Alegoría da Pintura.
Esta
nova Alegoría da Pintura, pois a artista xa fixera varios autorretratos,dous deles como alegoría, a
vincula ao mesmo tema de Artemisia Gentilleschi, e reflicte o xeito en que
moitas destas mulleres artistas defenderon o seu traballo e a súa posición como mulleres
artistas na sociedade do momento, que no caso da Sirani está moi claro, pois como curiosidade temos que sinalar que tamén autorretratouse como santa.
Autorretrato como santa.1658
Autorretrato pintando. 1660
Mais quizaís un dos rasgos máis salientables
desta artista barroca, é que a Sirani, presenta similitude nos temas con outra
gran artista do barroco, Artemisia Gentilleschi, en canto á representación de
mulleres fortes da historia, ou a de santas, MUSAS e máis as alegorías. De
feito a Sirani participa do interese das artistas barrocas polo tema da muller
heróica, que transmite virtude, neste sentido pode equipararse á traxectoria de
Artemisia, as dúas pintaron: varias Judith e Marías Magdalenas.
Judith coa cabeza de Holofernes.1659
Judith. 1662
Judith e Holofernes.1665.
Magdalena. 1660
Magdalena penitente. 1660
María Magdalena
Se Artemisia pintou tamén
unha Santa Catalina, varias Cleopatras e Lucrecias, a Sirani, pintou unha
Timoclea (1659) como desafiante heroína e unha Porcia. Esta Porcia, baseada
nunha historia da Roma antiga, presenta a unha muller no momento de ferirse
cunha daga para amosar que é virtuosa e digna de confianza, que a separa das
demais mulleres. Esta diferencia está
presente no cadro debido á composición: mentres outras mulleres ao fondo están
falando e realizando labouras “femininas”, Porcia amosa a súa virtude cun acto
individual de carraxe.
Timoclea. 1659
Porcia. 1664
Estes temas (asemade da implicación persoal no
tema das agresións sexuais no caso de Artemisia) forman parte dun “Corpus” que
sirve para que observemos según Chadwick, “A
relación entre a política cara ao público e o privado, a miudo con tintes
sexuais”.
De feito, as imaxes de mulleres heroínas, en
relación coa moralidade da contrarreforma e en relación ao gusto polo drama
barroco, sustitúen o ideal feminino do século anterior, maís pasivo e constrúen heroínas que trascenden a norma
feminina amosándose capaces de conductas morais que atinxen neses tempos aos
homes, e que lles era negada ás mulleres. Por iso, se distinguen das demais
mulleres en canto a súa actuación na esfera pública, como no caso de Artemisia, ou no tema de Judith, que repiten entre
outras Fede Galizia, pero con menos forza que Artemisia, pois seguen os
convencionalismos do rerato refinado da muller e a mensaxe moral, ou a de a Sirani, tamén máis perto do refinamento
boloñés.
Cleopatra.1662
Musa. 1662
Finalmente
sinalar que a Sirani creou unha academia de pintoras en Bolonia en 1652, e
ensinaba a rapazas que non eran fillas de artistas e as súas irmás, mentres
que Artemisia obtén un papel como artista, novo ante o público cunha producción
artística ininterrompida.
Ortensia Leoni como Santa Dorotea. 1661
Retrato de Beatrice Cenci. 1662
Máis
información da artista na rede:
Outras
obras da Sirani:
ELISABETTA SIRANI on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/p4qg0a" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
No hay comentarios:
Publicar un comentario