventude de Granell
en Compostela e Madrid, ata o seu paso pola cárcere tras estalar a Guerra
Civil, as súas vivencias no Vigo da
posguerra, a etapa en Venezuela na que triunfa en todos os ámbitos e desenvolve
a súa obra máis potente, e o seu retorno a Vigo en 1981.
Obra de Granell dos anos 70
Obra de Granell, Xardines siderais. Anos 80
Nas seguintes fotografías, explicando e observando
entre outros a obra de Luis Caruncho, Molezún e Xosé María de Labra, pintores
pertencentes a abstracción xeométrica, estilo que estamos a traballar na
actualidade na aula co grupo de segundo ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario