Autorretrato.Acuarela. 1650
Giovanna Garzoni foi, na
súa época, unha exitosa pintora de miniaturas que desenvolveu especialmente o
xénero da natureza morta, aínda que tamén realizou retratos e temas relixiosos.
A artista, nacida en Ascoli Piceno no ano 1600, non foi filla dun pintor como a meirande parte das mulleres que
chegaron a dedicarse a esta actividade, pero os seus proxenitores, Giacomo
Garzoni e Isabetta Gaia, viñan de familias de artesán, polo que sabemos que
probablemente creceu nun ambiente artístico pois a súa nai era dunha familia de
ourives polo que foii ensinada no debuxo
polo seu tío Pietro Gaia. O seu
talento foi descuberto cando era aprendiz dun farmacéutico do seu pobo. Debemos
ter en conta a súa dificultade, pois estaba prohibido que as mulleres artistas
fosen donas de talleres e, se non tiñan a sorte de nacer dentro dunha familia
de pintores con talleres propios, era case imposible que unha nova artista
puidese desenvolver o seu talento. Carecían, salvo excepcións, de liberdade
intelectual e liberdade económica, e como non tiñan medios propios, non dispoñían dun espazo
persoal onde traballar e crear.
Xarrón chino con flores, figo e habas. Acuarela e lapis. 1625-1650
Unha carta escrita por ela en 1620 revela que
foi adestrada na pintura por Giacomo Rogni. A pintora
contraeu matrimonio en 1922 cun artista veneciano chamado Tiberio Tinelli,
pero, como ela fixera votos de castidade, este matrimonio durou só dous anos.
Parece
ser que a súa primeira pintura asinada foi unha “Sacra familia”, realizada
cando tiña 16 anos. Outro dos seus primeiros traballos foi un libro de
caligrafía adornado con froitas, paxaros e flores, que foi publicado en 1625, e
é curioso que nos seus bodegóns adoitara pintar pequenos seres vivos, ou
mortos, que colocaba entre as froitas e verduras.
Aos trinta anos Giovanna abandonou Venecia
para trasladarse a Nápoles co seu irmán. Nesta cidade traballou baixo o
mecenado do Duque español de Alcalá, pero nas súas cartas expresa que alí non
era feliz, e ao retornar o duque a España a artista mudouse a Turín, aceptando
unha invitación do Duque de Saboya. En Turín traballou durante cinco anos ata
que en 1640 viaxou a Florencia, onde traballou
para a Corte dos Medici, pintando varios bodegóns para o Gran Duque Ferdinando
II, cun estilo claro, preciso e nítido que a través das flores ilustra os ciclos
de mensaxes de nacemento, vida e morte ofrecendo un tratamento iconográfico
menos explícito que outras “vanitas” do século XVII.
Flores e cereixas con mosca.1642-1651
Melón, uvas e mosca. 1642-1651
Cara ao ano 1654 a artista trasladouse a Roma onde foi membro da Accademia dei San Luca (asociación
de artistas fundada en 1593), feito fóra do común nesa época xa que non era costume admitir mulleres, pero
consta nos rexistros que recibiu os mesmos beneficios que os artistas
masculinos.
A obra de Giovanna Garzoni mostra a influencia de Jacopo Ligozzi, pintor,
ilustrador e miniaturista que tamén desenvolveu unha obra descritiva da fauna e
a flora de carácter case científico,
tema de gran interese para os Medici, especialmente para o duque
Ferdinando II e o seu irmán, o cardeal Leopoldo.
Cadela.1648
O home de artemino. 1648- 1651
Estas obras de ilustración
sobre flora e fauna de carácter científico aparecen tamén na obra da Garzoni, aínda que
algunhas non teñen siquera datación.
Mandrágora. Acuarela e tinta en vitela. 1650
Lagarto e mazá. S/D
Paxaros e froitos. S/D
Lagartixa e bulbo, cereixas e alcachofa. S/D.
Tixereta e figos. S/D
Ourizo e caracol con castañas. S/D
Rama de Dittany con catro avellás e dúas peras. témpera e lapis. S/D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario