“Só ía alí para iso? Non; tamén ía para estar
só, para lembrar, para recapitular as impresións e aventuras de tanto meses,
para reflexionar sobre todas as cousas. Eran numerosas, divertidas e difíciles
de ordenar, pois todas esas impresións parecíanlle entrelazadas e confundíanse
baixo moitos aspectos, de maneira que o
máis tanxible podía apenas separarse do que non fora máis que pensado,
soñado ou imaxinado".
"A MONTAÑA MÁXICA".Thomas Mann (1924)
Estas obras de pequeno formato, están realizadas
con óleo e técnicas mixtas sobre cartón, como divertimento e tamén como experimentación. Son unha sorte de paisaxes
imaxinados, onde nun momento determinado pode “dar a volta o aire”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario