Retrato de Giovanna Garzoni por Giuseppe Ghezzi
Garzoni miniava
os seus retratos, naturezas mortas (saltóns e granadas, noces e xasmín,
pratos de cerámica con Melón e ratos, pexegos e paxaros, vasos chineses con
figos, feixón e algunhas fermosas tulipas que Italia atopara recentemente en Holanda)
con pinceis finos, usando témpera sobre
pergamino feito de fino coiro, cunha técnica extraordinaria, a través da
combinación de puntos minúsculos axustado ou escotillas finas que ten en conta
as leccións dos artistas flamengos e lombardos.
Figos. Acuarela. 1651-1662
Guisantes e carabel. Acuarela. 1651-1662
Moitos dos traballos de Giovanna que hoxe
sobreviviron e atópanse en diferentes museos proveñen da colección
coidadosamente conservada polo Duque Ferdinando II e a súa esposa, a Gran
Duquesa Vittoria della Rovere. Case 40 obras súas foron rastrexadas en
coleccións florentinas e outras foron rexistradas nos inventarios dos Medici
dos séculos XVII e XVIII.
As miniaturas de Giovanna, realizadas sobre unha especie de pergamiño
feito de fino coiro con pintura de acuarela ou gouache, amosan unha
interesante simbiose entre a
convencional natureza morta e o estudo científico botánico. A utilización
dun medio acuoso en lugar do óleo outórgalles unha frescura e lixeireza
especial. Detalles que dan vitalidade a estas composicións son a inclusión de insectos e os efectos de luz e
sombra, que crean unha interacción entre os elementos representados.
Tazón de china con figos, paxaro, cereixas. Acuarela sobre pergamino. 1651-1622
Na
súa época só se fixo unha breve mención sobre ela en “Meraviglie dell´Arte” de
Carlo Ridolfi, no ano 1648. Hai que ter en conta que o
xénero que desenvolveu era considerado de menor importancia pola historiadores
da arte, fronte á figura humana e os temas relixiosos. Será Lione Pascoli, na súa obra “Vite” (1730-1736) quen escribiu que
esta artista tivo a posibilidade de poñer o prezo que quixese pola súa arte.
Máis será grazas a Accademia dei San Luca, que garda excelentes rexistros, polo
que coñecemos os detalles da vida desta
artista, que tivo tanto éxito coa súa clientela que permitiulle ter unha gran independencia
económica, polo que parece ser que por
este motivo puido retirarse á idade de 43 anos. Giovanna morreu en febreiro de 1670, deixando un legado das súas
posesións e unha suma de diñeiro á Accademia
dei San Luca, coa condición de que a enterrasen na súa igrexa Santi
Luca e Martina, onde se lle erixiu un monumento realizado por Mattia De Rossi, completado en 1698. A artista foi practicamente
descoñecida ata que en 1964 realizouse unha exposición de naturezas mortas en
Italia que mostraba algúns dos seus traballos.
Prato con figos. Acuarela en vitela. 1661-1662
Tazón con ameixas e peras. Ca 1650
Para saber mais sobre a artista:
PHOTOPEACH
da Garzoni.
GIOVANNA GARZONI, A PINTORA DE NATUREZAS MORTAS on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/p9irsf" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
No hay comentarios:
Publicar un comentario