Bodegón con bandeixa de vidro melocotóns e xasmíns
Traballados na técnica do óleo, os seus
bodegóns son extremadamente detallados e moi diferentes dos traballos do seu
pai, Nunzio, miniaturista que vivera en Trento: pois empregou cores máis
vibrantes e minuciosos detalles. Case todos os seus traballos deste xénero inclúen bandexas de froitas, cun tratamento
ben proporcionado que polo xeral mostran un mesmo tipo de froita nunha canastra
ou bandexa, cunhas poucas caídas ao redor. Algunhas inclúen flores frescas,
bolboretas e saltamontes, como forma de marcar un contraste relevante de forma
e cor.
En
canto ao personal estilo, salientar que en Italia era raro ver naturezas
mortas; as poucas que se pintaban eran
elaboradas e de composicións complicadas. Fede Galicia foi pioneira en presentar composicións sinxelas e elegantes. Xeralmente
a imaxe consistía nun prato central cheo de froitas, e unha que outra regada
pola mesa. Ao agrandar e centrar as
froitas ata abarcar a totalidade da composición realzábase e dábaselle
importancia á froita mesma. Feito pouco común nesa época.
Duraznos nunha cesta branca. 1602
Froitas nun plato de prata e rosa. 1602
As obras de Fede Galizia amosan a influencia de “Canastra de froitas” de
Caravaggio, e nos seus bodegóns percíbese, a través das froitas picadas ou
xa moi maduras, o sentido do tempus
fugit, a vida que pasa fugazmente, que xa utilizara Caravaggio anteriormente. Non
explorou as composicións e formas máis esplendorosas usadas por moitos
contemporáneos, preferindo no seu lugar un estilo
estritamente simple como o de Francisco de Zurbarán.
Cereixas e compoteira de prata. 1610
Amorodos e vaso
Melóns
Na
súa época, esta pintora foi máis prezada polos seus retratos e obras de temas
relixiosos que polas súas naturezas
mortas -que non son mencionadas en moitas fontes dese tempo- aínda que a maior
parte das súas obras que sobreviviron son as deste xénero, a través do cal
gañou un lugar na historia da arte. Un
dos seus bodegóns, datado en 1602, é considerado o primeiro en ser asinado por
un artista italiano. O seu estilo ten un colorido vibrante e un moi logrado
realismo, extremadamente detallista, admirable
na imitación de texturas e materiais. Mostra un equilibrio perfecto de luz
e sombra, figuras e fondo, evitando a aglomeración de elementos. O seu traballo influenciou a artistas como
Panfilo Nuvolone e Giovanna Garzoni, e será tomado posteriormente como modelo
na pintura moderna deste xénero, aínda que comentamos antes os bodegóns de
Fede Galizia non tiveron un recoñecemento ata o século XX, cando llos rescatou
do esquecemento e brindóuselles unha atención especial a través de estudos
realizados en 1963 e 1989.
Bodegón con loros
Bodegón con peras
Cesta de cerámica con peras, uvas e figos
Fede
Galizia nunca casou. Tivo unha carreira exitosa e unha vida feliz, segundo
conta a historia. Morreu en Milán, en 1630, probablemente pola praga que se
propagou en Italia naquela época. Catalogáronse sesenta e tres traballos da súa
autoría, dos cales corenta e tres son bodegóns.
Cesta de cerámica con distintos froitos
Cesta de mazás, castañas e coello
Natura morta con mazás
Cesta con uvas e froitos
Tazza con pexegos, flores de xasmín, marmelos e un saltamontes (1607) Colección particular
Con respecto a esta obra según diferentes
analistas da súa obra, e como tantas outras pezas da súa proposta artística, contería
un significado simbólico: a natureza
morta que aquí se trata é de singular beleza. As boas condicións de
conservación do lenzo dan unha nitidez cristalina non só ao frutero de cristal
ou tazza, senón tamén a todas as follas e cortizas. Non é raro atopar composicións que se repiten na obra de
Galizia, pois como regra xeral, o elemento principal adoita ser un frutero
ou peza de cerámica, metal ou cristal, que atópanse centrado nun plano pouco
profundo da composición; algunhas froitas e flores se situan simétricamente a
ambos os dous lados e máis próximas ao bordo da mesa, máis nesta obra distínguense
variacións significativas con respecto ao resto das súas obras.
Esta peza xunto con outra cunha composición
similar, foron engadidas a este grupo no catálogo razoado de Flavio Caroli,
quen describe esta natureza morta como unha das máis sublimes e destacadas de
entre as pertencentes á obra de Galizia. En 1998, Sam Segal publicou unha quinta
versión coa data de 1607. O máis destacable é a presenza de dous motivos que non aparecen nas demais composicións:
dous marmelos de tamaño considerable, situados na parte esquerda da composición,
en lugar das habituais mazás coas súas follas, e á dereita, coidadosamente tratado nos seus detalles,
un saltamontes que substitúe as flores das súas outras obras.
En Grecia, os marmelos estaban consagrados a Afrodita, a deusa do amor. Este froito era o símbolo do amor e
fecundidade, e os recentemente casados debían comer un antes de entrar na
habitación nupcial. Por esta razón, durante o Renacemento, volveu ser símbolo
do amor e o matrimonio. Tamén se
consideraba que o doce de marmelo tiña propiedades afrodisíacas.
O saltamontes que aparece na parte
inferior esquerda, é probable que sexa unha referencia ás pragas
que arrasaban Europa na súa época. A
iconografía das pragas cunha visión moralizante para aplicalo á época
contemporánea é algo que xa se dá na Idade Media.
Para
Ramón de la Campa Carmona, o xasmín, pola súa brancura e perfume, por rubir cara
ao ceo e por abrirse en maio, mes da Virxe, é símbolo do candor e da pureza
marianos. Na mesma liña, Pérez Rioxa, sitúa esta flor no simbolismo cristián,
pola súa brancura e aroma suave, como representación da Virxe María. Símbolo de
graza, elegancia e amabilidade.
Se
o pexego que é unha froita orixinaria de China, e considerado símbolo de lonxevidade,
para Sam Segal, como as flores, podería
referirse á brevidade da vida. Entre os seus múltiples significados podería
ser interpretado como a mazá, símbolo de elección entre o ben e o mal. Tamén
podería ter implicacións eróticas ou relacionadas coa fertilidade. O máis probable é que se refira ao transitorio
do ser humano neste mundo.
Roberto Longhi definiu as naturezas mortas de Galizia como delicadas pero tristes, como a
propia artista. Considéraas piadosas, equilibradas e silenciosas. O fervor
relixioso da pintora é algo evidente pola promesa que realiza en 1630, cando
aconteceu a famosa praga de Milán: deu orde de que o seu legado, case
exclusivamente pinturas, fóra cedido á orde relixiosa dos Teatinos, aos que se
atopaba particularmente vinculada, e ao seu primo e sobriño, os seus únicos
parentes. É razoable, desde a perspectiva da emblemática, que
Galizia colocase un saltamontes, símbolo do paso do tempo, xunto a unha
mazá picada co fin de suxerir un contraste entre os opostos, é dicir, cos
marmelos sen defectos, que tamén se coñecen como as “mazás de ouro”. Pódese
dicir que esta composición única sería o primeiro tratamento do tema executado
pola artista, que abondará en contidos simbólicos en obras posteriores.
O comentario desta obra atópase no blog: MIND DE ART. FEDE GALIZIA
Maís sobre a artista na rede:
No hay comentarios:
Publicar un comentario