Autorretrato como alegoría da Pintura. 1658
Elisabetta Sirani, é unha importante herdeira do
esforzo das artistas do século XVI por achar un lugar no mundo masculino das
artes, pois, filla de artista, acadou un temprano éxito, que rematou coa
súa morte aos 27 anos. Pintora italiana do Barroco e unha das últimas representares da gran
escola boloñesa do século XVII, e tamén foi unha das primeiras mulleres que
alcanzou fama internacional, que só a truncou a súa prematura morte aos 27
anos de idade.
Naceu en Bolonia en 1638 e faleceu en agosto do 1665 igualmente
en Bolonia, filla de Giovanni Andrea
Sirani principal axudante de Guido Reni.
Como o resto das artistas da súa época, por ser muller non puido formarse
na pintura adecuadamente, impedindo as
normas o dereito da muller a acceder as academias, así que non a quedo
outra que formarse no taller do seu pai.
Elisabetta iniciouse na pintura
ao redor de 1650 co apoio do conde Carlo Cesar Malvasia, que posteriormente
seria o seu biógrafo e o seu crítico, por certo moi influínte.
Con 19 anos fíxose pintora profesional
chegando a xestionar o taller da familia, unha das súas primeiras
obras foi "San Xerónimo no deserto" que actualmente se exhibe na
Pinacoteca Nazionale de Bolonia.
San Xerónimo no deserto. 1459
Liberdade. 1657
Sagrada familia. 1662
Virxe co neno. 1663
De
feito, cando o seu pai quedou inválido, veuse obrigada a manter á súa familia
coa súa arte, polo que tivo que
traballar con singular rapidez sendo moi prolifera na creación de obras, sobre
todo en pinturas relixiosas da Virxe co neno e a Sacra familia. Producíaas con
incrible aceleración conseguindo moi bos acabados e pronto alcanzou renome en
Europa coa súa obra, de forma que o seu
taller era moi visitado por coleccionistas e curiosos chegados desde moi lonxe
entre os que cabe destacar como cliente ao Gran Duque Cosme III de Médici.
A Xustiza, a Caridade e a Prudencia. 1664
Berenice en Exipto. 1664
A
súa morte repentina virou ao redor da controversia, pois unha criada foi
acusada de habela envelenado aínda que despois saíu absolta no xuízo; pareceser
que tras practicala a autopsia descubriron que tiña varias úlceras no estómago.
Igualmente
hai que resaltar que aínda que a súa morte foi prematura deixou un legado bastante amplo en canto a cadros que foron
douscentos e debuxos, con todo a xente
experta apunta que para esta produción
de pinturas en tan pouco tempo tivo que ter axudantes, non esquezamos que
as súas irmás Barbara e Anna María eran tamén pintoras e que tivo a mais de
doce mulleres como discípulas, chegando todas a exercer profesionalmente. Aínda así para acalar rumores sobre o tema,
pois a súa rapidez non era aceptada, Elisabetta
fixo demostracións públicas para probar a autenticidade das súas obras e que
era ela as que as pintaba. Algo incríble, que dende logo ninguén pediu a outros
artistas prolíficos.
Na súa obra destaca a sutileza do seu estilo e
a elegante pincelada. Nalgúns cadros, como o de Ana Maria Ramuzi, a retratada
presenta gran concentración da pincelada, toques
vermellos e azuis iluminan o esquema xeral do resto das cores, que realzan a
figura frente ao fondo.
Retrato de Anna María Ranuzi como A Caridade. 1665
San Xoan de neno. 1665
No hay comentarios:
Publicar un comentario