Como documento, deixo unas fotos das dúas visitas.
BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO
lunes, 10 de febrero de 2014
DA MIMESE Á CREACIÓN. O obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo
Nestes días a sala ESPAZO EMAO, da Escola de Artes e Oficios de Vigo, ten moitos visitantes interesados na mostra que o alumnado de Pintura da escola, está a presentar na sala. A pasada semana, recibiu a visita dun nutrido grupo do Voluntariado Cultural do Concello deVigo, da man de Lola Villar, exalumna de Pintura e na actualidade no obradoiro de Debuxo, e na que estiveron presentes tamén parte do meu alumnado de Pintura. Hoxe, varios grupos do alumnado dos obradoiros de Debuxo, Serigrafía e Escultura visitaron a mostra e escoitaron atentamente a explicacións que fixen sobre o traballo do meu alumnado.
Como documento, deixo unas fotos das dúas visitas.
Como documento, deixo unas fotos das dúas visitas.
domingo, 9 de febrero de 2014
ANA MENDIETA (Parte II)
O
enfoque feminino e o
emprego da sangue
Na súa obra o corpo que se amosa é o dunha
muller, desde os performances do
comezo nos que aparece o corpo de Mendieta espido deformado a través dun
cristal, Glass on Body (1972), para
criticar la violencia sobre a muller, ou unha obra do ano 1972, Death of a Chicken, unha performance
gravada en super- 8, onde Mendieta preséntase espida diante dun muro. Tras
cortarlle a unha galiña a cabeza, esta é entregada á artista, quen pecha os
ollos e deixa que o corpo do animal que se está axitando salpíquea de sangue,
mentres que a súa agonía transmítase por todo o seu corpo.
Glass of body. 1972
Dead of a chicken.1972
Outra das súas primeiras representacións, Facial Hair Transplant (1972) na que se
pegaba o pelo da barba dun amigo poeta, Morty Sklar, na súa cara, xogaba coa
tradición mítica que considera o cabelo como expresión do poder e a forza de
quen o posue. Para Mendieta este
traballo foi moi importante, como un punto de partida que expresa coas súas
palabras nun escrito sen data: “o momento crucial na miña arte foi en 1972,
cando decateime de que as miñas pinturas non eran suficientemente reais para o
que eu quería transmitir coa imaxe; e entendo por “real” que eu quería que as miñas imaxes tiveran
poder, que foran máxicas”.
Facial Air Transplant.1972
domingo, 2 de febrero de 2014
DA MIMESE Á CREACIÓN. O Obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios.(Parte IV)
O sábado 25 de xaneiro apareceron na prensa dúas noticias sobre a exposición: no Atlántico e en La Voz de Galicia. No Atlántico, Ana Baena, fai unha reportaxe sobre a mostra.
lunes, 27 de enero de 2014
DA MIMESE Á CREACIÓN. O Obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios.(Parte III)
Na Inauguración contamos coa realización dunha
Performance a cargo de Laila Álvarez
Vignoles, alumna de Perfeccionamento I da aula de Pintura. A Performance parte das reflexións que sobre
os conceptos de mimese e representación fai Laila e que aparece no texto que
vos deixo a continuación.
Presentación escénica “ Da Mimese a Creación “
La pieza parte de un trabajo de investigación en el aula de
pintura. Trata conceptos clave de la muestra en el espacio EMAO.
Mimese aristotélica Proceso Cambio Representación Presente Creación
El espacio escénico se plantea
con un lienzo en blanco. Con una partitura de movimiento que se alimenta de la
energía, velocidad y posturas que generan las técnicas de la pintura gestual y
del arte de acción. Es decir sujeto que interactúa con diferentes técnicas y
materiales. En donde todo lo que acontece es único evanescente y efímero.
La pieza se podría separar
estructuralmente en tres partes con una duración total de 10 minutos.En la primera parte el espectador tiene contacto con los conceptos a tratar en escena:
ñ Sujeto que observa y analiza el acto creativo.
ñ Recite de palabras clave en orden aleatorio como apoyo
a la sucesión de movimiento.
ñ Dripping
ñ Trazos de pintura con madera
ñ Goteo y textura con plásticos y latas de recicle.
Preparando o espazo
-Que el trabajo lo constituyan
las acciones del individuo, en un lugar determinado y durante un tiempo
concreto.
-Investigar la liminalidad
entre Action Painting , Automatismo Lírico y Poesía de acción. -Anteponer la expresión y sensaciones como el movimiento para deconstruir el carácter primitivo del pigmento y la palabra.
Textos a deconstruir:
Es distinto de
"representación" cuya principal diferencia radica en la naturaleza de
su mecánica, donde la mímesis se revela a que se la compare con el referente,
convirtiéndose en algo equivalente al original. Sin embargo, el ejercicio
mimético obliga el uso de rasgos representativos. En general se habla de mímesis cuando existe
un parecido más exacto con su original.......
Texto literal de la
exposición:
Laila Álvarez, consta (a pesar da súa mocidade) cunha ampla formación, pois posúe Formación actoral na Escuela Municipal de Bellas Artes Carlos Morel, Quilmes, Bos Aires, (República Arxentina) e Formación de Danza clásicaFormación de Danza clásica, Contemporánea, Jazz, Interpretación xestual e Streching en Estudio de Danza “Adaggio”,Quilmes, Bos Aires tamén na República Arxentina. Asimesmo ten realizado en Galicia diversos cursos e obradoiros como: Danza Contemporanea en (Estudio de Artes Escénicas Aartística, con Olga Cameselle), Dirección de Escena e Dramaturxia na ESAD, Psicomovimiento, Respiración Consciente, Uso de la voz en Aartística con Verónica Lopez e Danza - Teatro, Dadaismo, Accionismo y Artes Performativas , Aartística con Olga Cameselle y Alfredo Rodríguez.
domingo, 26 de enero de 2014
DA MIMESE Á CREACIÓN. O Obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios.(Parte II)
A mostra que o pasado venres 24 de xaneiro tivo lugar na sala do ESPAZO EMAO, tivo unha grande afluencia de público. Na presentación participou o Concelleiro de Educación Santos Héctor así como o director do centro e eu mesma, como comisaria da exposición. No acto, salientouse a importancia da Escola de Artes e Oficios como referente cultural e o interese de manter a escola como centro de aprendizaxe das distintas especialidades que nela se imparten, así como o esforzo do profesorado por impartir unha ensinanza de calidade.
Fotos da exposición. Grazas a Alicia R. Marcote e Gabriel M. Mariño
Datas:
do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014
Horario
de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
miércoles, 22 de enero de 2014
DA MIMESE Á CREACIÓN. O Obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios
FOTOS DA MONTAXE
A exposición pretende amosar a cidadanía o
traballo da aula de Pintura da EMAO, nunha profonda reflexión sobre o traballo
de investigación, que sobre a forma e a cor realiza desde o primeiro curso o
alumnado de Pintura. O título DA MIMESE Á CREACIÓN, tenta reflictir moi ben o proceso que segue o
alumnado no aprendizaxe da materia, pois na exposición aparecen desde os
primeiros traballos de copia do natural, coa técnica do pastel e a acuarela,
ata os traballos en técnicas mixtas e óleo, no que a expresividade está moi
presente e a creación a partir do estudio e a
investigación, son moi importantes.
Produción
e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
2014
A mostra, segue as distintas liñas de
investigación, a partir non só das obras, senon de vídeos e fotografías que
explican o proceso, (aparecen tamén libros de artista e libretas de bocetos en caixas e peanas)
pois este implica a evolución estilística de cada alumno e alumna, xa que cada
un deles fai unha obra persoal, sobre todo a partir do segundo curso. Por este
motivo é moi importante na mostra a presencia do PROCESO a seguir nas distintas
clases, a partir da mímesis no primeiro ano coa copia do natural ata a creación
individual a través da experimentación.
Este PROCESO, como parte dun traballo tanto
manual como intelectual, incide na importancia do aprendizaxe a partir dun
método participativo, no que o alumnado vai xerando o seu propio espazo de
traballo, e no que estarían implicados tanto o profesorado como os medios que
ofrece a escola: biblioteca, blog e todo tipo de actividades levadas a cabo tanto dentro do espazo da EMAO
como fóra, coa participación do alumnado en concursos ou as visitas guiadas
realizadas a distintos espazos expositivos (museos, salas e obradoiros de
artistas).
A idea de propoñer un tema tan amplo para a
mostra, ven dado pola necesidade de empregar distintas técnicas pictóricas, así
como outras expresións artísticas como as instalacións ou a fotográfia, polo
que na mostra aparecen:
-Pastel, acuarela, óleo e
acrílico.
-Técnicas mixtas, collages
fotográficos.
-Distintos soportes, como
metacrilato, cristais ou soportes dixitais.
Estes son exemplos de desenvolvemento en canto
ao traballo na aula, tanto deste curso como do curso precedente, e cada un
deles estaría en relación co que faise en cada aula en cada curso, o que
aparece especificado na mostra, na que tamén expóñense fotos do proceso e
bocetos preparatorios.
A mostra reflicte o
traballo realizado polo alumnado de pintura durante todo o curso e deste xeito,
sirve para salientar ante a cidadanía a importancia da Escola de Artes e Oficios,
o que a coloca como referente en
relación a traballos pictóricos desde
unha perspectiva contemporánea, que afasten ao público da idea de que a escola
é algo caduca e anticuada.
E tamén moi interesante a realización dun
vídeo, que aparece nunha gran pantalla na mostra, e na que o alumnado
fala tanto das obras que están a facer, así como da súa implicación coa
escola, mentres na pantalla vense obras realizadas durante os tres cursos.
Lugar:
Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de
Castro
Datas:
do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014 / Inauguración 24 de xaneiro ás 19:00
horas
Horario
de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
Coordinación
da exposición: Paula Mariño Pazó, mestra de Pintura da
EMAO
domingo, 19 de enero de 2014
ANA MENDIETA (Parte I)
“Mi
arte se basa en la creencia de una energía universal que corre a través de
todas las cosas [...]. Mis obras son las venas de la irrigación de ese fluido
universal. A través de ellas asciende la savia ancestral, las creencias originales,
la acumulación primordial, los pensamientos inconscientes que animan el mundo.
No existe un pasado original que se deba redimir: existe el vacío, la orfandad,
la tierra sin bautizo de los inicios, el tiempo que nos observa desde el
interior de la tierra. Existe por encima de todo, la búsqueda del origen…”
Nacida na Habana no ano 1948, vive a meirande
parte da súa vida en EEUU, amosando desde os seus comezos interese polo
símbolos políticos. Estudia Belas Artes en Iowa, graduándose en Pintura, e
entre os anos 1972 e 1985, realiza películas en super-8 e vídeos, performances,
grabados, esculturas e debuxos, onde amósanos a súa preocupación sobre temas como a trangresión social e o tabú.
Ana Mendieta e a súa irmá Raquel subíronse a
un avión o 11 de setembro de 1961 xunto a outros nenos cubanos como parte do
que se chamou a Operación Peter Pan cun destino: Estados Unidos. As irmás
Mendieta foron mandadas a Iowa, cando Ana contaba con 12 anos, e viviron en orfanatos,
correccionales para mozos e casas de adopción. En Iowa por primeira vez Ana
Mendieta foi consciente de ser unha persoa de cor, e tivo que cambiar a
percepción racial de si mesma e aprendeu a vivir da caridade. As irmás sufriron
do racismo típico dunha sociedade non afeita a ter preto persoas de diferentes.
Foron chamadas negras, putas e chegábanlles anónimos que dicían “volve a Cuba”.
Todas estas experiencias fixeron que Ana Mendieta sempre se cualificase a si
mesma como unha artista e muller de cor, ou como unha artista non branca. De
feito, Mendieta traballa desde unha perspectiva cultural distinta, a dunha
cubana desprazada vivindo en EEUU, que posúe unhas raigames artísticas baseadas no feminismo e as tendencias
antimercantilistas da obra en proceso, a performance
e os traballos coa terra.
Os seus impulsos creativos e os novos plans de
estudo en Multimedia fixeron que a autora se decantase pola especulación da
nova arte representativa, por iso as súas primeiras obras de 1972 a 1975 foron
de enfoque feminista, de provocación e
preocupación pola muller, a violencia e a defensa de novas estruturas sociais.
Este selo de muller e a necesidade de Mendieta de expresarse e defender a quen
ocupan as marxes da sociedade son características das súas obras até o momento
do seu falecemento. Mendieta, creou e documentou procesos rituais de
transformación e tamén de disolución e destrucción da identidade sexual, étnica
e cultural.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







.jpg)
.jpg)








