BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 17 de noviembre de 2015

PROXECTOS 2015, na sala do Espazo EMAO


 A Exposición Proxectos 2015 recolle os resultados materiais do traballo do alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo que, unha vez rematados os cursos previstos no Plan de estudos da súa especialidade, presentaron un proxecto para desenvolver unha proposta artesana e/ou artística singular durante o curso 2014-2015, baixo a titorización do profesorado de cada especialidade. Os proxectos presentados este ano posúen unha particularidade, non tan presente noutras mostras: a colaboración entre os distintos obradoiros, o  que lle confire unha maior singularidade e trasversalidade incidindo así nun dos obxectivos formativos da nosa Escola.

Fotos da montaxe das pezas do obradoiro de Pintura






 O alumnado de Proxectos na aula de Pintura desenvolveu distintas propostas pictóricas que van desde a investigación coas texturas e distintos materiais de Juan M. Avendaño, quen traballou varias pezas onde o título O PROCESO E A INVESTIGACIÓN COA TÉCNICA MIXTA está presente nestas pezas que, a partir de moitos bocetos e debuxos previos, tivo como resultado varios lenzos con elementos inusuais como lixa, cartón e madeira sobre óleo, que conforman unha sorte de collage, ata o emprego do collage en gran formato de Teresa Romero, no que a ensamblaxe de recortes de revistas, fotos de cadros e papeis, enxérganse coas técnicas de acrílico, óleo e pastel, forzando o formato tradicional do collage sobre papel, nunha horizontalidade que ten como soporte a madeira, na peza OS MARMURIOS DO BOSQUE.


Juan M. Avendaño


Teresa Romero

 O collage está presente tamén nas pezas sobre madeira de Uxía Rodríguez, quen aporta cos pezas PELES, una nova visión á técnica mixta no emprego de peles de mamíferos -en colaboración coa aula de Repuxado en Coiro- e de peixes, tratados previamente, nos que traballou con distintos útiles en acrílico e técnica mixta. Do mundo do collage participa tamén a proposta de Monique Boeree, quen a partir de lembranzas e de fotos antigas recolle parte da súa infancia -un barco no que viviu durante varios anos- a partir dunha visión da paisaxe moi próximo ao seu compatriota Vincent Van Gohg, na súa peza O PASADO CHÁMASE FUTURO, cun collage sobre papel.


Monique Boeree

 Ben distintas son as propostas en óleo de Elena Riveiro, quen a partir de distintas fotografías tomadas persoalmente e de bocetos en pequeno formato, nas súas pezas MARIÑAS, o estudo da luz e a ausencia de figuras humanas, perto da estética romántica, preséntanos distintas paisaxes mariñas onde a cor ten un valor fundamental. Luz Sánchez retrata tamén en óleo a contorna dunha vila, da que realizou tamén diversos bocetos ao natural e distintas acuarelas, mais o emprego da espátula como útil trazador, de aí o título da súa proposta, INVESTIGACIÓN SOBRE O TRABALLO CON ESPÁTULA, ue fai que as súas pinturas, aínda que exentas de figura humana, nos acheguen a un lugar cálido onde a luz xoga tamén un papel importante. O emprego da espátula está tamén presente na proposta de Eva Romero, quen en OS ROSTROS DE EVA, emprega o acrílico para amosarnos un xogo conceptual co expectador, na representación de arquetipos femininos, establecendo un diálogo entre as deusas gregas e as mulleres actuais, nesta peza na que o espazo en branco e o emprego da espátula delimitan o espazo simbólico.
Clara Villar, traballa co concepto de pintura-pintura, na súa peza ABSTRACCIÓN, DANZA, a partir de debuxos retomados de traballos que se fixeron na aula de pintura, e que realiza en técnica mixta cunha gama cromática moi reducida a que dota dun forte movemento, e na que a cor prata dálle unha nova visión ás figuras.


Elena Riveiro


Luz Sánchez


Eva Romero

A ruptura tanto no emprego dos materiais como na estética, está presente nas pezas de Marisa Codon, quen a partir do emprego do ready made, planchas de caucho atopadas na rúa nas que o paso do tempo está moi presente, realiza un conxunto de pezas no que a imaxe real e a atopada preséntanse como se dun espello se tratase, e no que o concepto de instalación e de xogo co espectador está moi presente, na súa proposta O DISCURSO VISUAL.


Marisa Codon


Fotos da inauguración









lunes, 16 de noviembre de 2015

MULLERES SURREALISTAS. INTRODUCCIÓN


 O Surrealismo, comenza no ano 1924 en París, ano no que o poeta André Bretón publica o Manifesto Surrealista, na percura dunha arte nova que indague no máis profundo do ser humano para acceder ao home na súa totalidade. A inclusión do termo home, non será de balde, pois aínda que o movemento surrealista é o que máis mulleres inclúe nas súas filas dende ou seus comenzos, e proclama a idea de muller como un ente intuitivo e espontáneo, tanto Bretón como o resto dos creadores masculinos aluden a dualidade da natureza feminina como obxecto-suxeito, quedando sempre estas (aínda que pertencentes ao grupo) fóra da redacción dos manifestos.  Neste sentido será importante salientar que nos primeiros debates surrealistas adicados a investigar sobre a sexualidade non ano 1928, non hai presenza feminina. Bretón, o portavoz e xefe do movemento surrealista, conformou un ciclo creador masculino que negaba a imaxe da muller como artista.


Ángeles Santos. Un mundo. 1929

 De feito, este importante movemento que rachou cos convencionalismos do momento, con respecto a súa política de xénero, vincúlase a un comportamento patriarcal e machista, e dun posicionamento claro ante a heterosexalidade onde o home ten un papel preponderante, e no que a súa visión da muller está ligada  a idea de muller-meniña, virxe, obxecto de desexo,  musa ou boneca que forma parte do xogo erótico.

 Esta falta de igualdade e o comportamento dos membros do movemento coas mulleres podería ser o xermen da mirada prexuiciada de Frida Khalo, que non considerábase surrealista senon pintora da súa propia realidade e que no seu diario tras a viaxe realizada a París non ano 1939  (segundo cita Hayden Herrera na biografía sobre a artista) comenta: “Non podes imaxinarte o joputas que son esta xente...Fanme vomitar. Son tan  condenadamente `intelectuais´ e dexenerados que xa non  sopórtoos máis...” Esta intelectualidade machista será a consecuencia de que a meirande parte das mulleres que nun primeiro momento saudaron con alegría o surrealismo, acabasen por afastarse del, para xerar unha obra potente cando deixan o círculo, pois aínda que ailladas ante a súa propia realidade, realizan unha contribución impresionante á linguaxe surrealista, polo que alguhnas historiadoras as consideran, mulleres que estiveron arredor do movemento surrealista, máis non dentro del. De feito aínda que a partir dos anos trinta o movemento inclúe mulleres nas súas mostras, ningunha artista aparece no listaxe oficial de surrealistas nos seus comenzos, e non será ata ou ano 1943, cando Peggy Guggenheim monte na súa galería "Art of This Century" unha exposición de trinta mulleres surrealistas, entre as que atópanse Dorothea Tanning, Meret Oppenheimer e Leonora Carrington.


Leonora Carrington. O templo da palabra.1954.

 Consideradas como mediadoras entre a natureza e o home e o seu subconsciente, as mulleres serán as portadoras dun papel vinculado ao patriarcado, como: femme-enfant ou obxecto de desexo, o que entraba en conflicto coa necesidade da muller como creadora e posuidora dunha subxectividade que a permita expresarse con liberdade, feito que non estaba acorde co interese surrealista de convertilas en amantes, amigas e participantes na obra de arte, como suxeitos non activos.

 As mulleres surrealistas foron en certa medida agochadas polos varóns surrealistas, ata que nos anos setenta aparecen nomeadas na revista Obliques e nos noventa, non ano 1997 emerxa unha antoloxía de mulleres surrealistas da man Xeorxiana Colville, ironicamente titulada Scandaleusement d`elles, o que traducida quere dicir escandalosamente delas, e que ven de salientar de novo a negación da muller como suxeito activo na historia da arte.


Marruja Mallo. Naturezas vivas. 1943

 As artistas surrealistas de comenzos do século XX, prefiguran a poética feminina do corpo, desenvolvida logo nos anos setenta polas artistas declaradamente feministas, con visións ambivalentes do seu corpo ou do mundo, que se identifican coas forzas xeradoras da natureza, achegándose á creación con actitude irónica e desde unha mente onde prima un racionalismo na praxis pictórica, a partir da investigación, como na obra de Maruja Mallo, quen investiga nas matemáticas e na xeometría nos anos trinta para aplicalas a súa obra; e dun debuxo preciso, rexeitando as tinturas románticas, a partir dunha visión austera da realidade, ou da natureza como metáfora da realidade política que aparece na obra da pintora checa Marie Cerminova, chamada Toyen, ou na de Kay Sage, quen plasma formas afiadas, espiñentas en paisaxes desolados, como símbolos do valeiro e o abandono.


Kay Sage.No terceiro soño. 1944

 Ao mesmo tempo empregan nas súas obras estratexias que desarticulan a idea do mito do artista como creador varón, reiventando as categorias tradicionais de xénero como os bodegóns, que tradicionalmente na pintura representan o inventario dos bens propiedade do varón burgués, entre os que se incluía tamén á muller, e que aparece refectida na obra de Meret Oppenheimer, Cunca de te en pel (1936) ou Le festín (1959) instalación na que fai unha asociación irónica entre mesa, muller e sacrificio. Tamén estas estratexias aparecen nos interiores domésticos aos que convirten en escenarios de pesadelo artistas como Dorotea Tanning, Leonora Carrintong ou Remedios Varo.


Meret Oppenheimer. Le festin. 1959

 De feito, sería importante indicar como a pegada sexista e dominadora dos surrealistas influe na obra de Oppenheimer. A obra Cunca de té en pel, constituída por cunca, culler e prato cubertos con pel de gacela chinesa, material que levaba un brazalete da artista cando xurdiulle a idea de forrar estes obxectos, conformando así a obra a partir dunha asociación de ideas de corte surrealista, foi exposta en París e en Nova Yorke, no Museum of Modern Art, onde foi adquirida polo director Alfred Barr para a colección permanente do museo. Porén, dous anos máis tarde, foi retitulada por Bretón co nome de “Le déjeuner en fourrure”, quen evidentemente non só referíase a obra de Manet, senon tamén a novela erótica de Leopold von Sacher-Masoch, Venus im Pelz (1869) na que a protagonista, Severin, afirma que unha muller só pode ser a escrava dun home ou a súa amante, pero nunca manter unha relación de igual a igual. Deste xeito, Bretón proxecta na obra unha noción xerárquica e machista das relacións entre os sexos, que evidentemente Oppenheim, non compartia, pois de todos é sabido, nos anos sesenta foi unha das máis importantes representantes na loita por unha arte reivindicativa desde a óptica feminina, e que no ano 1970 foi quen de parodiar o seu propio mito, ao realizar en versión kitsch en miniatura a cunca forrada de pelo, cunha cuberta de cristal, ironizando sobre a idea da imposibilidade de tocar e facendo un recordatorio burlesco sobre a relación entre consumo e pracer.


Dorothea Tanning. On time of time. 1948

 Moitas das artistas surrealistas  rexeitan as tinturas románticas que os seus compañeiros de movemento atribuían á natureza como muller nutricia ou destructora e abordaron as súas obras desde unha visión irónica e moito máis austera, reinventándose nos seus cadros e desmitificando a mirada do home creador, como a artista Leonora Carrington, quen en Autorretrato (1938) afirma a súa dualidade vital, ao ser ao mesmo tempo observada e observadora. Outras como Remedios Varo, tentan a representación a partir da ironía, creando un campo de signos en conflicto na representación de deusas nai, como xeito de protesta aludindo a mitos sobre o poder, na obra Tertulia (1929), mentres que Ángeles Santos, utiliza símbolos de maternidade, como na obra Un mundo (1929) que falan do mito do poder feminino, como emblema da actividade artística. A artista galega Maruja Mallo, na súa obra A sorpresa do trigo (1936) traballa tamén desde estes parámetros en referencia as deusas matriarcais, pois aínda que esta obra, prestase tamén a reivindicacións politicos sociais e casi revolucionarias, pode enxergarse dentro o ámbito místico-feminista sobre a creación do universo, no que a muller aparece como un símbolo, característica que pode rastrearse tamén nas Naturezas Vivas dos anos 40, nos que as cunchas e as froitas, teñen  unha connotación sexual positiva.


Leonora Carrington. Autorretrato. 1938

 O tema da muller como creadora, aparece tamén nas representacións do tema do tecido. O símbolo de tecer, de clara simboloxía telúrica en canto a relación da muller como creadora do universo, está presente en dúas obras de Remedios Varo. En Bordando o manto terrestre (1961), representa a terra como unha tea que cae desde un obradoiro de bordadoras sito no ceo, mentres que na obra Tecido espazo-tempo (1954), existe un xogo entre a linguaxe e o material, no uso da palabra tea, pois o material no que está feito o cadro non é unha tea senon masonite, polo que a alusión ao tecer ven directamente relacionada coa creación feminina.


Remedios Varo. Tecid espazo-tempo. 1954 

 O mundo surrealista feminino, tan distinto do masculino, fuxe da representación sexual tan común nos varóns, e cando aborda o erotismo o fai de xeito tanxencial, centrando a atención máis en aspectos eróticos que nos sexuais. Leonora Carrington centrase na alquimia e na maxia, mentres que Dorothea Tanning, imbrica a sexualidade no mundo dos nenos e nenas en obras como Palaestra (1947), pois as mulleres surrealistas posiciónanse impasibles ante a teorización surrealista sobre o suxeito do desexo erótico e os escritos freudianos.


Remedios Varo. Visita inesperada. 1959


Unica Zürn. Debuxo.

 En constante revisitación por parte das historiadoras e historiadores da arte, queda aínda moito por facer en canto a importancia e o papel destas mulleres na historia da arte, pero a súa independencia incontestábel queda ben reflectida nas palabras de Gisèle Prassinos,(citada por Alicia Dujovne Ortiz, no seu artigo “Escandalosamente ellas, las surrealistas”) quen foi a nena mimada de Breton aos 14 anos, pois encarnaba as súas intuicións sobre a nena mediadora e meiga, e que escribía poemas alucinados sen puntos nin comas: “Ese foi o problema. Eu quería ler, estudiar, medrar. El, negábase a que eu fora escritora. Cando cansei de ser unha sacerdotisa infantil condenada a calar cos anos, abandonei o surrealismo”.


Remedios Varo. Muller saíndo do psicoanalista. 1960


Bridget Bate Tichenor. Velador. 1979

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001


















lunes, 9 de noviembre de 2015

OS PIGMENTOS: Cómo consíguense os distintos pigmentos a partir dos materiais empregados (Parte V)

 A forma na que se aplique a cor sobre o soporte pode alterar o seu efecto cromático, que depende sempre da cantidade de luz coa que vexamos unha pintura. Quen observa recoñece a cor dun obxecto cando ten luz para identificalo.


Obra de Carmen Hermo

 Pasaremos agora a falar de importantes aspectos con referencia a cor: SATURACIÓN, MATÍZ, LUMINOSIDADE e OPACIDADE.

