A mostra que o pasado venres 24 de xaneiro tivo lugar na sala do ESPAZO EMAO, tivo unha grande afluencia de público. Na presentación participou o Concelleiro de Educación Santos Héctor así como o director do centro e eu mesma, como comisaria da exposición. No acto, salientouse a importancia da Escola de Artes e Oficios como referente cultural e o interese de manter a escola como centro de aprendizaxe das distintas especialidades que nela se imparten, así como o esforzo do profesorado por impartir unha ensinanza de calidade.
Fotos da exposición. Grazas a Alicia R. Marcote e Gabriel M. Mariño
Datas:
do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014
Horario
de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
¡Pena no poder asistir!
ResponderEliminar