FOTOS DA MONTAXE
A exposición pretende amosar a cidadanía o
traballo da aula de Pintura da EMAO, nunha profonda reflexión sobre o traballo
de investigación, que sobre a forma e a cor realiza desde o primeiro curso o
alumnado de Pintura. O título DA MIMESE Á CREACIÓN, tenta reflictir moi ben o proceso que segue o
alumnado no aprendizaxe da materia, pois na exposición aparecen desde os
primeiros traballos de copia do natural, coa técnica do pastel e a acuarela,
ata os traballos en técnicas mixtas e óleo, no que a expresividade está moi
presente e a creación a partir do estudio e a
investigación, son moi importantes.
Produción
e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
2014
A mostra, segue as distintas liñas de
investigación, a partir non só das obras, senon de vídeos e fotografías que
explican o proceso, (aparecen tamén libros de artista e libretas de bocetos en caixas e peanas)
pois este implica a evolución estilística de cada alumno e alumna, xa que cada
un deles fai unha obra persoal, sobre todo a partir do segundo curso. Por este
motivo é moi importante na mostra a presencia do PROCESO a seguir nas distintas
clases, a partir da mímesis no primeiro ano coa copia do natural ata a creación
individual a través da experimentación.
Este PROCESO, como parte dun traballo tanto
manual como intelectual, incide na importancia do aprendizaxe a partir dun
método participativo, no que o alumnado vai xerando o seu propio espazo de
traballo, e no que estarían implicados tanto o profesorado como os medios que
ofrece a escola: biblioteca, blog e todo tipo de actividades levadas a cabo tanto dentro do espazo da EMAO
como fóra, coa participación do alumnado en concursos ou as visitas guiadas
realizadas a distintos espazos expositivos (museos, salas e obradoiros de
artistas).
A idea de propoñer un tema tan amplo para a
mostra, ven dado pola necesidade de empregar distintas técnicas pictóricas, así
como outras expresións artísticas como as instalacións ou a fotográfia, polo
que na mostra aparecen:
-Pastel, acuarela, óleo e
acrílico.
-Técnicas mixtas, collages
fotográficos.
-Distintos soportes, como
metacrilato, cristais ou soportes dixitais.
Estes son exemplos de desenvolvemento en canto
ao traballo na aula, tanto deste curso como do curso precedente, e cada un
deles estaría en relación co que faise en cada aula en cada curso, o que
aparece especificado na mostra, na que tamén expóñense fotos do proceso e
bocetos preparatorios.
A mostra reflicte o
traballo realizado polo alumnado de pintura durante todo o curso e deste xeito,
sirve para salientar ante a cidadanía a importancia da Escola de Artes e Oficios,
o que a coloca como referente en
relación a traballos pictóricos desde
unha perspectiva contemporánea, que afasten ao público da idea de que a escola
é algo caduca e anticuada.
E tamén moi interesante a realización dun
vídeo, que aparece nunha gran pantalla na mostra, e na que o alumnado
fala tanto das obras que están a facer, así como da súa implicación coa
escola, mentres na pantalla vense obras realizadas durante os tres cursos.
Lugar:
Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de
Castro
Datas:
do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014 / Inauguración 24 de xaneiro ás 19:00
horas
Horario
de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
Coordinación
da exposición: Paula Mariño Pazó, mestra de Pintura da
EMAO
No hay comentarios:
Publicar un comentario