 As cores teñen matices, aínda que existe unha denominación xenérica, pero tamén debemos ter en conta o concepto de tendencia (define máis a exactitude dunha cor), pois  un cor pode ser laranxa (denominación xenérica) pero tender ao amárelo ou ben ao bermello (matiz). O matiz pode referirse tamén ao grao de intendisade da cor.
 A partir dunha cor, pódense tornar a esta tons en opaco, engadindo branco no caso do óleo e acrílico, e auga no caso da acuarela. O que ocorre no caso do óleo e acrílico e que ao engadirlle branco a intensidade disminúe, e perde SATURACIÓN. Saturación e intensidade se relacionan coa forza da cor e a súa luminosidade.


David Hockney

 Os pasteis, por exemplo, teñen a carga de branco necesaria para obter un ton concreto.


Obra en pastel realizada no 2014 na aula de pintura

 Con respecto as gamas (gama=sucesión ordeada de cores), unha gama tonal  é unha sucesión ordenada de tons dunha mesma cor.

 A Pintura MATE é a que non reflicte a luz, aínda que unha cor pode ser brillante pero non ten porque ser luminosa. O mías luminoso é o AMARELO (aplicase moito na acuarela debido a súa luminosidade), porén o amárelo no caso do acrílico ten a necesidade de que se lle dean varias capas para que a pintura colla forza, pois non tinta moito.


M.A. Rodríguez Silva, Figura amarilla de cadmio.2013. Óleo e pigmentos sobre acero cortén

-O AZUL DE PRUSIA e o TERRA DE SOMBRA TOSTADA, teñen unha grande capacidade de tinción. As cores MATES  son máis apagadas que as brillantes, como as cores rotas ou quebradas, que teñen menos luminosidade e son menos saturadas que as cores puras.
-Os AZUIS de PRUSIA E INDIGO, teñen moita capacidade de TINCIÓN.
-En canto as CARNACIÓNS, incorpora a tierra de SIENA quemada e o óxido de ferro bermello, ao que se lle pode incorporar o AMARELO DE NÁPOLES.


Antón Pulido. Camiñante

 En canto a OPACIDADE E TRANSPARENCIAS DAS CORES (ÓLEO, en xeral e tamén para o acrílico)
 Cando se mixturan cores trasparentes entre si, resulta opaca a cor resultante, maís se un opaco ou semiopaco se engade a un transparente, perde a transparencia.

CORES  MÁIS OPACOS:
-Negros (no óleo non se emprega fara facer mezclas)e grises. En acrílico a forza do negro, por contraste coas demais cores, fai que sexa moi empregado polas vangardas.
-Bermello cadmio e púrpura.
-Amarelo de cadmio.
-Ocres.
-Azuis (nos que interveñen pigmentos brancos).
-Verdes nos que interveñen  pigmentos brancos e amárelos.
-Branco de TITANIO E de ALBAYALDE, uso moi xeneralizado, tamén emprégase o amarillo brillante (Zink Weiss) pois aínda que é luminoso e quente, serve para ACLARAR cores, aínda que non sexa branco.

 Con respecto ao BRANCO:
-Non debe empregarse para rebaixar a intensidade dun cor, pois reduce a saturación e APAGA AS MEZCLAS E AS AGRISA.
-Aplicado no óleo posúe o secado máis lento de todas as cores, e se aplicamos húmido sobre húmido as veces fúndese. Tamén debemos ter coidado coas capas grosas, pois ás veces CUARTEA.
-De feito, a creación de tons en opaco, por adición de branco, posúe limitacións con algunas cores.


Palazzuelo. Oin III. 1997. Augaforte


Kandinsky

CORES TRASPARENTES:
-Carmín e laca carmín.
-Amarelo Hansa, laranxa.
-Púrpura e violeta (permiten elaborar extensa gamas tonais mixturado con blanco, en poca cantidade.)
-Azuis intensos (o azul cobalto emprégase para facer sombras luminosas).
-Verde ftalo, esmeralda e vexiga (cor quebrado no que intervén o bermello).
-Terras.


