Autorretrato tocando a espineta. 1577
Importante polos seus retratos, nos cales traduciu as esixencias de severidade moral da
Contrarreforma, herdanza do seu pai,
que combinaba o pietismo da Contrarreforma co gosto polo detalle da arte
flamenca e o novo interese do norte de Italia polo naturalismo.
Lavinia Fontana naceu en 1552 en Bologna, cidade de Italia que se destacaba pola súa progresismo, e unha proba diso é que a súa universidade aceptou a mulleres estudantes desde o século XIII. A artista foi contemporánea dos irmáns Carracci -líderes da escena artística bolognesa coa súa academia de postulados clásicos opostos ao Manierismo e ao naturalismo de Caravaggio- a quen se uniron posteriormente Guido Reni e Domenico Zampieri.

Retrato de dama. 1580
Lavinia recibiu do seu pai Prospero Fontana
os primeiros ensinos na pintura, algo que ocorría frecuentemente cos fillos
varóns e non así coas mulleres. As súas primeiras obras denotan a influencia
paterna, pero paulatinamente foi achegándose
ao estilo do seu amigo Ludovico Carracci, coas cores fortes característicos da
escola veneciana e dende moi nova realiza pequenas obras de gabinete,
principalmente retratos. Tamén foi influenciada por Antonio Allegri Correggio
e Scipione Pulzone. Lavinia tivo acceso
desde moi nova a importantes coleccións de arte e coñeceu personalmente aos
protagonistas da escena artística do seu tempo. O seus primeiros autorretratos
e os paneles pequenos elaborados como pezas de devoción, revelan todas estas
influencias e aínda que máis coñecida como retratista Lavinia realizou tamén
cadros relixiosos e de historia, xeralmente en grandes retablos.
Autorretrato en Tondo. 1579
A Sagrada Familia e Santa Catalina de Alexandría.1581.
Cristo ante María Magdalena. 1581
Na
obra o Nacemento da Virxe, do ano
1580, evidenciase a influencia de Sofonisba, artista que a Fontana coñecía e
admiraba, e que foi un modelo a imitar, algo por outra parte moi común nas
artistas deste século, que tiñan como referente en canto aos modelos e os
temas, non a artistas masculinos senon ás súas coetáneas e antecesoras
femininas. Isto é tamén moi evidente no seu Retrato dun cabaleiro e o seu fillo da década de 1570, que lembra
ao retrato dun xoven noble de Sofonisba (década de 1550), cunha pose de frente
e de gran dignidade que asemade presenta
un grande esplendor e monumentalidade na
vestimenta que corresponde ao seu rango social e unha
grande elegancia nos alargados dedos
pero que contrasta co sobrio espacio onde se atopa. contrasta
co sobrio espacio onde se atopa.
Aínda que dominou diferentes xéneros, fixérona
famosa os retratos de damas do seu tempo. Presenta
aos seus modelos nunha pose natural, lendo un libro ou acariñando un perrito e
unha mirada pensativa e absorta. Son retratos xeralmente de tres cuartos
nos que destaca a calidade e riqueza dos ropajes e xoias, pintados con gran
detalle. A influencia de Correggio e Parmigianino foi máis importante nas súas
pinturas relixiosas, pero nos retratos tomou o estilo dos manieristas
florentinos (Kren e Marx, Web Gallery of Art).
Retrato de dama con neno
Retrato de dama con can. 1590
Retrato de dama da corte. 1590
Muller con can. 1590
A pintora adquiriu fama en Bologna nos seus primeiros
anos de traballo e esta estendeuse logo por Italia. Foi coñecida polas súas
pinturas de retratos da clase alta bolognesa, que foron moi ben pagados. Os
seus modelos vense pousando en forma natural e destácase a súa maestría na
pintura de ropajes e xoias. O retrato da Familia
Gozzadini (1584) atópase entre as súas obras máis importantes.
Retrato da familia Gozzadini.1584
O seu Autorretrato tocando a espineta (1577,
Academia Nazionale dei San Luca, Roma), é considerado a súa obra mestra por
algúns estudiosos. Nel pode apreciarse que foi unha muller bela e vella tocando
o instrumento acompañada dunha criada; unha escena semellante á dunha pintura de Sofonisba Anguissola. Das súas
pinturas máis tempranas consérvase a de Cristo cos símbolos da paixón (1576),
actualmente situado no Paso Museum of Art.
En 1577, ano da súa voda, pinta o seu primeiro autorretrato que asinou aínda co nome de solteira (Lavinia virgo Prosperi Fontana filia, é dicir, a señorita Lavinia). Logo de contraer matrimonio asinaba co seu nome completo de casada (Lavinia Fontana de Zappi) pois en 1577 Lavinia casouse co pintor Gian Paolo Zappi, de orixe nobre, a quen coñeceu no estudo do seu pai. Este foi un matrimonio fóra do común, xa que logo, Paolo abandonou a súa carreira artística para ocuparse das cuestións hogareñas e o coidado das once crianzas que tivo a parella (dos cales soamente tres sobreviviron á súa nai), mentres Lavinia mantiña á súa familia coa pintura. Paolo axudaba tamén a pintar os fondos nas obras da súa muller.
Un feito realmente destacable é que Lavinia chegou a pintar espidos femininos e masculinos en pinturas relixiosas e mitolóxicas de grandes formatos, algo inédito para unha muller ata ese momento. De feito, a pesar da súa sumisión aos principios naturalistas dos Carraci, non se lle perimitiu formar parte da academia fundada na década de 1580, debido a a súa insistencia en debuxar desnudo do natural.

Judith e Holofernes. 1600
Minerva vestíndose.1613
Alegoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario