O
enfoque feminino e o
emprego da sangue
Na súa obra o corpo que se amosa é o dunha
muller, desde os performances do
comezo nos que aparece o corpo de Mendieta espido deformado a través dun
cristal, Glass on Body (1972), para
criticar la violencia sobre a muller, ou unha obra do ano 1972, Death of a Chicken, unha performance
gravada en super- 8, onde Mendieta preséntase espida diante dun muro. Tras
cortarlle a unha galiña a cabeza, esta é entregada á artista, quen pecha os
ollos e deixa que o corpo do animal que se está axitando salpíquea de sangue,
mentres que a súa agonía transmítase por todo o seu corpo.
Glass of body. 1972
Dead of a chicken.1972
Outra das súas primeiras representacións, Facial Hair Transplant (1972) na que se
pegaba o pelo da barba dun amigo poeta, Morty Sklar, na súa cara, xogaba coa
tradición mítica que considera o cabelo como expresión do poder e a forza de
quen o posue. Para Mendieta este
traballo foi moi importante, como un punto de partida que expresa coas súas
palabras nun escrito sen data: “o momento crucial na miña arte foi en 1972,
cando decateime de que as miñas pinturas non eran suficientemente reais para o
que eu quería transmitir coa imaxe; e entendo por “real” que eu quería que as miñas imaxes tiveran
poder, que foran máxicas”.
Facial Air Transplant.1972
No hay comentarios:
Publicar un comentario