Kandinsky


W. Turner

Páxinas web que falan do emprego da cor:

lunes, 2 de noviembre de 2015

HELENA ALMEIDA no MUSEU SERRALVES



 O pasado fin de semana no Museu Serralves fun ver no Museo Serralves de Porto, varias mostras: Helena Almeida "A MIÑA OBRA É O MEU CORPO, O MEU CORPO É A MINHA OBRA", "Como (...) coisas que nâo existem", exposición a partir da 31ª Bienal de Sâo Paulo e unha pequena mostra de libros de artista na biblioteca con pezas de Damien Hirst, Warhol e Dubuffet entre outr@s.

 A exposición de Helena Almeida, que presenta a obra desta creadora que traballa na pintura, vídeo, debuxo e fotografía desde os anos 60 ata a actualidade,  salienta a importancia do corpo, pois ela mesma é a protagonista das súas pezas, dun corpo que rexistra, ocupa e define o espazo.


S/T. 1968. Tinta acrílica sobre tea, teas e tinta dentro de bolsa de PVC

 Desde o inicio da súa  carreira, Almeida investiga e cuestiona as disciplinas tradicionais rachando o plano pictórico e remexendo nos límites físicos das teas nos anos sesenta para posteriormente crear a través do debuxo e a fotografía "espazos habitados". Nos anos sesenta, nunha serie de teas que realiza durante os anos 1968-69, deconstrúe os soportes tradicionais, presentando teas enroladas, coma se fose unha estrutura que cede ante o seu propio peso ou facendo unha pintura-porta.


S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.


S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.

"Nunca fiz as pazes com a tela, o papel ou calquer outro suporte, Creio que o que me fez sair du suporte,através de volumes, fios e de miutas outras formas, foi sempre uma grande insatisfaçao em relaçao aosproblemas do espaço. Quer enfrentado-os, quer negando-os, eles têm sido a verdadeira constante de todos os meus trabalhos. Creio estar perto da verdade se disser que pintoo a pintura a desenho o desenho". (Helena Almeida)

  Nos anos setenta a artista emprega a pintura coma se fosen extensións do seu corpo, nun traballo performativo, ao mesmo tempo que realiza deseños de raigame escultórica con fío de crin de cabalo a pezas sobre papel e cartón.


Debuxo habitado. 1975. Fotografía, tinta chinesa e crin de cabalo

 Será a partir do ano 1978 cando Almeida introduce a fotografía como medio para explorar as lagoas entre a vida emocional interior e a viaxe exterior, para habitar dentro das súas obras, nunha proposta que nalgunhas pezas aparece cun forte dramatismo -"Ouve-me"-, mentres que noutras, sobre todo na década dos oitenta, as imaxes sofren un cambio de formato e escala, ata o ano 2006, nas que na serie "O abrazo", aparecen dúas personaxes que de costas a quen os mira se abrazan nun esforzo de aproximación dos corpos.


Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata


Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata


Main traversée par les mots d´un livre. 1980. Papel e fíos de crin


Saída negra. 1989. Papel xaponés e fíos de crin


Saída negra. 1995. Fotografía 


O abraço. 2006 (Detalle de peza de 7 elementos)

  As pezas que aparecen na mostra "Como (...) coisas que nâo existem", inclúe obras que estiveron na última Bienal de Sâo Paulo, en moitos casos feitas especificamente para a Bienal, máis esta mostra non é unha repetición da Bienal senon unha forma renovada que altera as pezas debido ao cambio de ubicación.


Éder Oliveira. S/T. 2015 


Qiu Zhijie. Maps. 2015 


Grupo Contrafilé, Sandi Hilal & Alessandro Petti. Mujawara de Árvore-Escola. 2014-15 


Voluspa Jarpa. Historias de aprendizagem. 2014. Placas de acrílico recostadas 


Walid Raad. Cartas ao lector. 2014 


Edward Krasinski. Obxecto no espazo. 1964-65


Tony Chakar. sobre outros mundos que están neste. 2014


Anna Boghiguian. Cidades á beira do río. 2014. Técnica mixta sobre papel


 Finalmente, na biblioteca do museo, diversas pezas de vari@s artistas, en relación ao LIBRO DE ARTISTA, rematou a miña visita.