“Mi
arte se basa en la creencia de una energía universal que corre a través de
todas las cosas [...]. Mis obras son las venas de la irrigación de ese fluido
universal. A través de ellas asciende la savia ancestral, las creencias originales,
la acumulación primordial, los pensamientos inconscientes que animan el mundo.
No existe un pasado original que se deba redimir: existe el vacío, la orfandad,
la tierra sin bautizo de los inicios, el tiempo que nos observa desde el
interior de la tierra. Existe por encima de todo, la búsqueda del origen…”
Nacida na Habana no ano 1948, vive a meirande
parte da súa vida en EEUU, amosando desde os seus comezos interese polo
símbolos políticos. Estudia Belas Artes en Iowa, graduándose en Pintura, e
entre os anos 1972 e 1985, realiza películas en super-8 e vídeos, performances,
grabados, esculturas e debuxos, onde amósanos a súa preocupación sobre temas como a trangresión social e o tabú.
Ana Mendieta e a súa irmá Raquel subíronse a
un avión o 11 de setembro de 1961 xunto a outros nenos cubanos como parte do
que se chamou a Operación Peter Pan cun destino: Estados Unidos. As irmás
Mendieta foron mandadas a Iowa, cando Ana contaba con 12 anos, e viviron en orfanatos,
correccionales para mozos e casas de adopción. En Iowa por primeira vez Ana
Mendieta foi consciente de ser unha persoa de cor, e tivo que cambiar a
percepción racial de si mesma e aprendeu a vivir da caridade. As irmás sufriron
do racismo típico dunha sociedade non afeita a ter preto persoas de diferentes.
Foron chamadas negras, putas e chegábanlles anónimos que dicían “volve a Cuba”.
Todas estas experiencias fixeron que Ana Mendieta sempre se cualificase a si
mesma como unha artista e muller de cor, ou como unha artista non branca. De
feito, Mendieta traballa desde unha perspectiva cultural distinta, a dunha
cubana desprazada vivindo en EEUU, que posúe unhas raigames artísticas baseadas no feminismo e as tendencias
antimercantilistas da obra en proceso, a performance
e os traballos coa terra.
Os seus impulsos creativos e os novos plans de
estudo en Multimedia fixeron que a autora se decantase pola especulación da
nova arte representativa, por iso as súas primeiras obras de 1972 a 1975 foron
de enfoque feminista, de provocación e
preocupación pola muller, a violencia e a defensa de novas estruturas sociais.
Este selo de muller e a necesidade de Mendieta de expresarse e defender a quen
ocupan as marxes da sociedade son características das súas obras até o momento
do seu falecemento. Mendieta, creou e documentou procesos rituais de
transformación e tamén de disolución e destrucción da identidade sexual, étnica
e cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario